Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Historia da Terra Código 610212624
Titulación
Licenciado en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Todos Optativa 5.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e da Terra
Coordinación
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
aurora.grandal@udc.es
Profesorado
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
aurora.grandal@udc.es
Web
Descrición xeral
Materia de síntese na que se pretende obter unha visión da evolución da diversidade da vida ó longo do tempo xeolóxico no contexto dun planeta cambiante, e relacionar os coñecementos xa adquiridos, cara a interpretación da Terra como Sistema. Nela trataranse os seguintes grandes temas:

- Os Principios da Xeoloxía Histórica.
- O concepto de tempo xeolóxico.
- A Orixe da Terra.
- A Orixe e diversificación da Vida.
- Evolución da Terra e da Vida no Precámbrico.
- Evolución da Terra e da Vida no Fanerozoico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Asumir o concepto de tempo xeolóxico. - Identificar os principais bioeventos na historia da Terra. - Sintetizar os coñecementos que compoñen disciplinas aparentemente dispares, como Xeoloxía, Ecoloxía, Microbioloxía, Bioquímica, Botánica ou Zooloxía, no marco conceptual que ofrece unha Terra sometida a contínuo cambio. A1
A2
A20
A27
B3
C1
C2
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1- Os principios da Xeoloxía Histórica.

O desenvolvemento do pensamento científico sobre a Historia do planeta Terra e a historia da Vida. Teorías unificadoras da Xeoloxía e da Bioloxía. Paradigmas en paleontoloxía.
Tema 2- O Tempo en Xeoloxía.
Métodos de datación. A escala xeocronolóxica
Tema 3- O eón Hádico e a orixe da Terra
Orixe do Sistema Solar e do Planeta Terra. Orixe da atmósfera. Orixe da Hidrosfera.
Tema 4- O eón Arcaico e a orixe da Vida
Formación dos primeiros continentes. Condicións climáticas no planeta. Orixe da Vida: teorías
Tema 5- O eón Proterozoico As primeiras formas de vida. Evolución da atmósfera. Evolución dos continentes.
Tema 6- A diversificación da vida. As faunas de Ediacara. Outras formas de vida no límite Precámbrico- Fanerozoico. A explosión cámbrica.
Tema 7- Rasgos xerais da Era paleozoica. Evolución climática e xeomorfolóxica do planeta durante o Paleozoico.
Tema 8- A vida no Paleozoico.
Evolución das formas de vida no Paleozoico. Sucesións faunísticas. Colonización do medio terrestre. Os eventos de extincións en masa durante o Paleozoico. A extinción finipérmica.
Tema 9- Introducción ó Mesozoico.
Evolución climática e xeomorfolóxica do planeta durante o Mesozoico.
Tema 10- A vida no Mesozoico. Evolución das formas de vida no Mesozoico. Sucesións faunísticas e florísticas. Os mares mesozoicos. A vida en terra firme no Mesozoico. A extinción finicretácica.
Tema 11- O Cenozoico I: Paleóxeno e Neóxeno. Evolución climática e xeomorfolóxica durante o Cenozoico. Faunas e floras do Cenozoico.
Tema 12- O Cenozoico II: O Cuaternario. Os cambios climáticos no Cuaternario: episodios de glaciación global. Influencia das fluctuaciones climáticas sobre as faunas e as floras cuaternarias. A evolución humana.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 3.5 129.5 133
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Consistirá en un exame teórico sobre os contidos da materia, e unha actividade práctica sobre un artículo científico relacionado coa mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Realizaranse titorías personalizadas concertadas mediante cita para a preparación da materia, tanto da parte teórica como da proba práctica.
Realizaranse asimesmo titorías para aclaración de conceptos e dudas de calqueira tipo relacionadas cos contidos da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame dos contidos teóricos e traballo práctico. 100
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia comprende:

Calificación sobre os coñecementos teóricos, realizada sobre os resultados de:

- Unha proba escrita sobre contidos da materia

-Un traballo práctico (comentario de artículo científico)

As dúas probas realizaranse, unha a continuación da outra, na data oficial indicada no calendario de exames.

Para superar a materia é preciso acadar unha puntuación mínima de 4,9.
A calificación final resultará de valorar as distintas actividades, segundo a seguinte distribución:


-Proba escrita de teoría: ate 5 puntos

-Traballo práctico: ate 5 puntos.

A nota de teoría soamente compensa coa do traballo práctico a partires de 4 puntos (sobre 10) no exame teórico.


Fontes de información
Bibliografía básica

BÁSICA

• Cowen, R. (2000) History of Life. Blackwell Science, Oxford, 432 pp.

• Levin, H. L. (2003) The Earth through Time. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey, 563 pp.

• Reguant Serra, S. (2005) Historia de la Tierra y de la Vida. Ariel, Barcelona. 355 pp.

• Wicander, R. & Monroe, J. S. (2004)Historical Geology. Evolution of Earth and Life through Time. Thompson Learning, 576 pp

COMPLEMENTARIA

Anguita, F. (2002) Biografía de la Tierra. Editorial Aguilar, Madrid, 350 pp.

• Condie, K. C. & Sloan, R. E. (1998) Origin and Evolution of Earth. Prentice-Hall, Inc., Upper Saddle River, New Jersey, 498 pp.

• Fortey, R. (1999) La Vida: Una Biografía no Autorizada. Editorial Taurus, Madrid, 515 pp.

• Gould, S. J. (1992) La Flecha del tiempo : mitos y metáforas en el descubrimiento del tiempo geológico. Alianza Editorial, Madrid, 232 pp.

• Gould, S. J. (1993) El Libro de la Vida, pp. 256. Editorial Crítica, Barcelona.

• McNamara, K. & Long, J. (1998) The Evolution Revolution. John Wiley & Sons, Chichester, 298 pp.

• Rogers, J. J. W. (1993) A History of the Earth. Cambridge University Press, Cambridge, 312 pp.

• Stanley, S. M. (1993) Exploring Earth and Life through Time. Freeman and Company, New York, 538 pp.

.

Bibliografía complementaria

RECURSOS WEB

http://www.palaeos.com

http://www.ucmp.berkeley.edu/exhibit/geology.htmlç

http://tolweb.org/tree/phylogeny.html

Outros materiais de apoio

Esisten na biblioteca da facultade de Ciencias gran número de obras que poden ser consultadas para temas concretos do temario. Os profesores orientarán ós alumnos sobre os títulos máis axeitados para cada caso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica/610212102
Xeoloxía/610212108
Zooloxía/610212205
Ecoloxía/610212301
Xeografía Física/610212623
Paleobioloxía/610212629

Observacións

Recoméndase ter coñecementos de Inglés científico a nivel de lectura, manexo básico de internet e programas de ofimática.

Dado o carácter interdisciplinario desta materia, se recomenda ós alumnos que fagan o posible por relacionar os coñecementos adquiridos nesta cos de outras impartidas ó longo da licenciatura: xeoloxía, botánica, zooloxía, ecoloxía, etc.

A lectura crítica de obras sobre Xeoloxía e Paleontoloxía dispoñibles na Biblioteca da Facultade de Ciencias ou a consulta das fontes de internet xa citadas é fundamental cara á mellora na materia, xa que contribuirá á clarificación dos conceptos e permitira acadar un bó manexo da terminoloxía específica .



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías