Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Esta materia pretende introducir ó alumno no método científico, alcanzar a comprensión dos principios básicos da física nos campos eléctrico e magnético, o electromagnetismo, o movemento armónico e as ondas para chegar a saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais, e aplicalos ó campo da química. |
A1 A3 A12 A14 A15 A19 A20 A22 A23 A24 A25 A27
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Análise dimensional. Análise vectorial. Sistemas de coordenadas |
|
2. Conceptos básicos de mecánica |
|
3. Campo gravitatorio |
|
4. Campo electrostático |
|
5. Electrocinética, corrente continua |
|
6. Campo magnético, inducción magnética e magnetismo na materia |
|
7. Corrente alterna |
|
8. Oscilacións e ondas |
|
9. Radiación electromagnética. Interferencias, difracción. Instrumentos ópticos |
|
Prácticas de Laboratorio: determinacións da constante de aceleración gravitatoria, do coeficiente de elasticidade de un muelle, da resistencia con un puente de Wheatstone, da relación carga/masa do electrón, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos.
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
27 |
67.5 |
94.5 |
Solución de problemas |
9 |
13.5 |
22.5 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
15 |
30 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Durante a sesión maxistral o profesor explicará o tema que corresponda, facendo fincapé no máis relevante para o alumno, e en aqueles aspectos de máis dificultade.
O alumno poderá preguntar todas aquelas cuestións que se lle plantexen no desenvolvemento da mesma.
|
Solución de problemas |
Plantexaranse unha serie de problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os alumnos baixo a supervisión do profesor, en grupos reducidos. O profesor poderá recoller o traballo dos alumnos para ser evaluado. |
Prácticas de laboratorio |
O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor. |
Proba mixta |
É a proba para a avaliación dos coñecementos que permite ó profesor a valoración do nivel de aprendizaxe do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As horas de atención personalizada (titorías) poñen ó profesor a disposición do alumno de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis o profesor convocará, periódicamente, ós alumnos a titorías coa intención de que reciban a necesaria orientación.
Os alumnos chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. As carencias que os alumnos arrastren de cursos anteriores non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Valoraranse a asistencia e participación. Poderánse recoller exercicios ou cuestións propostas durante algunha das sesions. |
7.5 |
Prácticas de laboratorio |
A asistencia e participación nas prácticas é obligatoria, polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación, á entrega de resultados e cuestión plantexadas durante as sesións de prácticas e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. |
15 |
Solución de problemas |
Valoraranse a asistencia e participación. Ademáis poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. |
7.5 |
Proba mixta |
Exame que computa o 70 % da nota final |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5). As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas para o dito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fidalgo J. A. y Fernández M. R. (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Matemáticas 1/610G01001 | Física 1/610G01003 |
|
Observacións |
É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. Recoméndase asistir ó curso de nivelación que se imparte na Facultade de Ciencias no mes de setembro. |
|