Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Sostenibilidade e conservación da fauna Código 610G02034
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Web http://recursosmarinos.net/
Descrición xeral A materia de sustentabilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas ca toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Análise de problemas relacionados ca sostenibilidade e a conservación da biodiversidade A6
A20
A23
A26
B1
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B12
B13
C3
C4
C6
C8
Análise interdisciplinar dos problemas de xestión dos recursos vivos e os ecosistemas A6
A20
A23
A24
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C3
C6
C8
Elaboración de propostas de plans de xestión da biodiversidade, dos ecosistemas e dos recursos explotados A23
A24
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Desenvolvemento de proxectos relacionados ca sostenibilidade e a conservación biolóxica A6
A20
A23
A24
A26
A28
A31
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A XESTIÓN DOS RECURSOS NATURAIS VIVOS. Conceptos. Historia da Bioloxía da Conservación.

2. A BIODIVERSIDADE E FUNCIÓN DOS ECOSISTEMAS.

Definición e niveis de biodiversidade . Medición da diversidade . Patróns de diversidade biolóxica no espazo e no tempo. Biodiversidade e funcionamento dos ecosistemas
3. SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS E A SÚA VALORACIÓN.

Economía ambiental/Economía ecolóxica. Bens e servizos proporcionados polos ecosistemas. Valoración económica dos servizos dos ecosistemas.
4. SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL PARA A CONSERVACIÓN E O USO SOSTIBLE DA BIODIVERSIDADE


Sustentabilidade. Desenvolvemento sostible. Bases socioeconómicas e legais. Dereitos de propiedade. A traxedia dos comúns. Compoñentes e modelos de sistemas de xestión.
5. CONCEPTOS E MODELOS BÁSICOS DA BIOLOXÍA DE POBOACIÓNS ANIMAIS. Modelos básicos de crecemento poboacional. Estrutura demográfica (idades, estados). Mecanismos de regulación: denso-dependencia, factores estocásticos. Estrutura espacial: Metapoboacións.
6. A EXPLOTACIÓN DE RECURSOS ANIMAIS. A PESCA MARIÑA COMO EXEMPLO. Uso sostible. A sobreexplotación dos recursos animais e o seu impacto nos recursos non vivos. A importancia socioeconómica da pesca mariña. Tendencias enas pesquerías mundiais: evolución histórica e estado actual. Status dos stocks pesqueiros.
7. EFECTOS ECOLÓXICOS DA PESCA. Actividades humanas que afectan aos ecosistemas mariños. Efectos directos sobre as poboacións: colapsos, descartes. Alteracións de hábitats: efecto do arrastre e dragado sobre os hábitats bentónicos. Efectos sobre as comunidades e ecosistemas: Interaccións entre especies; redes tróficas ¿Sustentabilidade ou restauración?. Acuicultura: ¿Alternativa ou factor de sobre-explotación e degradación ambiental?
8. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS EXPLOTADAS. Obxectivos de las avaliacións: avaliación da abundancia e distribución do stock; taxa de explotación; selectividade. Métodos de observación das poboacións explotadas. Tipos de datos. Estimación de abundancia. Relación entre CPUE e tamaño del stock. Métodos directos de avaliación. Métodos indirectos: modelos de produción; Xestión ecosistémica das pesquerías
9. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE RECURSOS EXPLOTADOS. Compoñentes dos sistemas de xestión de pesquerías: papeis de xestores, pescadores e científicos. Obxectivos de avaliación e fases de desenvolvemento de pesquerías. Medidas de regulación: Tipos, información científica necesaria. Principais estratexias de xestión pesqueira. Experiencias sobre logros e problemas das medidas de regulación.
10. FACTORES EXTERNOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Cambios no hábitat (destrución, fragmentación, degradación). Presenza de organismos alóctonos. Contaminación ambiental. Sobreexplotación: , caza e pesca, tráfico de especies, turismo. Cambios globais.
11. FACTORES INTRÍNSECOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Problemas das poboacións pequenas: (a) Estocasticidade demográfica (b) Estocasticidade xenética (deriva xenética, endogamia, exogamia). (c) Fluctuacións ambientais (d) Vórtices de extinción. Tamaño mínimo viable. Variabilidade xenética e poboación efectiva
12. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS. Monitorización de poboacións e modelos predictivos: Dinámica metapoboacional; Análise de viabilidade poboacional.
13. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS E ESPECIES. Conservación in situ vs conservación ex situ . Introduccións; Reintroduccións; Translocacións. Cría en catividade .
14. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE COMUNIDADES: ÁREAS PROTEXIDAS.
Establecemento de prioridades de protección. Aproximacións para a designación de AP (Lagoas de coñecemento; Centros de biodiversidade ; Áreas silvestres;Cambio climático) · Deseño · Xestión das áreas mariñas protexidas (Do hábitat; Uso humano; Ecosistémica)
15. RESTAURACIÓN É CONSERVACIÓN. Escalas espaciais e temporais do proceso de degradación de hábitats naturais. Degradación do hábitat e perda de biodiversidade. Elementos para unha restauración efectiva. Riscos e limitacións nos procesos de restauración ambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 53 74
Seminario 10 30 40
Proba obxectiva 4 9 13
Estudo de casos 15 5 20
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 15 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Cada alumno exporá un traballo proposto e dirixido polo profesor. Ao final da exposición realizarése un pequeno debate. Nalgún caso haberá unha charla/debate realizada por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico relacionado con temas da materia. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba con tres partes: una parte tipo" test" na que se preguntarán conceptos básicos da materia; Unha parte de respostas curtas na que se prantexarán problemas para que sexan resoltos polo alumnos, e un tema longo no que o alumno deberá integrar distintos temas da materia.
Estudo de casos Substitúe as tradicionáis "prácticas de laboratorio". Prantexaránse distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais , que cada alumno resolverá individualmente. Haberá unha discusión conxunta ao final. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso adicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, a seleccionar os temas sobre os que os alumnos farán o traballo individual e a resolver calquera dúbida relacionda ca materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Estudo de casos
Descrición
En calquera momento durante a exposición das clases maxistráis, dos seminarios ou do estudo de casos, o alumnos poderá prantexar calquera dúbida que será explicada, debatida ou o que proceda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Nos traballos realizados e expostos individualmente avaliaráse tanto a calidade do traballo como da exposición oral. Nos demás tipos de seminario (charla de conferenciante invitado ou discusión de publicación científica) avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final.Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día.A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 20
Proba obxectiva Trátase dunha proba con tres partes: unha parte tipo "test" na que se preguntarán conceptos básicos da materia (40%); Unha parte de respostas curtas na que se prantexarán problemas para que sexan resoltos polo alumno (30%), e un tema longo no que o alumno deberá integrar distintos temas da materia (30%). 60
Estudo de casos Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. O alumno entregará ao final de cada estudo de caso, un resumen cas principáis conclusións obtidas tanto do traballo desenvolvido individualmente como da discusión final conxunta. A nota obtida nestes casos de estudo manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo). 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan nas probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no
exame “de visu”).

Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso p e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Akçakaya HR, MA Burgman & LR Ginzburg (1999). Applied population ecology. Principles and computer exorcices using RAMAS Ecolab (2nd edition). Snauer Associates.
Pullin AS (2002). Conservation biology. Cambridge University Press.
Reynolds JR, GM Mace, KH Redford & JG Robinson (2001). Conservation of exploited species. Cambridge University Press
Primack RB (1993). Essentials of conservation biology.. Sinauer Associates
Tellería, JL (2012). Introducción a la Conservación de las Especies. Tundra Ediciones. Valencia.
Jennings S, MJ Kaiser & JD Reynolds (2001). Marine fisheries ecology.. Blackwell Science.
Gibbs JP, ML Hunter Jr. & EJ Sterling (1998). Problem-solving in conservation biology and wildlife management. Blackwell Science.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033
Ecoloxía: Ecoloxía II (poboacions e comunidades)/610G02040
Ecoloxía humana/610G02041

Observacións

Debido a que a materia sintetiza coñecementos de materias moi diversas  nos  eidos da Bioloxía, especialmente de Zooloxía, Ecoloxía e Bioloxía da Conservación, e que non existe ningún texto que reúna todos os contidos impartidos, recomendase que os alumnos asistan ás clases teóricas.
É esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UDC.
De maneira complementaria, para ca un dos apartados do temario, recomendase unha serie de referencias bibliográficas, todas elas presentes na biblioteca da Facultade, que os alumnos poderán consultar para ampliar coñecementos.
É conveniente contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.
É conveniente contar con coñecementos a nivel usuario de ferramentas informáticas básicas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías