Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química Código 610G01036
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
m.soto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia se inscribe dentro do segundo cuadrimestre do ultimo curso do grao de química. O obxectivo da mesma é dobre, por unha banda, pretendese que o alumnado teña coñecemento de tódolos pasos que leva á elaboración dun proxecto e, por outra, procurarase que o alumnado traslade eses coñecementos ó eido da química mediante a planificación e desenvolvemento dun proxecto de química dende un punto de vista técnico-económico-social.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A10 Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A26 Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade de deseño e planificación de proxectos en química A11
A15
A16
A22
A25
A26
A28
B3
C1
C3
C5
C6
Coñecementos teóricos dos procesos químicos industriais A1
A3
A4
A5
A6
A7
A10
A12
A14
A16
A18
A21
A23
A24
A25
Capacidade de traballo en equipo B5
B6
B7
Elaborar e escribir memorias e informes de carácter científico e técnico A1
A14
A16
A24
A28
B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE PROXECTOS 1.1. Definición de proxecto
1.2. Clasificación de proxectos
1.3. Características do proxecto
1.4. Ciclo de vida dun proxecto
1.5. O desenvolvemento do proxecto na empresa
1.6. A dirección do proxecto. Características principais da dirección do proxecto
1.7. O director do proxecto: Tipo e características.
1.8.Planificación e programación do proxecto
2. ESTUDOS PREVIOS: VIABILIDADE DO PROXECTOS
2.1. Estudo de viabilidade dos proxectos
2.2. Estudo de mercado
2.3. Localización e tamaño
2.4. Estimación da inversión
2.5. Avaliación económica do proxecto
3. PLANIFICACIÓN E PRESUPOSTO DO PROXECTO 3.1. Estimacións do presuposto do proxecto
3.2. O tempo no proxecto
3.3. Estimación do custe do proxecto
3.4. Optimización de recursos do proxecto
4. ENXEÑERÍA BÁSICA DO PROXECTO 4.1. Base do deseño da enxeñería básica
4.2. Fundamentos básicos do balanzo de materia
4.3. Fundamentos básicos do balanzo de enerxía e a súa utilización.
4.4. Diagramas de fluxo
5. SEGURIDADE NA INDUSTRIA QUÍMICA 5.1. Introdución á seguridade na industria química
5.2. Conceptos básicos na seguridade
5.3. Xestión na seguridade do proxecto
5.4. Lexislación
6. IMPACTO AMBIENTAL DOS PROCESOS QUÍMICOS 6.1. Análise medioambiental do proxecto
6.2. Fontes de contaminación e xeración de residuos
6.3. Minimización de residuos e emisións
6.4. Lexislación
7. CALIDADE DO PROXECTO 7.1. Conceptos básicos da calidade
7.2. Sistema da calidade
7.3. Implantación dos sistemas de calidade no proxecto
7.4. Auditorías de calidade
8. DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO 8.1. Documentación previa
8.2. Proposta
8.3. Informes parciais e análise de resultados
8.4. Informe final
9. ASPECTOS LEGAIS NA PLANIFICACIÓN E EXECUCIÓN DUN PROXECTO 9.1. Lexislación aplicable
9.2. Contratos
9.3. Dereitos de propiedade intelectual

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 26 52 78
Solución de problemas 10 20 30
Traballos tutelados 1 20 21
Seminario 9 9 18
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle con antelación o material docente utilizado polo profesor. A exposición de cada un dos temas apoiárase en medios audiovisuais.
Solución de problemas Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo a de profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso, e se introducirá tamén ó estudante na busca bibliográfica específica e na avaliación e discusión da mesma.
Traballos tutelados Os traballos tutelados poden servir para presentar e discuti-los resultados parciais e finais dun estudo que os alumnos en equipos reducidos teran que realizar ó longo do curso. Este proxecto será avaliado como unha actividade de traballo autónomo ou non presencial.
Seminario Nos seminarios, procurarase un apoio ó alumnado nas dúbidas que lle poidan xurdir na planificación do proxecto de química que están a desenvolver.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que abranguera preguntas teóricas tipo test e exercicios, onde o alumno debe amosa-los seus coñecementos da materia adquiridos ó longo do curso. Esta proba será de modo presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada farase mediante titorias presenciais e por medios telemáticos. A nivel individual o alumno poderá expor as súas dúbidas referentes ás cuestións de carácter práctico plantexadas na clase. E a nivel de grupo reducido onde as dúbidas serán referentes ó proxecto que deberán elaborar ó longo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A presencia activa nas sesións maxistrais computará, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. 10
Solución de problemas Durante a semán entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. A entrega de traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo de 20% da nota final. 20
Traballos tutelados Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará oralmente un pequeno traballo en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria presentada. Do mesmo xeito, avaliarase a claridade na exposición oral do mesmo e o grao de aprendizaxe dos conceptos presentados no curso. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a eleboración e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. 20
Proba mixta Realizarase unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma. 50
 
Observacións avaliación

A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. O peso das partes na nota final será dun 15% para a parte teórica e un 35% para a de resolución de problemas. A nota desta proba sumarase á cualificación dos traballos tutelados obtida no curso. Para supera-la materia será preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior a 4 e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. Para que se teña en conta as calificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima indicada anteriormente para cada unha delas. De non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. 

As calificaciones dos seminarios e traballos tutelados conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

Nos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cabra Dueñas, L., de Lucas Martínez, A., Ruiz Fernández, F. e Ramos Marcos, M.J. (2010). Metodología del diseño aplicado y gestión de proyectos para ingenieros quiímicos. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha
Canon, J.L. , Rebollar, R. e Saenz, M.J. (2003). Curso de gestión de proyectos. Manual del alumno. Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIP)
Cos Castillo, M. de (1997). Teoría General del Proyecto. Volumen I: Dirección de Proyectos. Ed. Síntesis
Cos Castillo, M. de (1998). Teoría General del Proyecto. Volumen II: Ingeniería de Proyectos. Ed. Síntesis
Sapag Chain, N. y Sapag Chain, R. (2000). Preparación y Evaluación de Proyectos. Ed. McGraw-Hill
Sánchez Romero, M.A., Pastor Ferrando, J.P., Aragonés Beltrán, P. e González Cruz, M.C. (2008). Cuestiones y problemas resueltos de dirección y gestión de proyectos. Editorial de la Universidad Politécnica de Valencia
Storch de Gracia, J. N. y García Martín, T. (2008). Seguridad Industrial en Plantas Químicas y Energéticas. Ed. Díaz de Santos
Vian, A. (1991). El Pronóstico Económico en Química Industrial. Ed. Eudema
Peters, M. S., Timmerhaus, K. D. y West, R. E. (2003). Plant Design and Economics for Chemical Engineers. Ed. McGraw-Hill

Sinnott, R. & Towler, G.. (2012). Diseño en Ingeniería Química. Ed. Reverté. 
Bibliografía complementaria


Díaz Martín, A. (2011). Dirección de proyectos : experiencia, arte y excelencia. Ra-Ma editorial
(2002).

Ullman’s Encyclopaedia of Chemical Technology. Ed. Wiley-VCH

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Matemáticas 1/610G01001
Matemáticas 2/610G01002
Física 1/610G01003
Física 2/610G01004
Química 1/610G01007
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009
Química 4/610G01010
Laboratorio de Química/610G01032
Enxeñaría Química/610G01033

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías