Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Xeobotánica: Xeografía botánica Código 610G02026
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Cremades Ugarte, Javier
Correo electrónico
javier.cremades@udc.es
Profesorado
Barbara Criado, Ignacio Manuel
Cremades Ugarte, Javier
Pimentel Pereira, Manuel
Correo electrónico
ignacio.barbara@udc.es
javier.cremades@udc.es
m.pimentel@udc.es
Web
Descrición xeral A Xeobotánica ou Fitoxeografía é unha ciencia eminentemente integradora que trata de coñecer e racionalizar as relacións da vida vexetal coa súa contorna. Divídese en fitoxeografía, fitocenoloxía e fitoecoloxía. A fitoxeografía estuda todo o referente á localización da biodiversidade vexetal sobre a superficie terrestre. A fitocenoloxía céntrase en estudar as agrupaciones vexetais en sí mesmas e a fitoecoloxía ten posto seu punto de mira no estudo das relacións entre as plantas (autoecoloxía) ou comunidades vexetais (sinecoloxía) e os factores ambientais tanto bióticos como abióticos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A24 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B12 Adaptarse a novas situacións.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Conocer a diversidade das formacións vexetais terrestres e mariñas A1
A2
A27
A29
B1
B4
B8
C1
C3
Entender as relacións entre os vexetais e o medio no que viven A1
A19
A27
A29
B1
B4
B8
C1
C3
Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de comunidades vexetais A1
A2
A6
A11
A20
A27
A29
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C3
Aprender as técnicas de traballo de campo no recoñecemento e inventariado das comunidades vexetais. A1
A4
A6
A29
A30
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B12
Incentivar o interese e motivación para a aprendizaxe da Xeobotánica como ciencia integradora imprescindible para a súa completa formación como biólogos de campo. B1
B3
B9
C4
C7
C8
Apreciar a riqueza en comunidades vexetais da contorna e o seu gran valor florístico e bioxeográfico. A1
A24
A27
A29
B1
B9
B13
C4
C8
Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo acaído e crítico da biblografía. A27
B1
B4
B6
B8
B9
C3

Contidos
Temas Subtemas
Teoría: Introdución 1. Concepto de Xeobotánica. Relación con outras ciencias.
Teoría: Fitocoroloxía e Fitocenoloxía 2. As áreas de distribución fitoxeográfica. Tipoloxía das áreas. Cosmopolitismo. Endemismos. Vías migratorias e elementos relictos. Tipoloxía corolóxica. Introdución ós métodos moleculares de estudo da coroloxía dos vexetales.
3. Os territorios bioxeográficos. Tipoloxía da fitocenose terrestre. Os grandes reinos florísticos da Terra. O Reino Holárctico. Delimitación e caracterización bioclimática. Unidades bioxeográficas do Atlántico norte. Delimitación e caracterización oceanográfica.
4. Estrutura da vexetación. Estrutura física. Estrutura vertical e horizontal. Estrutura biolóxica. Dinámica da vexetación. Concepto de sucesión vexetal e serie de vexetación. Vexetación potencial (climax). Degradación e sucesión secundaria. Tipos de series. Series progresivas e regresivas.
5. Métodos de estudio y clasificación de la vegetación. Antecedentes históricos. Método estructural fisionómico. Método sigmatista.
Teoría: Sinopse da Vexetación Terrestre 6. O Reino Holárctico. Principais tipos de vexetación das rexións Eurosiberiana, Mediterránea e Macaronésica.
7. A vexetación da Península Ibérica. Rexión Eurosiberiana. Provincias corolóxicas. Delimitación e caracterización climática. Características florísticas e vexetacionais. Rexión Mediterránea. Provincias corolóxicas. Delimitación e caracterización climática. Características florísticas e vexetacionais.
8. A vexetación de Galicia. Caracteres xerais. Os Bosques. Características e tipología fitosociolóxica. Clase Pino-Juniperetea. Clase Querco-Fagetea. Clase Quercetea ilicis.
9. Retamares e Matogueiras. Características e tipoloxía fitisociolóxica. Clase Cytisetea scopario-striatii. Clase Calluno-Ulicetea e Clase Cisto-Lavanduletea.
10. Outros tipos de vexetación. Vexetación litoral. Vexetación higrófila e hidrófila. Vexetación rupícola. Vexetación ruderal e arvense. Características xerais y principais tipos.
Teoría: Introdución ó estudo da Vexetación Mariña 11. Medio mariño. Introdución, caracteres xerais e diferenzas co medio continental. División do medio mariño. Clasificación dos factores ecolóxicos influentes na distribución do fitobentos mariño. Factores físicos, químicos e biolóxicos.
12. Ecoloxía do fitobentos. Tipos biolóxicos, ciclos vitais e adaptacións ás condicións do medio. Características xerais das comunidades fitobentónicas.
13. Distribución dos organismos mariños. Distribución vertical ou zonación. Distribución horizontal ou xeográfica. Distribución temporal ou sucesión.
14. Vexetación bentónica mariña no Atlántico Norte e Mediterráneo. Vexetación bentónica mariña de Galicia. Tipos de costa e principais unidades de vexetación.
Seminarios - Introdución ós métodos de análise dos inventarios florísticos.
- Ordeación e clasificación de inventarios florísticos de comunidades terrestres e mariñas.
- Análise da estrutura física, espectro biolóxico e compoñente corolóxica de distintas agrupaciones vexetais terrestres e mariñas.
Prácticas - Saídas ó campo para o recoñecemento e estudo in situ de comunidades vexetais terrestres e mariñas.
- Traballo de laboratorio na identificación do material recolectado nos inventarios realizados.
Estudo de casos -Estudo integral da flora e vexetación dun territorio previamente seleccionado.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 3 40 43
Saídas de campo 12 0 12
Prácticas de laboratorio 6 0 6
Sesión maxistral 21 52 73
Seminario 7 7 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os alumnos en parellas ou pequenos grupos deberán identificar, inventariar e cartografiar as distintas comunidades vexetais de áreas previamente seleccionadas polos profesores. Con este traballo de campo os alumnos realizarán un informe completo do estudo realizado seguindo a estrutura que lles será indicada. Este estudo será presentado como traballo final da materia.
Saídas de campo Realizaranse pequenas saídas a áreas cercanas para a observación e iniciación na metodoloxía de estudo de tipos de vexetación de distintos ambientes: vexetación mariña e marítima, bosques, matogueiras e outros tipos de vexetación.
Prácticas de laboratorio Os alumnos utilizarán as prácticas de laboratorio para o estudo, identificación e revisión das mostras e datos tomados tanto nas saídas ó campo dentro das propias prácticas como nas áreas onde están a realizar o seu caso práctico.
Sesión maxistral O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións que porá a disposición dos alumnos.
Seminario Os alumnos aprenderán e porán en práctica a metodoloxía de estudo dos inventarios florísticos en canto a súa ordeación, clasificación e análise. Estes seminarios realizaranse tanto coa información obtida polos propios alumnos como con información facilitada polos profesores. Os seminarios servirán para que os alumnos poidan elaborar axeitadamente o seu caso práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Saídas de campo
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
Atenderase ó alumno de xeito persoalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas metodoloxías empregadas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Avaliarase a adecuación á estrutura, a análise e discusión dos resultados obtidos e a presentación do traballo elaborado. 40
Saídas de campo Avaliarase a asistencia e actitude do alumno. 5
Sesión maxistral Avaliaranse os coñecementos do alumno no temario da materia mediante unha proba obxectiva escrita que poderá conter preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. 50
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia e actitude do alumno. 5
 
Observacións avaliación

Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade será preciso ter unha participación de a lo menos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o alumno deberá obter cando menos a
cualificación de 4 sobre 10 puntos na prueba obxectiva escrita.

Para poder superar a asignatura na segunda oportunidade (Xullo), o
alumno, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá
realizar unha proba obxectiva escrita semellante á da primeira
oportunidade (60% da cualificación) e unha proba práctica de
identificación de material e traballo con inventarios florísticos (40% da cualificación). As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán
conservadas só durante o correspondente curso académico.

Para obter a cualificación de "non presentado" o alumno no poderá ter
participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA


Bellot,Francisco (Ed.) (1978) El tapiz vegetal de la Península Ibérica. 4ª ed. Blume, Madrid. 423 pp.

Braune, W. & M.D. Guiry (2011) Seaweeds: A colour guide to common benthic green, brown and red algae of the world’s oceans. Gantner Verlag.

Braun-Blanquet,J (1979) Fitosociología. 4ª ed. Blume, Madrid. 544 pp.

Cabioc'h, J., J. Floc'h, A. Toquin, C.F. Le, Ch.-F. Bouduresque, A. Meinesz & M. Verlaque (2006) Guía de las algas del Atlántico y del Mediterráneo. Omega, Madrid.

Cox, C.B. & Moore, P.D. (2010) Biogeography: an ecological and evolutionary approach. 8th ed. Hoboken, NJ. Wiley.

Crawley,Michael J (1986) Varios artículos In: Plant Ecology. (Ed: Crawley,Michael J) Blackwell Scientific Publications, Oxford, 1-50; 253-291.

Dawes, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.

Ehrendorfer, F. (1986). Geobotánica. In: Strasburger, Tratado de Botánica. 7ª ed. española. Marín, Barcelona, 757-914.

Feldmann, J. (1989) Las Algas, 97-324. In: Abbayes, H. des, M. Chadefaud, J. Feldmann, Y. de Ferré, H. Gaussen, P.-P. Grassé & A.R. Prévot. Botánica vegetales inferiores. Ed. Reverté, Barcelona.

Good, R. (1974) The geography of the flowering plants. 4ª ed. Longman, London. 557 pp.

Green, E.P. & F.T. Short (2003) World Atlas of Seagrasses. UNEP World Conservation Monitoring Centre. University of California Press, Berkely. 298 pp.

Hartog, C. den (1970) The Sea grasses of the world. North Holland Publishing Company, Amsterdam, 272 pp.

Huetz de Lemps, A. (1983) La vegetación de la tierra. Akal, Madrid. 263 pp.

Ozenda, P. (1994) Végétation du Continent Européen. Delachaux et Niestlé, Lausanne & Paris. 271 pp.

Peinado Lorca, M.; Rivas-Martínez, S. (Eds.) (1987) La vegetación de España. 4ª ed. Colección Aula Abierta - Univ. Alcalá de Henares, Madrid. 544 pp.

Polunin, O.; Walters, M. (1989) Guía de la vegetación de Europa. 1ª ed. en Español. Ediciones Omega S.A., Barcelona. 236 + 170pl pp.

Smith, R.L. (1990): Ecology and Field Biology. 4ª ed. Harper Collins Publishers, New York.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025
Ecoloxía: Ecoloxía I (individuos e ecosistemas)/610G02039
Ecoloxía: Ecoloxía II (poboacions e comunidades)/610G02040

Observacións

O número e localidades onde se realizarán as saídas ó campo estarán en función do número de alumnos matriculados e a dispoñibilidade de medios de transporte para efectualas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías