Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Estatística Código 770G02008
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
Profesorado
Lopez de Ullibarri Galparsoro, Ignacio
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
ignacio.lopezdeullibarri@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese proporcionar ó estudante os coñecementos estatísticos básicos necesarios para o futuro Enxeñeiro en Enxeñaría Eléctrica. Empregarase un enfoque fundamentalmente aplicado. Neste sentido, darase prioridade á exposición intuitiva de conceptos e ós métodos aplicados sobre as demostracións matemáticas excesivamente formales.
Máis detalladamente, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos:
1. Completar os coñecementos previos do discente sobre Estatística Descritiva (medidas de centralización e dispersión, representación gráfica de datos, etc.).
2. Introducir os conceptos de correlación e regresión para dúas variables.
3. Coñecer os conceptos básicos da Teoría da Probabilidade (probabilidade, probabilidade condicionada, variables aleatorias e as súas distribucións, etc.).
4. Introducir os conceptos fundamentais da Estatística Inferencial (estimación puntual, intervalos de confianza e contraste de hipóteses).

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Describir estatísticamente unha mostra, resumila mediante táboas, gráficos e medidas descriptivas A6
Coñecer os conceptos, resultados fundamentais e aplicacións da probabilidade A6
Comprender o concepto de variable aleatoria e coñecer as principais distribucións de probabilidade A6
Utilizar métodos de Inferencia Estatística (estimación de parámetros e contraste de hipóteses) e aplicalos á toma de decisións A6
B5

Contidos
Temas Subtemas
1. Estatística Descritiva dunha e varias variables.



Descrición estatística dunha variable: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Descrición estatística de varias variables: distribucións de frecuencias, representacións gráficas e medidas características.
Regresión lineal e correlación.
2. Probabilidade e probabilidade condicionada.
Conceptos xerais: espacio muestral e álxebra de sucesos.
Definición axiomática de probabilidade.
A probabilidade como límite da frecuencia.
Regla de Laplace.
Definición de probabilidade condicionada.
Independencia de sucesos.
Teoremas do producto, a probabilidade total e Bayes.
3. Variables aleatorias. Concepto de variable aleatoria.
Variables aleatorias discretas e continuas
Medidas características dunha variable aleatoria.
4. Distribucións notables.

Distribucións notables discretas: distribucións de Bernoulli, binomial, xeométrica, binomial negativa, hiperxeométrica, Poisson e uniforme.
Distribucións notables continuas: distribucións exponencial, normal, uniforme, chi-cuadrado de Pearson, t de Student e F de Fisher-Snedecor.
Aproximación entre distribucións: o teorema central do límite.

5. Introdución á inferencia estatística.
Conceptos xerais: Estimación de parámetros e contrastes de hipóteses paramétricas.
Mostraxe.
6. Estimación de parámetros. Estimación puntual: estimación puntual da media, a varianza e dunha proporción.
Estimación por intervalos de confianza: Intervalos de confianza para unha media, unha varianza, unha proporción, e para a diferencia de dúas medias, o cociente de dúas varianzas e a diferencia de dúas proporcións
7. Contrastes de hipóteses paramétricas. Conceptos xerais: nivel de significación, p-valor e potencia dun contraste.
Procedemento xeral de contraste de hipóteses.
Contrastes de hipóteses para a media, a varianza, unha proporción, e para a igualdade de dúas medias, dúas varianzas e dúas proporcións.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 36.75 57.75
Proba de resposta múltiple 1.25 2.5 3.75
Prácticas a través de TIC 9 13.5 22.5
Solución de problemas 21 36.75 57.75
Proba obxectiva 2.5 5 7.5
 
Atención personalizada 0.75 0 0.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ó estudante os coñecementos teóricos
Proba de resposta múltiple Proba de tipo test realizada ó longo do curso co fin de facer un seguemento da evolución da adquisición de coñecementos polo estudante
Prácticas a través de TIC Resolución de supostos prácticos e teóricos mediante a utilización de software estatístico (R/R Commander)
Solución de problemas seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados á resolución de exercicios e problemas
Proba obxectiva Proba de tipo test realizada ó remate da asignatura co fin de avaliar globalmente a adquisición de coñecementos polo estudante

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorías presenciales no despacho do profesor (isto é, non por correo electrónico)

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
Proba de resposta múltiple Exame de tipo test (10 preguntas) 20
Prácticas a través de TIC Cuestionario que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos
temas (temas 1 a 7).
A proba de resposta múltiple realizarase ó longo do curso unha vez
impartido o tema 4, e abarcará os contidos dos temas 1 a 4, ámbolos dous
inclusive.
Para superar a asignatura na avaliación de maio é necesario acadar una
cualificación total mínima de 5, sendo en todo caso necesaria a
presentación á proba obxectiva. Quen non se presente á proba obxectiva
será cualificado como 'non presentado'. Na avaliación de xullo se fará
unha proba obxectiva similar á da avaliación de maio, que contribuirá á
cualificación cunha ponderación do 70%. Non se fará proba de resposta
múltiple nin se gardará a nota obtida na avaliación de maio nesa proba. O
30% restante consistirá na cualificación obtida na avaliación de maio
nas prácticas a través de TIC, que poderá complementarse mediante a
presentación opcional dun traballo. O traballo consistirá nunha análise
co software empregado nas prácticas (R/R Commander) dun caso práctico
proposto polo estudante e relacionado coa Enxeñaría. O traballo deberá
ser entregado antes da realización da proba obxectiva. Na avaliación do
traballo o profesor poderá pedir ó estudante explicacións e facerlle
preguntas sobre o traballo.


Fontes de información
Bibliografía básica Cao, R et al. (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Pirámide

Bibliografía complementaria Cao, R. et al. (1998). Estadística básica aplicada. Tórculo
García, A. et al. (1995). Estadística II. UNED
Vélez, R. & García, A. (1993). Principios de Inferencia Estadística. UNED
Montgomery, D. C. & Runger, G. C. (2004). Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. Limusa-Wiley
Canavos, G. C. (1998). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y métodos. McGraw-Hill

Recursos web:

Portal do programa R: http://www.r-project.org/

Direccións desde donde se poden descargar manuais en castelán de R y/o R-commander en formato 'pdf':

http://cran.r-project.org/doc/contrib/Saez-Castillo-RRCmdrv21.pdf

http://knuth.uca.es/repos/ebrcmdr/pdf/actual/ebrcmdr.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías