Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A10 |
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A13 |
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade |
AP10
|
|
|
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro |
AP13
|
|
|
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade |
AP14
|
|
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
CM4
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe |
Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo? |
A situación sociolingüística da lingua galega |
Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega |
As linguas no sistema educativo |
A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos |
O papel dos centros educativos na planificación lingüística |
A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Foro virtual |
0 |
5 |
5 |
Recensión bilbiográfica |
0 |
7 |
7 |
Proba obxectiva |
2 |
7 |
9 |
Lecturas |
2 |
6 |
8 |
Estudo de casos |
4.5 |
0 |
4.5 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Foro virtual |
Existirúa un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula. |
Recensión bilbiográfica |
O alumnado terá que entregar unha recensión bibliográfica das catro obras de lectura obrigatoria. |
Proba obxectiva |
Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un tres para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso. |
Lecturas |
Para alén da recensión obrigatoria, o alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital. |
Estudo de casos |
Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística. Igualmente o alumnado terá que resolver algún destes casos pola súa conta coa axuda da bibliografía recomendada. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Foro virtual |
Recensión bilbiográfica |
|
Descrición |
A profesora fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
No caso das recensións bibliográficas, existirá unha revisión dos seus contidos que será entregada ao estudantado antes de realizar a seguinte.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
Participación no caderno dixital |
20 |
Recensión bilbiográfica |
Resumo crítico das lecturas |
30 |
Proba obxectiva |
Realización dunha proba práctica final |
30 |
Lecturas |
Participación no caderno dixital e nas aulas |
10 |
Estudo de casos |
Elaboración de supostos prácticos |
10 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Moure, T (2003). A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización. Vigo: Galaxia
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights? . New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Sanmartín Rei, G. (2010). Unha (re)visitación á planificación lingüística actual no ámbito educativo desde a perspectiva da Ecolingüística. As posibilidades de construción alternativas desde a diversidade. Ames: Laiovento |
|
Bibliografía complementaria
|
Fernández Paz, A. / Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago: Xunta de Galicia
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Fernández Paz, A. / Lorenzo Suárez, A. / ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago: Xunta de Galicia
Sanmartín Rei, G. (2010). Lingua e futuro. Ames: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra: O Cumio |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|