Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A2 |
Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A8 |
Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A11 |
Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A13 |
Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
A28 |
Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Mostrar, mediante a planificación, desenvolvemento, elaboración, discusión e defensa do Traballo de Fin de Grao (TFG), que o alumno adquiríu, en conxunto, as competencias plantexadas para o Grao e que está en condicións de obter o título de Grao. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Traballo de Fin de Grao |
Estado da cuestión
Planificación
Metodoloxía
Obtención de resultados
Elaboración dos resultados
Discusión dos resultados
Búsqueda de xeneralidades
Extracción de conclusións
Redacción dunha memoria científico-técnica baseada no traballo realizado
Elaboración dunha presentación científico-técnica
Defensa da memoria e do traballo realizado ante un tribunal |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Investigación (Proxecto de investigación) |
282 |
0 |
282 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
2 |
0 |
2 |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Resumo |
1 |
85.5 |
86.5 |
Presentación oral |
0.5 |
0 |
0.5 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Traballo individual e autónomo do alumno, orientado polo titor do proxecto. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia, por recomendación do titor ou interese persoal, a eventos científicos e / ou divulgativos organizados na Facultade e relacionados coa temática do Grao en Química. A asistencia a estos eventos deber servir para mellorar as competencias en materia de presentación e defensa do propio traballo. |
Actividades iniciais |
Actividade onde se lle explicará ao alumno en que consistirá o seu Traballo de Fin de Grao, se lle proporcionará orientación sobre as fontes bibliográficas que debe manexar, a metodoloxía máis axeitada a empregar e o modo de planificar o seu traballo. |
Resumo |
O alumno deberá presentar unha memoria escrita resumindo toda a labor realizada durante o TFG. Dita memoria deberá incluir, como mínimo, unha introdución, unha sección ou capítulo que recolla os obxectivos, antecedentes existentes sobre o tema que se trate, unha parte relativa aos materiais e métodos ou procedementos experimentais, os resultados obtidos, a súa discusión e análise crítico e razoado, as conclusións que se tiren do traballo, e unha bibliografía. Asemade, cando menos un resumo inicial e as conclusións do TFG deberán estar redactadas en inglés. |
Presentación oral |
Defensa oral do proxecto ante o tribunal de avaliación. Realizarase nun acto público e o alumno terá que defender o seu traballo durante un tempo máximo de 10 minutos seguido dunha quenda de preguntas dos membros do tribunal. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
Actividades iniciais |
Resumo |
|
Descrición |
O titor adicará, como mínimo, o tempo previsto nas normas de POD da UDC para o seguimento do alumno, incluindo a revisión do estado da cuestión, a planificación do TFG, a elección da metodoloxía máis convinte para o desenvolvemento do mesmo, a supervisión dos resultados obtidos, da discusión dos mesmos e da extracción de conclusións. Tamén se supervisará a redacción da memoria de TFG e a elaboración da presentación da mesma. Valoraranse os avances do alumno e realizaranse propostas de mellora. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Avaliación continuada por parte do titor/a |
50 |
Presentación oral |
Presentación do traballo perante un tribunal designado ao efecto e defensa do traballo realizado ante o mesmo. |
20 |
Resumo |
Valorarase a calidade da memoria presentada, prestando especial atención á súa estructura de documento científico. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A matrícula da dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC. A calificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do Tribunal do Traballo de Fin de Grao, e se outorgará tendo en conta os informes do titor académico (e de empresa no seu caso) e a valoración da memoria e defensa do TFG por parte do alumno que faga o tribunal avaliador. Respecto á calificación, recoméndase seguir o criterio da Comisión de Seguimento do Grao en Química: “Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta, cun peso do 50 % sobre o global da cualificación, o informe emitido polo titor. Aplicarase o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no R.D. 1125/2003,[1] de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 (suspenso) b) 5,0-6,9 (aprobado) c) 7,0-8,9 (notable) d) 9,0-10 (sobresaínte) Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador. No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC. No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.” A relación de documentos a presentar por parte dos alumnos/as é: i) Solicitude de defensa e avaliación do TFG ii) Memoria do TFG en papel, por triplicado, dacordo coas normas de presentación establecidas. iii) Unha copia do TFG en soporte dixital, dacordo coas normas de presentación establecidas. A documentación a presentar por parte do titor é: i) Informe de avaliación e autorización do titor académico. ii) Título do traballo en galego, castelán e inglés. iii) Se houbo cotitorización, nome do/a titor/a. No acto de defensa, non antes, o tribunal disporá do informe de avaliación e autorización para presentar o TFG do titor académico, así como da información académica do alumno. [1] Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, de 18 de setembro de 2003).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Seguir as recomendacións dos titores a respeito de bibliografía, etc. |
Bibliografía complementaria
|
R. Holliman, J. Thomas, S. Smidt, E. Scanlon, E. Whitelegg (2009). Practising Science Communication in the Information Age, sections 1-3. Oxford: Oxford University Press
S. Harrad, L. Batty, M. Diamond, G. Arhonditsis (2008). Student Projects in Environmental Science. Chichester: John Wiley & Sons Ltd. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Tal e como establece a normativa da UDC "Sen prexuízo do disposto en cada plan de estudos, o alumno que superase 180 créditos, incluídos todos os da primeira metade, poderá realizar a matrícula do traballo de fin de grao no período ordinario de matrícula, ou nos prazos outorgados para ampliación da matrícula nos estudos de grao ...
O alumno, que teña superados o resto dos créditos da súa titulación, poderá defender o devandito traballo na convocatoria correspondente ao período do primeiro cuadrimestre ou na convocatoria correspondente ao período do segundo cuadrimestre e, de ser o caso, na oportunidade de xullo, ou naquela oportunidade que se fixe atendendo ao réxime especial previsto nas Instruccións mencionadas."
Así, será preciso ter superados 225 créditos do Grao (todas as asignaturas excepto o TFG) para que o alumno poda facer entrega da memoria e proceder á defensa do Traballo de Fin de Grao. |
|