Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Bases didácticas da intervención logopédica Código 652G04008
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
García Cabeza, Belen
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
Profesorado
García Cabeza, Belen
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da intervención logopédica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición de coñecementos epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas no uso de recursos didácticos para construír una intervención logopédica informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe a favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo.
Ao mesmo tempo queremos afondar na importancia do traballo colaborativo interprofesional, no que participan profesionais e axentes que desenvolven o seu quefacer dentro e/ou fóra da escola. Teñamos en conta que a complexidade de moitos dos problemas que presenta o alumnado arráiganse ou enrédanse nunha causística múltiple que esixe unha intervención globalizada, na que teñen que participar distintos profesionais, que deben traballar en cooperación para dar maior cobertura ás necesidades reais, que incluso chegando o traballo non so ó alumnado senón tamén á familia, sen solaparse, empregando metodoloxías que non sexan contraditorias entre si, evitando deste xeito distorsións na propia percepción do alumnado e favorecendo unha aprendizaxe significativa e útil na súa vida cotiá.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; dos indicadores educativos para atender á diversidade na aula; de propostas didácticas na intervención logopédica e proxectos de traballo orientados á intervención educativa nas necesidades específicas de apoio educativo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
A28 Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais).
A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
A30 Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B7 Capacidade de análise e síntese.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B15 Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B23 Traballar de forma colaborativa.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender o carácter interrelacional da intervención logopédica no marco do sistema educativo segundo a súa estructura e funcionamento. A16
A25
A29
B15
C4
Coñecer e manexar críticamente as principais cuestións pedagóxicas e recursos didácticos que permitan desenvolver unha intervención logopédica informada dende unha perspectiva educativa holística e ecolóxica, comprometida coa optimización do acceso ál aprendizaxe e do potencial comunicativo de todos e cada un/ha dos destinatarios da súa labor. A4
A22
A23
A28
B1
B4
B7
B9
B12
C3
C6
Adquirir unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. A4
B1
B3
Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que caracteriza as aulas educativas. A4
A16
B3
Asumir a importancia dunha profesionalidade adecuada ó ámbito logopédico no contexto escolar, valorando a importancia da investigación como ferramenta imprescindible para o coñecemento. A29
A30
B3
B11
B14
C7
Apreciar as implicacións do desenvolvemento logopédico a nivel individual e colectivo das personas con necesidades específicas de apoio educativo. A29
B3
B22
B23
B24

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I. Escola, cultura e sociedade. 1.1. Ensinanza obrigatoria: perspectivas educativa e social.
1.2. Interrelacións entre sociedade, cultura e escolarización.
1.3. Propostas actuais da relación educativa entre cultura e interculturalidade.
1.4. A escola como camiño de igualdade e inclusión social.
1.5. Diversidade socio-cultural e propuestas educativas.
1.6. Estrutura e desenvolvemento da escola como organización.
1.7. Outras institucións e profesionais que colaboran coa escola.
MÓDULO II. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula. 2.1. Modelos educativos de aula facilitadores da diversidade.
2.2. O traballo cooperativo cómo paradigma de integración.
2.3. A xestión eficaz da aula en contextos de inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
2.4. Plans de traballo personalizados e integrados.
MÓDULO III. Propostas didácticas na intervención logopédica. 3.1. Ámbitos de actuación dos profesionais da logopedia no sistema educativo.
3.2. O traballo colaborativo dos equipos interprofesionais como elementos esenciais para a busca de respostas integrais ás demandas alumnado con NEAE e das súas familias.
3.3. A repercusión das decisións tomadas nos diferentes niveis de concreción na práctica logopédica na escola. O traballo coordinado entre os profesionais da logopedia e da audición e linguaxe.
3.4. Os diferentes compoñentes del curriculum e función das adaptacións curriculares no ámbito logopédico.
3.5. Tipos de medidas de atención ás necesidades logopédicas.
3.6. Procesos evaliativos das alternativas didáctico-logopédicas.
MÓDULO IV. Proxectos de traballo en torno ás necesidades específicas de apoio educativo. 4.1. Exemplos de proxectos educativos na intervención educativa.
4.2. Elaboración de propostas educativas con atención específica ás necesidades educativas específicas do alumnado.
4.3. A conceptualización da calidade educativa nas propostas de intervención.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 28 49
Discusión dirixida 10 21 31
Traballos tutelados 10 40 50
Proba mixta 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a importancia da atención á diversidade e da inclusión, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construcción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre proporase un ou varios traballos en torno ao contido do temario que deberán fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.
A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada do profesorado.
A través da exposición na aula, compartiranse os traballos realizados.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados: a atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación

Opción A.

Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

a) elaboración e presentación dos traballos en pequeno grupo (40%);

b) un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).


Opción B.

Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%):

a) elaboración e presentación individual dos traballos (40%);

b) un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).

Observacións

- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

- O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o traballo.


Fontes de información
Bibliografía básica

MÓDULO 1. Escola, cultura e sociedade.

DELVAL, Juan (2002). “Puntos de partida: Educación y sociedad”, en Delval J. La escuela posible. Como hacer una reforma de la educación. Barcelona, Ariel, páxs. 15-36

MARTÍNEZ, Begoña (2007). “El papel de la escuela”, en Cuadernos de Pedagogía, 372, páxs. 62-64

GONZÁLEZ, Teresa (2003). “Las organizaciones escolares: dimensiones y características”, en González González, María T. (coord.). Organización y gestión de centros escolares. Madrid, Pearson, páxs. 25-38

NÚÑEZ, Teresa (2008). Da segregación á inclusión educativa. A Coruña, Laiovento, páxs. 108-109

ROMAÑACH, Javier e LOBATO, Manuel (2005). Diversidad funcional, nuevo término para la lucha por la dignidad en la diversidad del ser humano. Foro de Vida Independiente. En http://www.forovidaindependiente.org/files/documentos/pdf/diversidad_funcional.pdf

LÓPEZ, Miguel (1995). “Diversidad y cultura: una escuela sin exclusiones”, en Kikiriki, 38, páxs. 26-38

PARRILLA, Ángeles (2009). “A educación inclusiva: unha dirección a seguir localmente”, en Revista Galega de Educación, 43, páxs. 9-13


MÓDULO 2. Indicadores educativos para atender á diversidade na aula

NÚÑEZ, Teresa (2008). "Educación Especial: normalizar ou volver patolóxicas as diferenzas?", en Revista Galega do Ensino, 52, páxs. 20-23

BARREIRO, Pilar M. (2009). “Respostas dos centros educativos á diversidade”, en Revista Galega de Educación, 43, páxs. 34-39

ACOSTA, Víctor M. (2001). “La respuesta educativa a las dificultades del lenguaje desde una perspectiva inclusiva”, en BUENO, Juan J.; NÚÑEZ, Teresa e IGLESIAS, Ana. (Coords.). Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial. A Coruña. Universidade da Coruña, páxs. 151-159

FERNÁNDEZ, Celia (2009). “Los modelos de la respuesta educativa a las dificultades del lenguaje”, en FERNÁNDEZ, Celia. La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva. Las Palmas de Gran Canaria. Universidad de las Palmas de Gran Canaria, páxs. 35-50

PARDO, Néstor A. (2011). El papel del logopeda o fonoaudiólogo en la inclusión educativa. Consultado a 26/01/2012 en http://www.espaciologopedico.com/articulos/articulos2.php?Id_articulo=2261


MÓDULO 3. Propostas didácticas na intervención logopédica.

SOLANO, Natalia (2010). “Habilidades profesionales en la intervención logopédica”, en LÁZARO, Miguel. Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica. Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, páxs. 5-30

ESTELLÉS, Mª. Teresa. (1999). “Intervención logopédica en los trastornos de la voz: de la infancia a la tercera edad”, en MARTÍN, J. Domingo (Ed.). Logopedia escolar y clínica. Últimos avances en evaluación e intervención.  Madrid. CEPE, páxs. 219-232

SÁNCHEZ, M.J.; LÓPEZ, G. (2005). “Intervención logopédica en los alumnos del colegio de sordos `Sagrada Familia´”,  en Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 25: 1, páxs. 38-40

ACOSTA, Víctor M. E MORENO, Ana Mª (2001). “Atención educativa a las necesidades especiales relacionadas con el lenguaje oral”, en SALVADOR, Francisco (dir.). Enciclopedia psicopedagógica de necesidades educativas especiales. Vol. 2. Málaga. Aljibe, páxs. 387-405

GALÁN, Pedro (2001). “El logopeda como profesional del lenguaje y de la comunicación en los centros educativos”, en PEÑAFIEL, Fernando e FERNÁNDEZ, Juan de D. (Coords.). Cómo intervenir en Logopedia Escolar. Madrid. CCS, páxs. 168-183

MORENO, Ana Mª. (2001). “Alternativas para el cambio en el modelo de atención a las dificultades del lenguaje en el contexto escolar”, en BUENO, Juan J.; NÚÑEZ, Teresa e IGLESIAS, Ana (Coords.). Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. XVIII Jornadas de Universidades y Educación Especial. A Coruña. Universidade da Coruña, páxs. 379-384

FERNÁNDEZ, Celia (2009). “Características del modelo de apoyo a las dificultades del lenguaje. Implicaciones educativas”, en FERNÁNDEZ, Celia. La logopedia en la escuela. Propuestas desde la práctica para una educación más inclusiva. Las Palmas de Gran Canaria. Universidad de las Palmas de Gran Canaria, páxs. 69-93

CARRERAS, Isabel (2001). "Igual que los demás", en Cuadernos de Pedagogía, 303, páxs. 36-38

CASTEJÓN, Luís e ESPAÑA, Yolanda (2004). "La colaboración logopeda-maestro: hacia un modelo inclusivo de intervención en las dificultades del lenguaje", en Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 24:2, páxs. 55-66

GONZÁLEZ, Daniel (1993). Adaptaciones curriculares. Guía para su elaboración. Málaga. Aljibe, páxs. 81-106

ZAPIOLA, María C. (2005). "Adaptaciones curriculares para niños con compromiso en la comunicación y el lenguaje", en Revista Argentina de Psicopedagogía, 59, 6 pp.

RODRÍGUEZ, Elisabeth (2008). “La intervención del maestro/a de Audición y Lenguaje con los/as alumnos/as con necesidades educativas especiales”, en Reflexiones y experiencias innovadoras en el aula, 2, 13 pp.


MÓDULO 4. Proxectos de traballo en torno ás necesidades específicas de apoio educativo.

TORRES, Julia (2002). Trastornos del lenguaje en niños con necesidades educativas especiales.  Barcelona. CEAC, páxs. 199-205

BUSTOS BARCOS, Mª Carmen (1995). Manual de Logopedia Escolar. Niños con alteraciones del lenguaje oral en Educación Infantil y Primaria. Madrid. Cepe, páxs. 215-218

CIDONCHA, Vanessa e DÍAZ, Erika (2008). “Materiales generales y específicos para los alumnos con necesidades educativas especiales”, en Educación y futuro digital (Edición dixital), 5 pp.

RODRÍGUEZ, Lidia (2010). “Elaboración de documentos y materiales para la intervención logopédica”, en LÁZARO, Miguel. Aspectos teóricos y prácticos de la intervención logopédica. Colección de e-books da Universidad de Castilla La Mancha, páxs. 177-246

Bibliografía complementaria

ACOSTA, Víctor M. (2004). Las prácticas educativas ante las dificultades del lenguaje. Una propuesta desde la acción. La colaboración entre logopedas, psicopedagogos, profesores y padres. Barcelona: Ars Medica

ACOSTA, Víctor M. e MORENO, Ana Mª. (2003). Dificultades del lenguaje, colaboración e inclusión educativa. Manual para logopedas, psicopedagogos y profesores Barcelona: Ars Medica

AINSCOW, Mel (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid: Narcea

ARIZA, M. A. e TRUJILLO, F. (2006). Experiencias educativas en aprendizaje cooperativo. Granada. Grupo Editorial Universitario

BARTON, Len (1998). Discapacidad y sociedad. Madrid. Morata

CASTRO, Mª Montserrat et al (2007). La escuela en la comunidad: la comunidad en la escuela. Barcelona. Graó, páxs. 139-177

ECHEITA, Gerardo (2007). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea

GALLARDO RUÍZ, José R. e Gallego Ortega, José L. (2003). Manual de logopedia escola. Un enfoque práctico. Málaga: Aljibe

GARCÍA PASTOR, Carmen (1998). Una escuela comñun para niños diferentes: la integración escolar. Barcelona. EUB

IGLESIAS CORTIZAS, Mª José e SÁNCHEZ RODRÍGUEZ DE CASTRO, Mª del Carmen (2007). Diagnóstico e intervención didáctica del lenguaje escolar. A Coruña: Netbiblo

IZA, Mauricio (2002). Recursos tecnológicos en Logopedia. Málaga: Aljibe

MOYA, Asunción (2002). El profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?...realiza su trabajo. Archidona: Ediciones Aljibe.

PARRILLA, Ángeles (2003). La Respuesta Educativa a la Diversidad. Bases Pedagógicas de la Educación Especial: Manual para la Formación Inicial del Profesorado. Madrid: Biblioteca Nueva, pp. 95-130

PINO, Felisa R. (2007). “La cultura de las personas sordas”. Conferencia signada no  Observatori d'Ètica Aplicada a la Intervenció Social dentro del Seminario Els Atres Prenen la Paraula. Consultado a 26/01/2012 en http://www.cultura-sorda.eu/resources/La+cultura+de+las+personas+sordas+Felisa+R.pdf

PORRAS, Ramón (1998). Una escuela para la integración educativa: una alternativa al modelo tradicional. Sevilla, Morón

STAINBACK, Susan e STAINBACK, William (2001). Aulas inclusivas: un nuevo modo de enfocar y vivir el currículo . Madrid: Narcea


>WEBGRAFÍA (DATA DE CONSULTA: 01/07/2013)

Portal da Asociación Española de Logopedia, Foniatría y Audiología: http://www.aelfa.org

Portal da Asociación de Logopedas de España: http://ale-logopedas.org/

Portal “Atención á Diversidade” da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/web/diversidadeorientacion

Portal “Cultura Sorda”: http://www.cultura-sorda.eu/

Portal do Foro de Vida Independiente y Divertad: http://www.forovidaindependiente.org/

Portal de “El logopeda sin recursos”: http://www.logopedasinrecursos.org/

Portal de Orientación do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC): http://w3.cnice.mec.es/recursos2/orientacion

 

LEXISLACIÓN

Ley 44/2003, de 21 de noviembre, de ordenación de las profesiones sanitarias (artigos II e VII sobre o establecemento da Logopedia como profesión e as súas funcións)

http://www.boe.es/boe/dias/2003/11/22/pdfs/A41442-41458.pdf

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2006/07899

Ley 3/2006, de 30 de junio, de creación del Colegio Profesional de Logopedas de Galicia (DOG nº 135, de 13 de xullo de 2006)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2006/20060713/Anuncio1611E_es.html

Real Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de Ordenación de la Educación Especial (BOE nº 65, de 16 de marzo de 1985) http://ouad.unizar.es/documents/RealDecreto3341985de6demarzodeOrdenaciondelaEducacionEspecial..pdf

Real Decreto 299/1996, de 28 de febrero, de ordenación de las acciones dirigidas a la compensación de desigualdades en educación (BOE nº 62, de 12 de marzo de 1996)

http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf

Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais (DOG nº 153, de 6 de agosto de 1996)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960806/Anuncio8E56_gl.html

Decreto 120/1998, do 23 de abril polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79, de 27 de abril de 1998)

http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/B17a?OpenDocument

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral (DOG nº 213, de 7 de novembro de 1995)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1995/19951107/Anuncio58F2_gl.html

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización (DOG nº 247, de 19 de decembro de 1996)

 http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961219/AnuncioC9A2_gl.html

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria. (DOG nº 108, de 6 de xuño de 1997)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970606/Anuncio717E_gl.html

Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 (DOG nº 148, de 31 de xullo de 1998)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html

ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2003)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2003/20030130/Anuncio3CD6_gl.html

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías