Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Química 1 Código 610G01007
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Lopez Torres, Margarita
Correo electrónico
margarita.lopez.torres@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Lopez Torres, Margarita
Sanchez Andujar, Manuel
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
m.andujar@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web
Descrición xeral A materia “Química” do Grao en Química forma parte dos 60 créditos do Módulo de Formación Básica en Ciencias. A súa finalidade é proporcionar ao alumnado competencias e coñecementos homoxéneos sobre os principios básicos da química sobre os que se desenvolverán, a través das materias específicas, as competencias propias do título.

A “Química 1” é a primeira das catro materias nas que, por razóns de planificación docente, foi dividida a materia "Química" no plano de estudos da UDC. Nela introduciranse, a un nivel básico e meramente cualitativo, a estrutura da materia, átomos, elementos e compostos, partindo tanto do modelo de interaccións entre núcleos atómicos e electróns como dos de interaccións entre átomos; plantexando a relación existente entre estrutura e propiedades e a maior ou menor capacidade dos modelos para xustificalas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A2 Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A8 Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Formular e nomear sustancias inorgánicas e orgánicas sinxelas. A1
B1
B3
Coñecer as principais partículas que forman a materia, dende o punto de vista do Químico (electróns e núcleos) A3
A8
A14
A16
B1
B2
B3
C6
Coñecer a composición do núcleo atómico e as súas principais reaccións A1
A4
A16
A24
A25
B1
B2
B3
B4
C6
Coñecer de forma crítica e comparada os principais modelos atómicos e o seu desenvolvemento histórico así como a súa aplicación ao estudo das propiedades periódicas. A2
A8
A14
A16
B1
B2
B3
B4
C6
Coñecer a táboa periódica dos elementos e as propiedades dos átomos segundo a súa posición na mesma. A2
A8
A14
A16
B1
B2
B3
B4
C6
Coñecer os principais modelos de enlace e a súa aplicación aos diversos tipos de especies químicas. A3
A6
A8
A9
A14
A16
B1
B2
B3
B4
C6
Aplicar o modelo de orbitais moleculares á descrición da estrutura electrónica dos principais tipos de especies A3
A6
A8
A14
A16
B1
B2
B3
B4
C6

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución
2.- Formulación e nomenclatura
3.- Estrutura da Materia e Modelos de Partículas
4.- Modelo Ondulatorio do Átomo de Hidróxeno
5.- Modelo Ondulatorio de Átomos Polielectrónicos
6.- A Táboa Periódica e as propiedades periódicas
7.- Introdución aos modelos de enlace
8.- Modelo de Lewis
9.- Teoría da repulsión dos pares de electróns da capa de valencia
10.- Teoría do enlace de valencia
11.- Forzas intermoleculares
12.- Sólidos covalentes
13.- Estrutura e enlace nos metais
14.- Estructura e enlace nas sales
15.- O Modelo de Orbitais Moleculares
16.- O núcleo atómico

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 24 48 72
Solución de problemas 12 30 42
Proba mixta 3 9 12
Obradoiro 10 10 20
Proba obxectiva 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais pasarase revista aos contidos dos correspondentes temas, sinalando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. Coa fin de que o alumnado poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ter lido previamente o correspondente tema na bibliografía recomendada, e respostar un test relacionado coa lectura. A realización destes test será imprescindible para poder asistir, e por tanto ser cualificado, nas clases de problemas e obradoiros relacionados cos contidos do mesmo.
Solución de problemas Esta metodoloxía utilizarase para a resolución de problemas e cuestións, propostas con antelación ao alumnado, a fin de que éste poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. Ao comezo de cada sesión, o alumnado deberá entregar o traballo orixinal realizado (recoméndase que se quede cunha copia, posto que o orixinal non será devolto), que será analizado periódicamente polo profesorado non só a efectos de avaliación, senón sobre todo para poder prestar o apoio axeitado ao estudo da materia.
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará na data fixada no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é contribuir á avaliación do nivel de competencias adquirido polo alumnado no conxunto da materia.
Obradoiro Están concebidos como un conxunto de actividades eminentemente prácticas, nas que o alumnado debe participar de maneira activa. Neles resolveranse as dúbidas sobre calquera aspecto relacionado tanto coas sesións maxistrais, como co traballo que o alumnado realice sobre a materia. O seu principal obxectivo é completar e afondar naqueles aspectos do temario máis relevantes e/ou de difícil comprensión.
Proba obxectiva Periódicamente, nas sesións maxistrais ou nos obradoiros, levaranse a cabo probas curtas destinadas tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias polo alumnado, como a sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade. Estas probas serán de tipo test ou de resposta breve, e non se anunciará a súa data de realización. Tanxencialmente, esta actividade pretende fomentar que o alumnado adquira o hábito de aplicar un esforzo máis ou menos constante ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta baséase no traballo do estudantado, que se converte así no protagonista principal do proceso ensino-aprendizaxe. Para que o estudantado obteña un rendemento óptimo do seu esforzo é capital que exista unha interacción contínua e estreita alumnado-profesorado, de maneira que o último poida guiar ao primeiro neste proceso. Esta interacción darase de maneira especial nos obradoiros e sesións de resolución de problemas. A través da interación alumnado-profesorado, así como das diferentes actividades de avaliación, determinarase ata que punto o alumnado acadou os obxectivos competenciais establecidos en cada unidade temática, e decidirá o alumnado que precisa atención personalizada a través de titorías individualizadas. Polo tanto, periódicamente o profesorado convocará aos alumnos a titorías, que se celebrarán nos horarios máis axeitados para cada estudante, coa intención de que reciban a necesaria orientación.
Con independencia das titorías propostas polo profesorado, o estudantado pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces o desexe, e no horario que lle resulte máis adecuado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso. O estudantado deberá obter nesta proba un mínimo de 20 puntos (sobre un máximo de 50) para poder superar a materia. 50
Solución de problemas Cualificarase a participación do alumnado nas correspondentes clases de problemas. Tamén se poderán avaliar os boletíns que o alumando terá que entregar antes da clase de problemas, así como algún exercicio breve que se realizará nas mesmas. 20
Obradoiro Cualificarase a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. A cualificación obtida utilizarase para matizar ao alza a nota final. Esta matización á alza poderá supoñer ata 10 puntos sobre un máximo de 100. 0
Proba obxectiva Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. Non se informará das datas de realización destas probas obxectivas. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá sumar un mínimo de 50 puntos (sobre un máximo de 100) entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, solución de problemas, obradoiro e proba obxectiva), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 50) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no
caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará
como suspensa (4.5).

Aínda que as respostas aos test previos ás sesións expositivas non forman parte da avaliación da materia, considéranse unha ferramenta fundamental dentro da metodoloxía docente deseñada. En consecuencia, aqueles membros do alumnado que non resposten a algún test, ou o fagan dunha maneira manifestamente neglixente, non poderán participar de forma activa nas actividades relacionadas e, obviamente, non serán avaliados nelas.

A cualificación da materia baséase na avaliación continuada do rendemento del alumnado; de modo que se considerará que éste preséntase á avaliación se participou activamente nun conxunto de actividades avaliables que representen máis do 20% da cualificación da materia.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continuada”, e de acordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, nesta oportunidade realizarase de novo a proba mixta e á cualificación obtida nesta sumarase a obtida durante o curso nas outras actividades (clases de solución de problemas, obradoiros e probas obxectivas). As porcentaxes serán as mesmos que na “primeira oportunidade”. O alumnado que sexa avaliado na chamada “segunda oportunidade” só poderá optar á matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondente curso non fora cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”. No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Petrucci, R. H.; Herring, F. G.; Madura, J. D.; Bissonnette, C. (2011). Química General, 10 Ed.. Pearson Education, Madrid
Petrucci, R. H.; Hartwood, W. S.; Herring, F. G. (2003). Química General, 8ª Ed.. Pearson Education, Madrid

Ambas referencias corresponden a distintas edicións do mesmo texto, e pódense usar indistintamente.

Bibliografía complementaria J. Casabó i Gispert (1996). Estructura Atómica y Enlace Químico. Barcelona, Editorial Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química 4/610G01010

Materias que continúan o temario

Observacións

Para abordar con garantía o estudo desta materia o alumnado precisa os coñecementos de química propios do bacharelato



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías