Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Experimentación en Química Inorgánica Código 610311406
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Cuarto Troncal 5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
Profesorado
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral A materia encádrase no segundo cuadrimestre do 4º curso da Licenciatura en Química, e está intimamente relacionada coa materia anual do mesmo curso "Química Inorgánica Avanzada". O conxunto das dúas asignaturas pretenden proporcionar unha adecuada formación ao alumnado nos ámbitos da Química de Coordinación e a Química do Estado Sólido. Por elo aconséllase que se cursen estas dúas materias simultaneamente, ou en todo caso que o alumno teña cursado con anterioridade e aproveitamento a "Química Inorgánica Avanzada". Asemade, é preciso que os alumnos que cursen a "Experimentación en Química Inorgánica" manexen adecuadamente os coñecementos impartidos nas materias "Química Inorgánica I e II", "Química Física", "Introducción á Espectroscopia" e "Experimentación en Síntese Inorgánica".

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Utilizar a terminoloxía e nomenclatura utilizada normalmente na Química de Coordinación e na Química do Estado Sólido. A1
Recoñecer e analizar problemas asociados á síntese e caracterización estrutural de sólidos inorgánicos e complexos, e planear estratexias para solucionalos. A15
Coñecer e utilizar as fontes bibliográficas para obter información sobre a estructura, enlace, síntese e reactividade, caracterización, propiedades e aplicacións dos compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. A16
B1
B4
Levar a cabo procedementos estándares para a síntese de compostos inorgánicos e manexar a instrumentación científica para a súa caracterización. A17
A19
Planificar, deseñar e desenvolver a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos inorgánicos non moleculares. A22
B5
Comprender e explicar os procesos observados nun laboratorio de Química Inorgánica. A1
A18
A20
A21
A23
A24
B2
B3
B4
B7
C1
C7
Realizar con soltura, limpeza e seguridade a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. A17
A18
A26
Valorar a importancia que ten a investigación en Química Inorgánica no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Xestionar adecuadamente os residuos xerados nun laboratorio de síntese e caracterización de compostos inorgánicos. A17
A18
A23
B6
C4
Coñecer e saber utilizar material de laboratorio e as instalacións necesarias para levar a cabo a síntese e caracterización de especies inorgánicas. A17
B7
C1
Elaborar un diario de laboratorio no que se recolla toda a información relevante realizando os cálculos necesarios. A1
A15
A18
A20
A21
A23
A24
B3
B4
B7
C1
Coñecer a estructura de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares e saber aplicar as técnicas de determinación estructural. A9
B2
B4
Elaborar e presentar correctamente informes sobre o traballo realizado nun laboratorio de química inorgánica e os resultados obtidos. A1
A3
A4
A5
A9
A12
A14
A20
B3
B4
B7
C1

Contidos
Temas Subtemas
Preparación de compostos de coordinación Reaccións de preparación de complexos
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (Reactivos, material de vidro...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental
Caracterización de compostos de coordinación Técnicas espectroscópicas: IR, UV-Vis, RMN
Medidas Magnéticas
Determinación estructural
Preparación de sólidos non moleculares Métodos de preparación de sólidos non moleculares
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (Reactivos, material de vidro, material cerámico ou metálico, fornos...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental
Caracterización de sólidos non moleculares Técnicas difractométricas: DRX de po cristalino
Métodos térmicos: ATG, ATD
Medidas magnéticas
Determinación estructural
Elaboración, redacción e presentación de informes Elaboración do caderno de laboratorio
Elaboración de informes escritos sobre os experimentos realizados
Presentación oral do traballo realizado
Análise crítica dos resultados obtidos Conclusións do traballo realizado
Suxestión de experimentos adicionais que permitan confirmar os resultados obtidos
Propostas de mellora

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 16 16 32
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Posto que se trata dunha materia a extinguir, dentro do plano de estudos da licenciatura en química, o alumnado será availado mediante unha proba obxectiva. Esta proba consistirá na preparación, realización e presentación de dous experimentos: A síntese e caracterización dun composto de coordinación, e a síntese e caracterización dun sólido inorgánico non molecular. A proba obxectiva comezará coa entraga dos guións dos experimentos a realizar. A continuación o alumnado disporá dun tempo dunhas 8 horas para a planificación dos experimentos. Unha vez planificados, realizarase unha entrevista para avaiar a preparación previa, e o alumnado comezará o traballo experimental. Unha vez concluído, avaliarase o traballo experimental cunha segunda entrevista. A availación final terá en conta a preparación e realización dos experimentos, así como as conclusións obtidas e o diario de laboratorio que será entregado ao profesor á conclusión da proba.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Ao longo do transcurso da asignatura realizaranse varias sesións de atención personalizada que inclúen:
i) Unha titoría personalizada (T1) na que se analizarán as respostas do alumno ás cuestións previas, discutirase sobre as mesmas, e orientarase ao alumno sobre o nivel que posúe para iniciar o resto das actividades.
ii) Dúas sesións de atención personalizada (T2 e T3) que se realizarán despois da planificación e revisión bibliográfica que realizará o alumno para cada unha das prácticas. O alumno discutirá co profesor as conclusións ás que chegou na etapa de preparación do experimento. Se o profesor avalía positivamente o traballo do alumno, éste será autorizado a comezar o traballo experimental.
iii) Unha sesión de atención personalizada na que se completará a avaliación do alumno, e na que se procurará orientalo sobre posibles carencias na súa formación.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta 0
 
Observacións avaliación

Tal e como se recolle na sección "Metodoloxías", o alumnado será availado mediante unha proba obxectiva. Esta proba consistirá na preparación, realización e presentación de dous experimentos: A síntese e caracterización dun composto de coordinación, e a síntese e caracterización dun sólido inorgánico non molecular. A proba obxectiva comezará coa entraga dos guións dos experimentos a realizar. A continuación o alumnado disporá dun tempo dunhas 8 horas para a planificación dos experimentos. Unha vez planificados, realizarase unha entrevista para avaiar a preparación previa, e o alumnado comezará o traballo experimental. Unha vez concluído, avaliarase o traballo experimental cunha segunda entrevista. A availación final terá en conta a preparación e realización dos experimentos, así como as conclusións obtidas e o diario de laboratorio que será entregado ao profesor á conclusión da proba.


Fontes de información
Bibliografía básica D. F. Shriver, P. W. Atkins, C, H. Langford (1998). Química Inorgánica. Editorial Reverté, Barcelona
Cotton e Wilkinson (1986). Química Inorgánica Avanzada”, 4ª Ed.. Limusa-Wiley. México
Dann (2000). Reactions and Characterization of Solids. Royal Society of Chemistry. Cambridge

Bibliografía complementaria Wilkinson e outros (1986). Comprehensive Coordination Chemistry. Pergamon Press, Oxford
W. McCleverty e outros (2004). Comprehensive Coordination Chemistry II. Elsevier-Pergamon, Amsterdam
Nakamoto (1997). Infrared and Raman Spectra of Inorganic and Coordination Compounds, 5ª Ed.. Wiley & Sons, New York
Lever (1984). Inorganic Electronic Spectroscopy. 2ª Ed.. Elsevier. Ámsterdam
Schlessinger (1965). Preparación de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio. Continental, México
Wells (1979). Química Inorgánica Estructural. Reverté, Barcelona
Brauer (1958). Química Inorgánica Preparativa. Editorial Reverté, Barcelona
Angelici e outros (1999). Syntesis and Techniques in Inorganic Chemistry”. 3ª Ed.. University Science Books. Sausalito


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Ciencia dos Materiais/610311506
Ampliación Química Inorgánica/610311503
Ampliación de Experim. Quím. Inorg. Avanzada/610311504

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica II/610311204
Experimentación en Síntese Inorgánica/610311205
Química Inorgánica I/610311105
Química Física/610311202
Introdución a Espectroscopia/610311304
Química Inorgánica Avanzada/610311402

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías