Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecemento da nomenclatura, a estrutura e a reactividade dos grupos funcionais orgánicos. Coñecemento do equilibrio químico, entropía, enerxía libre, equilibrio ácido-base, equilibrio de formación de complexos, equilibrio de solubilidade, equilibrio rede-ox e electroquímica. |
A1 A4 A6 A7 A12 A14 A16 A23 A25
|
B1 B2 B3 B4 B7
|
C1 C3 C6
|
Resolución e exposición de problemas relativos á química dos grupos funcionais orgánicos, ao equilibrio químico e tipos de reaccións químicas (ácido-base, formación de complexos, solubilidade e redox). |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
|
-Destreza na busca bibliográfica de aplicacións reais e de investigación relacionados cos contidos da materia. |
|
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. - Química dos grupos funcionais orgánicos. |
Introdución aos compostos orgánicos e as súas estruturas. Clasificación dos compostos orgánicos segundo grupo funcional. Reactividade e principais tipos de reaccións orgánicas. Estereoisomería. |
Tema 2. - O equilibrio químico. |
Condición xeral de equilibrio. Constante de equilibrio. Equilibrios homoxéneos e heteroxéneos. Relación entre cinética e equilibrio químico. O cociente de reacción. Factores que afectan ao equilibrio químico. Principio de Le Chatelier. Equilibrio e enerxía libre de Gibbs. |
Tema 3. - Equilibrio ácido-base. |
Acidez e basicidade: definición de Arrhenius, Brönsted e Lewis. Autoionización da auga. Concepto de pH. Forza de ácidos e bases. Constantes de ionización. Acidos polipróticos. Disolucións de sales: hidrólise. Efecto do ión común. Disolucións amortecedoras. Indicadores ácido-base. Valoracións ácido-base. Equilibrio ácido-base no medio non acuoso. Modelo de Pearson. |
Tema 4. - Equilibrio de solubilidade. |
Solubilidade de sales e produto de solubilidade. Reaccións de precipitación e o cociente de reacción. Precipitación fraccionada. Factores que inflúen na solubilidade dos sales: efecto do ión común, efecto salino, pH e formación de complexos. Solubilidade e análise cualitativa. |
Tema 5. - Equilibrio de formación de complexos. |
Consideracións xerais. Tipos de ligandos. Constantes de formación e disociación. Reaccións ácido-base dos ións complexos. Aspectos cinéticos. Aplicacións dos compostos de coordinación. |
Tema 6. - Equilibrio de oxidación-redución. |
Procesos de oxidación-redución en disolución acuosa. Potenciais normais de electrodo. Constantes de equilibrio dunha reacción redox. Potencial de cela e enerxía libre de Gibbs. Ecuación de Nernst. Equilibrios mixtos: influencia doutros equilibrios. |
Tema 7. - Electroquímica. |
Fundamentos de electroquímica. Condución eléctrica. Electrodos. Celas electroquímicas. Potencial de cela e concentración. Aplicacións electroquímicas. Electrólise. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
14 |
21 |
35 |
Seminario |
10 |
24 |
34 |
Traballos tutelados |
8 |
28 |
36 |
Prácticas de laboratorio |
20 |
20 |
40 |
Proba mixta |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor expoñerá os contidos fundamentais de cada un dos temas. Para o seu mellor aproveitamento, os alumnos dispoñerán con antelación ao desenvolvemento destas sesións dos materiais docentes axeitados para a súa preparación persoal. Impartirase en grupo grande. |
Seminario |
Sesións dedicadas á resolución de problemas e cuestións coa participación activa do alumnado. Impartirase en grupo grande. |
Traballos tutelados |
Nas 8 sesións programadas o profesor encomendará aos alumnos a preparación por escrito con suficiente antelación dalgúns problemas que deberán entregar con anterioridade ao desenvolvemento das clases en grupo reducido. Nestas sesións, os alumnos presentarán oralmente algún dos problemas e responderán ás cuestións que se formulen ao respecto (oral ou escrita) para a súa avaliación. |
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o alumno desenvolverá exemplos experimentais dos contidos teóricos expostos na aula. Será fundamental a realización dos prelaboratorios antes de realizar a práctica correspondente (senón o alumno non poderá realizar a devandita práctica), así como levar ao día a libreta de laboratorio, de acordo coas indicacións do profesor. |
Proba mixta |
O alumno deberá realizar unha proba mixta que permita comprobar o grao de comprensión que adquiriu da materia. Nela incluiranse cuestións teóricas combinadas, exercicios numéricos e cuestións sobre as prácticas realizadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
O traballo desenvolvido por parte do alumno nos seminarios, traballos tutelados e prácticas de laboratorio implica unha atención personalizada por parte do profesor tanto na resolución de dúbidas, como orientación á preparación destes, corrección de cuestionarios, indicación de fallos de comprensión, etc.
Ademais, o profesor citará o alumno de forma individual para poder comentar de xeito máis profundo como avanza o seu proceso de aprendizaxe da materia.
Por outra parte, todos os alumnos poderán consultar ao profesor calquera aspecto da materia no horario de titorías establecido para tal efecto. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Para avaliar a asimilación e progresión do alumno, nas clases en grupo reducido terase en conta a preparación previa, a participación activa e a exposición oral de problemas encomendados asi como as respostas ás cuestións formuladas nas devanditas sesións. Ademais, o profesor citará o alumno de forma individual para poder comentar de xeito máis profundo como avanza o seu proceso de aprendizaxe da materia.
Por outra parte, todos os alumnos poderán consultar ao profesor calquera aspecto da materia no horario de titorías establecido para tal efecto. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, o caderno de laboratorio, etc. |
15 |
Proba mixta |
Valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia así como a resolución de problemas ou exercicios numéricos. Tamén se valorarán cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia formúlanse dous requisitos básicos:
- A realización das prácticas e os traballos tutelados é condición necesaria para superar a materia.
-Alcanzar unha cualificación mínima en cada unha das actividades avaliables. Tanto na proba mixta coma nas prácticas e os traballos tutelados esta cualificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10). En calquera caso, para aprobar a materia a suma das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).
O alumno obterá a cualificación de non presentado cando realice menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente á proba mixta. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados poderán conservarse na segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da oportunidade de xuño. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación continua, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar un novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.
Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2011). Química General: principios y aplicaciones modernas. 10ª Ed., Prentice Hall, Madrid. |
-Tamén existen edicións anteriores do libro de texto recomendado Petrucci. Por exemplo na biblioteca disponse de exemplares da 8ª Ed., con referencia: QX-240. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
Atkins, P.; Jones, L. (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento. 5ª Ed., Madrid: Ed. Médica Panamericana.
Reboiras, M.D. (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson Paraninfo, S.A.
Chang, R. L. (2013). Química. 11ª Ed., México: Mc Graw Hill.
Reboiras, M.D. (2006 ). Química. La ciencia básica . Madrid, Thomson Paraninfo, S.A. |
En xeral calquera libro de texto de química xeral serve como guía de estudo para a materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Analítica 1/610G01011 | Química Física 1/610G01016 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Orgánica 1/610G01026 | Laboratorio de Química/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química 1/610G01007 | Química 4/610G01010 |
|
Observacións |
Co fin de superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno teña unha serie de coñecementos previos de química e de matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos, identificación carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, expoñentes, cálculo diferencial e integral, etc. |
|