Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Física 2 Código 610G01004
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física
Coordinación
Rilo Siso, Esther
Correo electrónico
esther.rilo.siso@udc.es
Profesorado
Rico Varela, Maite
Rilo Siso, Esther
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
esther.rilo.siso@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia que é o elo entre as Matemáticas coa Química no sentido de dar unha formulación formal das observacións científicas que permiten o establecemento de leis e resultados sen os que non é posible “pechar” o método científico. As leis da física proporcionan os ingredientes básicos nos que se apoian a maioría das ciencias, así como a instrumentación e técnicas de medida que se utilizan en todos os campos científicos, e moi especialmente na química. De aí a súa importancia e presenza no primeiro curso da titulación.

Preténdese introducir ó alumno no método científico, alcanzar a comprensión dos principios básicos da física fundamentalmente nos campos da electricidade, magnetismo e ondas. Chegar a saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais, e aprender a aplicar os coñecementos físicos ó campo da química.

Os descriptores son: conceptos de mecánica, concepto de campo e a súa aplicación ó campo gravitatorio e eléctrico, principios de electromagnetismo e ondas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A27 Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Esta materia pretende introducir ó alumno no método científico, alcanzar a comprensión dos principios básicos da física nos campos eléctrico e magnético, o electromagnetismo, o movemento armónico e as ondas para chegar a saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais, e aplicalos ó campo da química. A1
A3
A12
A14
A15
A19
A20
A22
A23
A24
A25
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Análise dimensional. Análise vectorial. Sistemas de coordenadas
2. Conceptos básicos de mecánica
3. Campo gravitatorio
4. Campo electrostático
5. Electrocinética, corrente continua
6. Campo magnético, inducción magnética e magnetismo na materia
7. Corrente alterna
8. Oscilacións e ondas
9. Radiación electromagnética. Interferencias, difracción. Instrumentos ópticos
Prácticas de Laboratorio: determinacións da constante de aceleración gravitatoria, do coeficiente de elasticidade de un muelle, da resistencia con un puente de Wheatstone, da relación carga/masa do electrón, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos.




Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 27 67.5 94.5
Solución de problemas 9 13.5 22.5
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante a sesión maxistral o profesor explicará o tema que corresponda, facendo fincapé no máis relevante para o alumno, e en aqueles aspectos de máis dificultade.
O alumno poderá preguntar todas aquelas cuestións que se lle plantexen no desenvolvemento da mesma.
Solución de problemas Plantexaranse unha serie de problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os alumnos baixo a supervisión do profesor, en grupos reducidos. O profesor poderá recoller o traballo dos alumnos para ser evaluado.
Prácticas de laboratorio O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor.
Proba mixta É a proba para a avaliación dos coñecementos que permite ó profesor a valoración do nivel de aprendizaxe do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As horas de atención personalizada (titorías) poñen ó profesor a disposición do alumno de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis o profesor convocará, periódicamente, ós alumnos a titorías coa intención de que reciban a necesaria orientación.

Os alumnos chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. As carencias que os alumnos arrastren de cursos anteriores non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valoraranse a asistencia e participación. Poderánse recoller exercicios ou cuestións propostas durante algunha das sesions. 7.5
Prácticas de laboratorio A asistencia e participación nas prácticas é obligatoria, polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación, á entrega de resultados e cuestión plantexadas durante as sesións de prácticas e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. 15
Solución de problemas Valoraranse a asistencia e participación. Ademáis poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. 7.5
Proba mixta Exame que computa o 70 % da nota final 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas.

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas para o dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Fidalgo J. A. y Fernández M. R. (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas 2/610G01002

Materias que continúan o temario
Matemáticas 1/610G01001
Física 1/610G01003

Observacións

É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. Recoméndase asistir ó curso de nivelación que se imparte na Facultade de Ciencias no mes de setembro.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías