Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingüística Código 652G04004
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
Profesorado
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Muller , Catharina
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
catharina.muller@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao estudo da linguaxe, das linguas e da comunicación a meio delas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprender a aprender.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B21 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. A3
B1
B2
B4
Capacidade de análise e síntese. B7
Traballar autonomamente. B21
B22
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. B8
Traballar de forma colaborativa e en equipa. B23
B24

Contidos
Temas Subtemas
1. A Lingüística e o seu obxecto. 1.1. Alcance e obxectos da Lingüística.
1.2. Disciplinas e subdisciplinas que inclue.
1.3. A aplicación da Lingüística a ámbitos sociais.
2. A linguaxe e a comunicación. 2.1. A comunicación, a información e a sua interpretación.
2.2. A orixe da linguaxe.
2.3. Características da linguaxe humana. Comunicación animal e humana.
2.4. Os canais da comunicación oral, visual e táctil. A escrita.
3. Linguaxe, mente e cerebro. 3.1. Relacións entre linguaxe e pensamento.
3.2. Localización da faculdade lingüística no cerebro.
3.3. Trastornos da linguaxe.
3.4. Adquisición dunha primeira e dunha segunda lingua.
4. Os sons das linguas. 4.1 A produción do son.
4.2. Clases de sons: vogais e consoantes.
4.3. A transcrición fonética.
4.4. Fonema, fone e alofone. Os sistemas fonolóxicos.
4.5. Os elementos suprasegmentais.
4.6. A sílaba.
5. Da palabra ao discurso. 5.1. As unidades mínimas significativas: os morfemas.
5.2. Morfemas, morfes e alomorfes. Tipos de morfemas.
5.3. A palabra. Formación de palabras nas linguas.
5.4. A morfoloxía das diversas linguas.
5.5. Clases de palabras e categorías gramaticais.
5.6. A oración: simple e composta.
5.7. Os sintagmas (ou frases).
5.8. As relacións sintácticas.
6. O significado. 6.1. Definición do significado: sentido e referencia.
6.2. Fenómenos semánticos.
6.3. Proposición. Predicado e argumentos.
6.4. Significado literal e significado implícito.
6.5. A cooperación na conversa.
6.6. Actos de fala e os seus tipos.
6.7. A cortesía como estratexia verbal.
6.8. A deíxis e os seus tipos.
7. A diversidade lingüística. 7.1. Introdución ás familias lingüísticas.
7.2. Lingua padrón e variedades.
7.2. Variación xeográfica: os dialectos.
7.3. Variación social: sociolectos e rexistros.
7.3. As comunidades lingüísticas.
7.4. Contacto de linguas e bilingüismo.
7.5. A planificación lingüística.
8. Aplicacións da Linguística. 8.1. Elaboración de dicionarios e gramáticas.
8.2. O ensino das linguas.
8.3. Tradución e interpretación.
8.4. Lingüística computacional.
8.5. Lingüística clínica.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 3 30 33
Sesión maxistral 22 22 44
Lecturas 0 33 33
Obradoiro 18 18 36
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita final.
Sesión maxistral Explicación dos conceitos fundamentais e clarificación das dúbidas principais.
Lecturas Lectura, e, no seu caso, síntese e/ou comentario, de material obrigatorio.
Obradoiro Diversas metodoloxías e probas nas aulas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) e tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, con supervisión do profesorado e resolución de dúbidas específicas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Descrición
Farase un seguimento nas aulas interactivas das actividades realizadas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. 50
Sesión maxistral Availaráse a asistencia e participación. 10
Obradoiro Avaliarase a asistencia e participación activa, e os resultados das diversas prácticas e actividades, que serán apresentadas e/ou desenvolvidas nas aulas interactivas. 40
 
Observacións avaliación

Observacións:

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE EN XANEIRO:

1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade, é preciso ter polo menos un 4.0 nos apartados Proba obxectiva e Obradoiro. O Obradoiro inclui a realización de 3 actividades avaliábeis individuais ou en grupo.

1.2. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial,
recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da Proba otxectiva, e outro 50% polo apartado de Obradoiro. Esta última percentaxe incluirá polo menos unha consulta co profesorado sobre a marcha ou desenvolvimento de unha das actividades.

Os alumnos repetidores que non podan asistir ás aulas
deberán comunicarllo ao profesorado da materia durante a primeira semana
de clase. De non facelo así, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual
que aos de primeira matrícula (50% + 10% + 40%). 


2. SEGUNDA OPORTUNIDADE EN XULLO:

2.1. Repetición do exame no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial).

2.2. Realización da/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, aínda que co mesmo formato).


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas/es estudantes
que: (a) non se apresenten a ningunha das probas obxectivas (xaneiro e xullo) e que,
ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliábeis.


4. AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES. A copia ou plaxio de material alleo para calquer das actividades avaliábeis, sen elaboración propia, acarreta automaticamente unha nota de cero (0), sem posibilidade de repetición da actividade nesa oportunidade. Durante o curso se poderán estabelecer procedimentos adicionais específicos a cumprir canto á entrega, apresentación e avaliación das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Alonso, Juan Alberto (2000). "A orixe da linguaxe". En: Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doval e Xoán Paulo Rodríguez Yáñez, eds. Manual de Ciencias da Linguaxe, pp. 63-96. Vigo: Xerais
Fromkin, Victoria, e Rodman, Robert (1993). "Da boca dos bébés: aquisição da língua pela criança". Em: Introdução à Linguagem, pp. 351-373. Coimbra: Livraria Almedina
Casado Fresnillo, Celia, e Escandell Vidal, Mª Victoria (2011). "El lenguaje y las lenguas". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 1-52. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Marrero Aguiar, Victoria (2011). "Fonética y Fonología". En: Mª Victoria Escandell Vidal (coord.) e outros. Invitación a la lingüística, pp. 87-126. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Escandell Vidal, Mª Victoria, e Marrero Aguiar, Victoria (2011). "La Lingüística y sus fundamentos". En: Escandell Vidal, Mª Victoria (coord.) e outros. Invitiación a la lingüística, pp. 53-85. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces & UNED
Escandell Vidal, Mª Victoria (2005). "Un nuevo modelo de la comunicación". En: La comunicación, pp. 27-42. Mdrid: Gredos
Yule, George (2007). “Adquisición de la primera lengua”. Em: El lenguaje, pp. 175-191.. Madrid. Akal
Escandell Vidal, Mª Victoria (2005). “Algunas reflexiones iniciales”. En: La comunicación, pp. 9-25. Madrid: Gredos
Yule, George (2007). “El desarrollo de la escritura”. En: El lenguaje, pp. 29-37.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “El lenguaje y el cerebro”. En: El lenguaje, pp. 161-174.. Madrid. Akal
Crystal, David (1994). “El lenguaje y otros sistemas de comunicación”. En: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, pp. 396-403.. Madrid: Taurus
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2002). “El objeto de investigación I: Características del lenguaje humano”. En: Curso universitario de Lingüística General. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general, pp. 39-47.. Madrid. Síntesis
Crystal, David (1994). “Gramática”. En: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, pp. 88-99.. Madrid. Taurus
Yule, George (2007). “La variación geográfica de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 238-252.. Madrid. Akal
Yule, George (2007). “La variación social de las lenguas”. Em: El lenguaje, pp. 253- 266.. Madrid. Akal
Tusón Valls, Jesús (2003). “Los orígenes del lenguaje”. En: Introducción al lenguaje, pp. 15-38.. Barcelona. Ed. UOC
González Pereira, Miguel, e Francisco Albertuz Carneiro (2000). “Morfoloxía”. En: Fernando Ramallo et alii (eds.), Manual de Ciencias da Linguaxe, pp. 585-627.. Vigo. Xerais
Hurford, James R., e Brendan Heasley (1983). “Oraciones, enunciados y proposiciones” / “Referencia y sentido” / “Expresiones referenciales” / “Predicados”. En: Curso de Semántica, pp. 26-62.. Madrid. Visor
Mateus, Maria Helena Mira, e Alina Villalva (2006). “Para que serve a Linguística?”. En: O Essencial sobre Linguística, pp. 79-92.. Lisboa. Caminho
Yule, George (2007). “Pragmática”. En: El lenguaje, pp. 132-145. Madrid. Akal
Simone, Raffaele (1993). “Propiedades fundamentales del lenguaje / ‘Abstracto’ en lingüística”. En: Fundamentos de Lingüística, pp. 18-22.. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). “Semántica”. En: El lenguaje, pp. 118-131.. Madrid. Akal

As leituras obrigatorias serán tomadas da listaxe anterior.

Bibliografía complementaria Walter, Henriette (1996). A aventura das línguas do Ocidente. Lisboa: Terramar
Martínez Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje . Barcelona: Octaedro
Cardona, Giorgio Raimondo (1991). Diccionario de lingüística. Barcelona: Ariel
Yule, George (2007). El lenguaje. Madrid: Akal
Martín Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro
Crystal, David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus
Moreno-Torres Sánchez, Ignacio (2004). Lingüística para logopedas. Málaga: Ediciones Aljibe
Martínez Celdrán, Eugenio, et alii (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones. Barcelona: Masson
Ramallo, Fernando, et alii (2000). Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
Comrie, Bernard, S. Matthews e M. Polinsky (eds.) (2001). O Atlas das Línguas: A Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial Estampa
Bernárdez, Enrique (2000). ¿Qué son las lenguas? . Madrid: Alianza


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística clínica/652G04042
Sociolingüística/652G04044

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías