Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Metodoloxías de Desenvolvemento Código 614G01224
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Curso de Adaptación Enxeñeiros Téc. en Informática Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Computación
Coordinación
Casanova Crespo, Jose Maria
Correo electrónico
jose.casanova.crespo@udc.es
Profesorado
Casanova Crespo, Jose Maria
Correo electrónico
jose.casanova.crespo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Metodoloxías Clásicas
O proceso unificado de desenvolvemento
Metodoloxías axiles de desenvolvemento
Programación Extrema (XP)
Desenvolvemento colaborativo
Evolución e mantemento do software
Aspectos sociais, legais e éticos no desenvolvemento software

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos, liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
A9 Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderado e as habilidades de comunicación en todos os contornos de desenvolvemento de sóftware
A22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware.
A24 Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
A25 Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas sóftware que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan accesibles de desenvolver e manter, e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da enxeñaría do sóftware.
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
A28 Capacidade de identificar e analizar problemas, e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións sóftware sobre a base dun coñecemento adecuado das teorías, modelos e técnicas actuais.
A29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potencias asociados que se puideren presentar.
A30 Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicacións utilizando métodos da enxeñaría do sóftware que integren aspectos éticos, socias, legais e económicos.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
B4 Capacidade para organizar e planificar
B5 Habilidades de xestión da información
B6 Toma de decisións
B8 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os diferentes tipos de metodoloxías de desenvolvemento de software e os seus fundamentos. A8
A22
A25
A29
B3
B8
C1
C4
C6
C7
Ser capaz de seleccionar a metodoloxía de desenvolvemento máis adecuada e adaptala ás necesidades do proxecto Software e a organización que o desenvolve. A6
A8
A9
A22
A24
A25
A28
B1
B4
B6
C1
C3
C4
C6
C8
Utilizar ferramentas metodolóxicas para o desenvolvemento en entornos colaborativos. A7
A22
A30
B1
B2
B5
B8
C1
C2
C3
C6
C8
Coñecer metodoloxías e técnicas para a reutilización, evolución e mantemento de proxectos. A22
A27
A29
A30
B1
B2
B3
B8
C1
C3
C6
C7
Adaptar as metodoloxías aos requisitos éticos, sociais e legais. A6
A9
A22
A27
B6
B8
C1
C2
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución * Metodoloxía vs método.
* Metodoloxías de desenvolvemento de software.
* O ciclo de vida do software.

2. Metodoloxías Clásicas * Cascada
* Prototipado
* Espiral
* Incremental
* Desenvolvemento rápido de aplicacións
3. O proceso unificado de desenvolvemento * Características
* A Linguaxe Unificada de Modelado (UML)
* Casos de uso
* A importancia da arquitectura
* Ciclo de vida
4. Metodoloxías axiles de desenvolvemento * O Manifesto Agile
* Características das metodoloxías áxiles.
* A metodoloxía SCRUM
* Outras metodoloxías áxiles

5. Programación Extrema (XP) * Valores e Principios
* Técnicas
* Equipo de desenvolvemento
* Aplicacións prácticas
6. Desenvolvemento colaborativo * Desenvolvemento en equipo
* Ferramentas de traballo colaborativo.
* Desenvolvemento en aberto.
* Xestión dunha comunidade de software libre.
* Estándares abertos.
* Colaborando con proveedores.
7. Evolución e mantemento do software * Legacy coma software de éxito.
* Mantemento e evolución do software.
* Control de versións.
* Xestión de erros.
8. Aspectos sociais, legais e éticos no desenvolvemento software * Licenzamento e propiedade intelectual no Software.
* Software libre e Software privativo.
* Interoperabilidade e uso de estándares.
* Seguridade e confianza.


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 42 63
Prácticas de laboratorio 14 28 42
Seminario 5 10 15
Traballos tutelados 2 16 18
Proba obxectiva 3 6 9
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e os recursos facilitados pola equipa docente da asignatura na facultade virtual.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola equipa docente da asignatura baseadas nos coñecementos que cada estudante vai adquirindo. Estes traballos serán desenvolvidos en grupo. Traballarase no uso de ferramentas de apoio a implantación dunha metodoloxía un proxecto de desenvolvemento Software.
Seminario Titorías de grupos reducidos (TGRs) nos que se proporán actividades relacionadas cos coñecementos adquiridos en teoría ou práctica
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un informe que analice e avalíe de forma crítica unha ferramenta de apoio para a implementación dunha metodoloxía.

Os traballos publicaranse na facultade virtual e serán compartidos entre os alumnos para axudarlles na selección de ferramentas software. Potenciarase a realización de traballos en inglés.
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valoran os coñecementos adquiridos polo estudantado. Cada estudante deberá aplicar tanto os seus coñecementos tanto a nivel teórico coma a nivel práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
* A atención personalizada consistirá na realización de titorías presenciais ou a través do campus virtual para resolver dúbidas sobre os contidos da asignatura.
* Realizarase o seguemento personalizado das prácticas de laboratorio.
* Así mesmo revisaranse persoalmente cos alumnos os resultados dos traballos dos seminarios así como na selección e avaliación do traballo tutelado.



Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia. É obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia
40
Prácticas de laboratorio Avaliación continua das prácticas propostas ao longo do curso
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando as técnicas propostas na asignatura.
- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.
- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados para esa fin.
- Valoración do traballo en grupo
40
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un informe que analice e avalíe de forma crítica unha ferramenta de apoio para a implementación dunha metodoloxía.

Os traballos publicaranse na facultade virtual e serán compartidos entre os alumnos para axudarlles na selección de ferramentas software. Potenciarase a realización de traballos en inglés.

Valorarase a calidade do traballo, a expresión, o rigor académico. Valorarase adicionalmente o uso do inglés.
20
 
Observacións avaliación

Aspectos a ter en conta na avaliación da segunda oportunidade de Xullo:

* A nota de prácticas de laboratorio e do traballo tutelado mantense idéntica á obtida na primeira oportunidade, existirá a posibildiade de voltar a entregar o traballo tutelado. Nese caso deberase indicar as diferencias e melloras coa entrega da primeira oportunidade.
* A nota da proba obxectiva só se mantén no caso de que sexa igual ou superior a cinco na primeira oportunidade. No caso de non superar o cinco na primeira oportunidade será obrigatorio repetir a proba obxectiva.

Considerarase que un alumno preséntase á segunda oportunidade se volve entregar o traballo tutelado ou presentase á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Larman, Craig (2004). Agile & Iterative Development. Addison Wesley
Fogel, Karl (2010). Creando Software Libre. Edizer, GHANDALF
Jacobson, Ivar ; Booch, Grady; Rumbaugh, James (2000). El proceso unificado de desarrollo de software. Addison Wesley
Beck, Kent ; Andres, Cynthia (2005). Extreme Programming Explained (2nd ed.). Addison Wesley
Pilone, Dan; Miles, Russ (2008). Head First Software Development. O'Reilly
Fowler, Martin (2000). Refactoring: Improving the Design of Existing Code. Addison Wesley

Bibliografía complementaria Martin, Robert C (2008). Clean Code: A Handbook of Agile Software Craftsmanship. Prentice Hall
Fox, Armando; Patterson, David (2012). Engineering Long-Lasting Software. Strawberry Canyon LLC
Stallman, Richard M (2010). Free Software, Free Society: Selected Essays of Richard M. Stallman. Free Software Foundation
Raymond, Eric S. (2000). The Cathedral and the Bazaar. O'Reilly


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos de Desenvolvemento Software/614G01226

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enxeñaría de Requisitos/614G01222
Aseguramento da Calidade/614G01223

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías