Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Química 4 Código 610G01010
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Analítica
Química Fundamental
Coordinación
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
d.vazquezg@udc.es
Profesorado
Carlosena Zubieta, Alatzne
Castro Garcia, Socorro
Lopez Mahia, Purificacion
Lopez Torres, Margarita
Moreda Piñeiro, Jorge
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Turnes Carou, Maria Isabel
Vazquez Garcia, Digna
Correo electrónico
alatzne.carlosena@udc.es
socorro.castro.garcia@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
margarita.lopez.torres@udc.es
jorge.moreda@udc.es
rosa.soto.ferreiro@udc.es
isabel.turnes@udc.es
d.vazquezg@udc.es
Web
Descrición xeral No primeiro curso do actual Grao en Química hai un módulo denominado "Química", de carácter "básico da rama de ciencias", que no seu conxunto aborda os conceptos fundamentais e básicos da química. Este módulo contén 4 asignaturas: "Química 1", "Química 2", "Química 3" e "Química 4". Sendo esta última a única asignatura esencialmente experimental de todo o módulo. Nela abórdanse os conceptos fundamentais e básicos do traballo nun laboratorio de química.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A17 Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos. Habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico. Ter destreza de adquirir habilidades experimentais que leven a asimilar outras mais complexas. A1
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A23
A24
A25
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Introdución Tema 1. Aspectos básicos sobre o uso de sustancias químicas.
Etiquetado e almacenamento de sustancias. Gases, disolventes e reactivos. Frases H e P. Fichas MSDS. Calidades de reactivos. Xestión de residuos. Normas de seguridade no laboratorio.

Tema 2. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.
Caderno de laboratorio. Informe de laboratorio.

Tema 3. Consideracións xerais sobre os datos de laboratorio.
Medidas científicas. Exactitude e precisión. Representacións gráficas.

Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico Práctica 1. Manexo e limpeza do material de uso frecuente no laboratorio. Operacións básicas: Cálculos típicos no laboratorio. Medida de masas. Tipos de balanzas. Medida de volumes en líquidos.

Prácticas 2 e 3. Preparación de mesturas e disolucións.

Práctica 4 e 5. Cristalización.

Práctica 6. Sublimación.

Práctica 7. Destilación.

Práctica 8. Extracción líquido-líquido.

Práctica 9. Cromatografía en papel.

Prácticas 10 e 11. Estequiometría. Reactivo limitante. Preparación dunha corrente dun gas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 9 18 27
Prácticas de laboratorio 42 63 105
Proba mixta 3 0 3
Traballos tutelados 7 7 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de aula: Son sesións de 3 horas de duración que terán lugar durante os primeiros días do curso. Nelas abordaranse os temas do bloque da Introdución. Constarán dunha parte expositiva ónde o profesor explicará os conceptos fundamentais de cada tema para continuar con exemplos concretos de casos prácticos relacionados co tema. Unha hora será impartida por persoal da biblioteca da Facultade de Ciencias para explicar os recursos e manexo básico na biblioteca.
Prácticas de laboratorio Sesións de laboratorio: Son sesións de 3 horas de duración que terán lugar no laboratorio. Nelas realizaranse prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións.
Proba mixta Exame: Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos.
Traballos tutelados Nesta metodoloxía inclúense varios tipos de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o semestre:

Sesións de resolución de problemas: Estas sesións celebraranse á finalización das sesións de aula e/ou laboratorio. Nelas os alumnos resolverán cuestións plantexadas nas clases teóricas.

Titorías anteriores as sesións de laboratorio: Nestas titorías avaliarase o grao de comprensión do guión de cada práctica antes da sesión de laboratorio correspondente. Durante algunhas destas titorías poderanse realizar probas de respostas curtas ou test que axuden a comprobar o grao de consecución dos obxectivos.

Sesións de titorías intermedias: Para comprobar e orientar o traballo dos alumnos (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
(Xa descrito para cada metodoloxía)

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación mediante o seguimento continuo do traballo no laboratorio. Avaliarase tamén o caderno de laboratorio. 60
Proba mixta Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas. 30
Traballos tutelados Avaliación do traballo realizado nas distintas actividades asociadas a esta metodoloxía (sesións de resolución de problemas, titorías anteriores ás sesións de laboratorio e titorías intermedias). 10
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e traballos tutelados) un mínimo de 5 (sobre 10).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados poderían conservarse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica PETRUCCI, R. H.; HARWOOD, W. S.; HERRING, F. G (2003). Química General. Madrid, 8ªEd, Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis
  • GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
  • http://www.udc.es/dep/qf/es/Qi/docencia/sintesis/index.htm

As ligazóns sobre MATERIAL, OPERACIÓNS BÁSICAS e NORMAS DE SEGURIDADE que contén esta páxina Web elaborada por profesorado da área de Química Inorgánica da UDC inclúen imaxes e vídeos moi ilustrativos.

  • http://www.ub.edu/oblq/

Esta páxina Web elaborada por profesorado da UB sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO contén información moi completa sobre prácticamente tódolos aspectos que se van tratar nesta materia. Tamén conta cun soporte de imaxes moi útil.

Bibliografía complementaria (). .
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M.Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química 1/610G01007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías