Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Fronteiras na Química Inorgánica Actual Código 610500004
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Platas Iglesias, Carlos
Sanchez Andujar, Manuel
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
m.andujar@udc.es
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia Optativa dentro da Especialidade en Química do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión ambiental. A súa finalidade fundamental é a de proporcionar ao alumnado unha visión xeral dos aspectos máis modernos, e con maior peso específico, do ámbito académico e de investigación da Química Inorgánica moderna. Farase particular fincapé sobre aspectos relacionados coas aplicación tecnolóxicas, industriais e médicas dos compostos inorgánicos. A materia pretende ser de utilizade ao alumnado que pretenda iniciarse na actividade investigadora non só no ámbito da Química Inorgánica, senón tamén noutras áreas relacionadas, como a Química Orgánica, a Ciencia dos Materiais, a Química Física, ou a Química Computacional. A materia ten por tanto un elevado carácter multidisciplinar, así como contidos tanto teóricos como prácticos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a relevancia das especies inorgánicas e dos novos materiais nas aplicacións tecnolóxicas, industriais e médicas AM1
AM2
AM3
AM4
AM9
AM22
BM1
BM2
BM5
BM6
BM7
CM4
CM5
CM6
CM11
Comprender as principais ideas do campo da Nanoquímica, as súas aplicacións e perspectivas de futuro dos nanomateriais AM1
AM2
AM3
AM22
BM1
BM2
BM5
BM6
BM7
CM4
CM5
CM6
CM11
Coñecer os fundamentos da Química Supramolecular. AM2
AM8
AM20
BM2
CM4
CM5
CM11
Coñecer diversas técnicas avanzadas de caracterización e modelización de especies inorgánicas AM8
AM9
AM11
AM22
BM5
BM6
CM4
CM5
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1.- Nanoquímica e nanomateriais - Introdución xeral. Principios básicos
- Deseño, preparación e caracterización de nanomateriais
- Propiedades de nanomateriais
- Aplicacións
2.- Química Supramolecular Química Supramolecular. Recoñecemento molecular e autoensablaxe. Enlace de hidróxeno.
3.- Especies Inorgánicas e novos materiais con aplicación tecnolóxicas, industriais e médicas Recorrido polos distintos campos de actividade no ámbito de "Materiais Avanzados": materiais termoeléctricos, magnetorresistivos, pilas de combustible, materiais dieléctricos, MOFs, etc. Principais aplicacións
Sensores fotofísicos: Recoñecemento selectivo de anións e metabolitos.
Axentes de contraste RMI.
Extracción selectiva.
4.- Técnicas avanzadas de caracterización e modelización de especies inorgánicas - Espectroscopias de absorción e emisión electrónica en recoñecemento molecular.

- Química computacional. Cálculos DFT.
TEMARIO PRÁCTICAS
1.- Seminario: Recursos Bibliográficos.
2. Síntese e caracterización de nanomateriais
3.- Propiedades Fotofísicas de grupos cromóforos e fluoróforos en recoñecemento de sustratos.
4.- Química Computacional Aplicada á Química Supramolecular: Exemplos Prácticos
5.- Extracción selectiva de sales inorgánicas.
- Bases de datos e recursos bibliográficos

-Síntese e caracterización de nanopartículas magnéticas

- Determinación de Constantes de Asociación sustrato-receptor mediante métodos espectroscópicos.

- Estudo conformacional en disolución mediante técnicas espectrocópicas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 20 20 40
Estudo de casos 10 10 20
Traballos tutelados 0 20 20
Seminario 8 20 28
Prácticas de laboratorio 10 10 20
Proba obxectiva 2 18 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son clases presenciais en grupo, normalmente en formato de lección maxistral, nas que se expoñerán os contidos formativos teóricos da materia na aula. Expoñeranse os aspectos fundamentais da materia tratada e as claves para que o alumnado posteriormente poida completalos a nivel individual.
Estudo de casos Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos, e neles formularanse e desenvolveranse experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, e interpretaranse os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas e desenvolver a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo, o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos.
Traballos tutelados Complementan á docencia expositiva e aos obradoiros e seminarios. Poderán realizarse mediante emprego das TICs, con resultados publicados en aberto, o que lles proporcionará un valor engadido, ao deixaren de ser un produto de uso interno de alumnado e profesorado e pasar a ser información dispoñible publicamente.
Seminario Impartidos en grupos moi reducidos. Esta metodoloxía esta pensada para realizar actividades de aplicación dos contidos teóricos e de resolución de cuestións, sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc. que o profesor propón con antelación para que o alumno as estude e resolva. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais e fomentar a participación activa e crítica do alumnado.
Prácticas de laboratorio Como complemento das sesións maxistrais realizaranse sesións prácticas de traballo no laboratorio.
Proba obxectiva Utilizarase para avaliar o grao de adquisición de competencias polo alumnado, así como para sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Traballos tutelados
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Para a elaboración do traballo tutelado dirixido, así como das prácticas de laboratorio e estudo de casos, o alumno participará dunha titoría personalizada que lle permitirá resolver posibles dúbidas dun xeito interactivo e que servirá para avaliar a evolución da aprendizaxe autónoma do alumno.
Estas titorías están configuradas coma entrevistas individuais que permiten facer un seguemento e orientación do traballo do alumnado para unha definición clara dos obxectivos e evitar a dispersión de contidos garantindo así que se acaden as competencias descritas na materia.
Asemade, nas sesións maxistrais establecerase unha dinámica de participación activa profesor-alumno de tal xeito que o alumno se implique na resolución de casos prácticos que lle servirán de base para a elaboración do traballo tutelado e/ou para a preparación da proba escrita.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Avaliarase o grao de aproveitamento do traballo práctico realizado, así como os diferentes informes que o alumando terá que emitir. 20
Traballos tutelados Avaliaranse os traballos realizados polo alumnado, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 20
Seminario Cualificarase a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. 10
Proba obxectiva Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test e problemas, que serán similares aos formulados ao longo do curso. 30
Prácticas de laboratorio O profesor avaliará o traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e análise de resultados obtidos. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá sumar un mínimo de 50 puntos (sobre un máximo de 100) entre as diferentes actividades avaliables, así como obter unha cualificación mínima de 15 puntos (sobre 30) na proba mixta.


Fontes de información
Bibliografía básica

Posto que se trata dunha materia multidisciplinar e que presentará aspectos relacionados coa Química Inorgánica máis actual, non existen libros de texto axeitados. A bibliografía será proporcionado polo profesorado ao principio do curso, e consistirá en publicacións científicas, normalmente en forma de “reviews”, así como fragmentos escollidos de libros especializados.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para abordar con garantía o estudo desta materia recoméndase que o alumnado posúa os coñecementos de química propios da titulación grao en Química.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías