Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Prevención, xestión e auditorías ambientales Código 610475404
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Métodos Matemáticos e de Representación
Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Jacome Burgos, Alfredo
Soto Castiñeira, Manuel
Suarez Lopez, Joaquin
Correo electrónico
alfredo.jacome@udc.es
m.soto@udc.es
joaquin.suarez@udc.es
Web http://webs.uvigo.es/masterbiotecnoloxiaavanzada/
Descrición xeral Esta materia forma parte do módulo de especialización en Biotecnoloxía ambiental, común tanto ao itinerario profesional como ao académico-investigador. Trata aspectos básicos da xestión ambiental tanto de tipo xeral como aplicados á actividade empresarial e industrial. Os distintos temas serán impartidos por un equipo interdisciplinar, cuxos membros pertencen a diversas institucións universitarias e empresas:
- Avaliación de Impacto Ambiental: Victoriano de la Torre Cancelo (v.delatorre@adantia.es) e Francisco Burgo Fernández ( f.burgo@eyser.com)
- Xestión e auditorías ambientais: Maite Valiño Borrego (maitevalino@valoraconsultores.com)
- Análise do ciclo de vida (LCA) e pegada ecolóxica (PE): Enrique Roca (enrique.roca@usc.es) e Marta Herva Iglesias (marta.herva@usc.es)
- Xestión de Residuos: Manuel Soto (sotoc@udc.es)
- Xestión Integral da Auga: Joaquín Suárez (jsuarez@udc.es)

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A18 Posuír un amplo coñecemento dos aspectos éticos e legais que afectan as diferentes disciplinas relacionadas coa Biotecnoloxía.
A19 Coñecer todos os aspectos legais no ámbito da Biotecnoloxía.
A20 Saber implantar os sistemas de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo coas normativas vixentes.
A26 Coñecer as aplicacións da biotecnoloxía ao desenvolvemento sostible.
A27 Coñecer a problemática da contaminación ambiental e saber facer avaliacións do impacto ambiental.
A30 Coñecer e saber utilizar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao control da mesma e á minimización dos seus efectos.
A31 Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental.
B3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
B5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
B7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
B10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
B15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e saber utilizar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao control da mesma e á minimización dos seus efectos. AM18
AM30
BM10
BM15
CM4
Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental. AM20
AM31
BM3
CM6
Saber realizar estudos de impacto ambiental. AM19
AM20
AM27
BM3
BM5
CM3
CM6
Saber levar a cabo análises de ciclo de vida de produtos e actividades e de pegada ecolóxica AM26
BM3
BM7
CM3
Saber xestionar o uso da auga con criterios de eficiencia e sustentabilidade AM18
AM30
BM15
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. Evaluación de Impacto Ambiental 1.1. NORMATIVA BÁSICA DE REFERENCIA SOBRE EVALUACIÓN AMBIENTAL
1. 2 PROCEDEMENTOS BÁSICOS DE EVALUACIÓN AMBIENTAL
1. 3 ALCANCE DOS DOCUMENTOS E ESTUDOS AMBIENTAIS. OBXECTIVOS E PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN
1.4. Casos práctivos
2. Xestión e auditorías ambientais 2.2. Sistemas de xestión ambiental. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS.
3. Análise do ciclo de vida (LCA) e Pegada Ecolóxica (PE) 3.1. Sostenibilidade. Metodoloxías de avaliación ambiental. Análise de Ciclo de Vida (ACV) e Pegada Ecolóxica (PE). Introdución. Definicións. Aplicabilidade. Metodoloxías de cálculo.
3.2. Metodoloxía ACV ISO 14040. Definición de obxectivos e alcance do estudo. Recompilación e análise de inventario. Avaliación de impacto. Interpretación. Métodos de avaliación de impacto. Método do CML (método midpoint). O Ecoindicador 99 (método endpoint). A Pegada de Carbono (PC).
3.3. Metodoloxía de Pegada Ecolóxica. Método composto ou por compoñente. Inventario de ciclo de vida. Aplicación á avaliación de procesos e produtos. Factores de produtividade e rendemento.
3.4. Exemplo de aplicación. Avaliación do proceso de obtención de etanol por fermentación. Aplicación das metodoloxías de ACV, PE e PC. Software para ACV. Avaliación de cargas ambientais en proceso. Perfil ambiental dun produto.
4. Xestión de Residuos 4.1. Inventarios e clasificación de residuos. Caracterización. Planificación da xestión.
4.2. Introdución ás tecnoloxías limpas. Planificación da minimización. Plan de minimización. Auditoría dirixida á minimización. Exemplos.
4.3. Reutilización e reciclaxe de residuos. Recollida selectiva de residuos perigosos e non perigosos. Clasificación para a reciclaxe.
5. Xestión Integral da Auga 5.1. O ciclo urbano tradicional do uso da auga. Aspectos cuantitativos; aspectos cualitativos e contaminación-calidade . Conceptos da xestión da auga..
5.2. Directiva Marco da Auga. Novos principios e a súa aplicación. A Planificación Hidrolóxica.
5.3.- O urbano e estratexias de sostibilidade dos recursos hídricos: augas grises, a reutilización das augas residuais, aproveitamento das augas pluviais (vivenda, edificio, subconca urbana).
5.4. Estratexias “Water sensitive urban design” e “Low impact development”.
5.5.- As estratexias de control das emisións: control das verteduras. A Directiva 91/271 para augas residuais urbanas. Ordenanzas municipais. Regularización das verteduras. Canon de control. Canon da auga de Galicia.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Sesión maxistral 13 9.75 22.75
Seminario 8 6 14
Análise de fontes documentais 2 1.5 3.5
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 3 3
Proba obxectiva 1.5 0 1.5
Traballos tutelados 0 28 28
 
Atención personalizada 1.75 0 1.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do programa e guía da materia. Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos chave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas, textos e outros materiais que considere oportuno.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.
Por tanto, os seminarios concíbense como traballo práctico no que tratar problemas reais ou teóricos.
Análise de fontes documentais Empregarase un artigo científico ou técnico para a presentación dunha cuestión relacionada coa materia. O alumno/a estudará previamente o material, que despois será analizado e debatido no grupo coa participación do do profesor.
Eventos científicos e/ou divulgativos Esta acitividade poderá ser diferente para cada un dos/as alumnos/as, que asistirán ao evento e elaborarán un resumo crítico do mesmo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados na análise de fontes documentais, seminarios e sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realizaranse traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema a proposta do profesor ou do/a alumno/a, identificación preliminar da documentación e da metodoloxía, elaboración dun guión xeral, sesións periódicas co profesor ou correo-e para o seguimento e preparación do informe ou memoria, entrega da memoria final, revisión e, de ser o caso, corrección polo alumno/a.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en tutorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 15
Seminario Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 4
Análise de fontes documentais Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a. 3
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación e memoria 3
Proba obxectiva Cuantificación da porcentaxe de respostas correctas. 50
Traballos tutelados Proceso interactivo de realización, traballo en grupo e calidade da memoria. 25
 
Observacións avaliación

Establécese un prazo máximo de 15 días naturais para a entrega das memorias dos traballos por parte dos alumonos/as, agás acordo explícito co profesor en casos concretos. A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica H. Jacobsen and M. Kristoffersen (2002). Case studies on waste minimization practices in Europe. EEA Report nº 2
(2005). Effectiviness of packaging waste management systems in selected countries: an EEA pilot study . EEA Report nº 3
Guineé, J.B. (2001). Life cycle assessment. An operational guide to the ISO standards. Final report, Part 2. . Centre of Environmental Science (CML), Leiden University, Holanda.
Institut Cerdá (1995). Manual de Minimización de Residuos y Emisiones Industriales: Tomo 1: Plan de Minimización; Tomo 2: Auditorías orientadas a la minimización; Tomo 3: Buenas Prácticas.. Publicaciones del Institut Cerdá.
ISO (International Organization for Standardization) (2009). Normas ISO, Serie 14040. . www.iso.org
X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES. Diaz de Santos, Madrid
Baumann, H.; Tillman, A.M. (2004). The hitchhiker's guide to LCA : an orientation in life cycle assessment methodology and application. . Sweden : Studentlitteratur, cop.
Metcalf and Eddy. (). Wastewater Engineering: Treatment and reuse”. . International Edition. McGraw Hill.
Parlamento e Consello da UE (2000). “Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 23 de octubre de 2000, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas”.
(Julio 2009). “Evaluating options for water sensitive urban design – A National guide” . Join Steering Committee for water Sensitive Cities (JSCWSC)
(). “WSUD -“Water Sensitive Urban Design. Engineering procedures”. CSIRO Publishing.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
PROXECTO FIN DE MÁSTER/610475006
PRÁCTICAS EXTERNAS/610475007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contaminación ambiental/610475401
Tecnoloxía ambiental e xestión da auga/610475402
Tecnoloxía ambiental e xestión do solo e aire/610475403

Observacións

Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia atópase en inglés, e recomendable ter coñecementos desta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías