Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal I Código 610G02035
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Profesorado
Collado De la Peña, Ruth Maria
Gonzalez Gurriaran, Eduardo
Correo electrónico
ruth.collado@udc.es
eduardo.gonzalez.gurriaran@udc.es
Web
Descrición xeral - O animal como sistema aberto e un todo integrado.
- Intercambio de materia e enerxía co medio.
- Estudo das diferentes funcións dos animais e a súa regulación.
- Unha perspectiva comparada.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A10 Avaliar actividades metabólicas.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A28 Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar en colaboración.
B6 Organizar e planificar o traballo.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B11 Debater en público.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posíbeis cambios ambientais. A26
A28
A29
A30
A31
B1
B3
B8
B9
C6
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. A10
A26
A28
A30
A31
B2
B3
B6
C6
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). A29
B5
B6
B8
B11
C1
C2
C3
C6
C8
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. A29
B5
B6
B7
B8
B11
C1
C2
C3
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
Introdución: Temas 1 e 2. Conceptos básicos, características funcionais dos animais, excitabilidade celular e bases iónicas. Tema 1.- A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: o medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. Concepto de medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostasis e mecanismo homeostático.
Tema 2.- Transferencia de substancias a traveso das membranas biolóxicas. Orixe do potencial de transmembrana. Potenciais de membrana: potencial de repouso e potencial de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación / transmisión do impulso.
Función dixestiva e bioenerxética: Temas 3 a 7. Tema 3.- Nutrición: requirimentos nutritivos. Mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, sistemas dixestivos e fases da dixestión.
Tema 4.- Rexións funcionais das vías dixestivas (i). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baldeirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal. Motilidade e reflexos intestinais.
Tema 5.- Rexións funcionais das vías dixestivas (ii). Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e intest. delgado, e regulación. Enzimas dixestivas dos invertebrados. Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos físico-químicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de feces fecais e defecación.
Tema 6.- Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Métodos de medida do metabolismo. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, balance hormonal, etc.
Tema 7.- Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Adaptacións ao frío e a calor en ectotermos e endotermos. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación.
Sistemas circulatorios: Temas 8 a 11. Tema 8.- Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión: Tipos de corazón e evolución do corazón de vertebrados.
Tema 9.- O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intra cardíaca. O corazón neuróxeno. A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regul. intrínseca, nerviosa e hormonal.
Tema 10.- Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea (autorregulación, reg. nerviosa e hormonal). Barorreceptores e quimiorreceptores. Circulación capilar: Intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático, mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento.
Tema 11.- Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Elementos celulares. Inmunidade. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais.
Sistemas respiratorios: Temas 12 a 16. Tema 12.- Sistemas respiratorios. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Os peixes como modelo de respiración acuática: respiración branquial. Papel da pel na respiración.
Tema 13.- Intercambio gasoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional.
Tema 14.- Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio.
Tema 15.- Intercambio-transferencia de gases e transporte de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane.
Tema 16.- Aproximación ás adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo e grandes alturas.
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 17 a 20. Tema 17.- Osmorregulación e medio ambiente. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre.
Tema 18.- Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica. Anatomía funcional.
Tema 19.- O ril dos mamíferos (i). Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade dos segmentos tubulares e a súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo.
Tema 20.- O ril dos mamíferos (ii). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña: sistema multiplicador contracorrente. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina. O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 27 2.7 29.7
Seminario 5 15 20
Traballos tutelados 1 15 16
Prácticas de laboratorio 15 1.5 16.5
Portafolios do alumno 1 15 16
Proba obxectiva 3 45 48
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións maxistrais presenciais de 50' sobre aspectos teóricos do programa, co emprego de presentacións en PowerPoint que estarán a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario -A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Así mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates que poden traducirse en discusión/exames desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, que SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. Terase en conta a participación nos debates dos diversos alumnos que conforman o grupo.
-Un terceiro aspecto que podería ou non desenvolverse nestes seminarios (segundo a dispoñibilidade de tempo) sería a presentación/exposición de traballos realizados por grupos de alumnos (dando lugar a 2 grupos de traballo en cada grupo reducido de 10 alumnos), e que se describen no apartado Traballos tutelados, sendo tamén CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN.
Traballos tutelados Elaboración de traballos en grupos de 3-4 alumnos, supervisados e dinamizados polo profesor, sobre aspectos do programa ou relacionados co mesmo. Destácase o CARÁCTER OBRIGATORIO.
O traballo será escollido dun listado de temas ofrecido polo profesor, terá unha extensión non superior a 10 páxinas, e deberá ser entregado ao profesor o mesmo que unha presentación gráfica do traballo. A data de entrega será aquela na que se aborde a temática do traballo dentro do bloque temático do programa teórico da materia, nas horas de docencia expositiva. A elaboración previa requirirá debate entre os integrantes do G.T. e o profesor, delimitando e orientando o traballo obxecto de atención.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en sesións de 4 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico.
Portafolios do alumno Preparación dun CADERNO DE PRÁCTICAS de CARÁCTER OBRIGATORIO (os alumnos que participaran como monitores non presentarán este caderno), dunha extensión non superior ás 10 páxinas (material gráfico excluído), aportando os datos obtidos nas prácticas e discusión e interpretación dos mesmos. Este caderno de prácticas deberá ser entregados dentro das 3 semanas seguintes do remate do grupo de prácticas correspondente.
Proba obxectiva Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
-Estruturar e coordinar os traballos a realizar polos grupos de alumnos e seguimento e desenvolvemento dos mesmos.
-Haberá unhas tres sesións por cada grupo de traballo de alumnos.

Ademais, como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%.
18
Proba obxectiva Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 60% na nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
60
Prácticas de laboratorio OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
2
Traballos tutelados Destácase o SEU CARÁCTER OBRIGATORIO. Consistirá na elaboración dun texto e presentación gráfica por cada grupo de traballo, que serán oportunamente entregados ao profesor.
No suposto de que foran expostos nunha sesión de Seminario, esta sería avaliada no contexto dos mesmos.
Traballos realizados en cursos previos no caso dos alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 1 ano.
10
Seminario Debates en forma de discusión/exames desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos (ou exames curtos) e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exame curto de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestes debates terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada.
No caso de que houbera presentación/exposición de grupos de traballo, contemplados como tales na avaliación de Traballos tutelados, a presentación tamén formaría parte da avaliación dentro dos seminarios.
10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán
carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba
obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas de
laboratorio” e presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), e/ou participaran nos debates desenvoltos nos
"seminarios" e/ou desenvolveran "traballos tutelados".

-Terán carácter de SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva", non acadaran
na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”, aínda
que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como son as
"prácticas de laboratorio" e/ou participaran nos
"seminarios" e/ou desenvolveran "traballos tutelados".

-Os alumnos que concorrendo a
unha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as
"prácticas de laboratorio" e/ou non tiveran presentado o caderno de
prácticas ("portafolios do alumno"), terán que facer fronte a
preguntas relativas ás mesmas como parte da "proba obxectiva",
debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de 5.0. De non ter
realizado previamente un "traballo tutelado" en grupo, terán que
debater previamente co profesor a necesidade de realizar un traballo de carácter
individual, ou ben facer fronte así mesmo na avaliación a unha pregunta do
temario con carácter de tema extenso.

Terán carácter de NON
PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e/ou tiveran
presentado ou non o caderno de prácticas ("portafolios do alumno"),
participaran ou non nos debates desenvoltos nos “seminarios” e/ou realizaran
ou non previamente un "traballo tutelado".

Serán cualificados con SUSPENSO
aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva", non
acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado “Avaliación”,
aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra actividades como
son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran nos
"seminarios" e/ou "traballos tutelados".


Fontes de información
Bibliografía básica Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D., W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2008). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (4ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

BERTA, A., J.L. SUMICH & K.M. KOVACS, 2006. Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). Burlington: Academic Press.

CHOWN, S.L. & S.W. NICOLSON, 2004. Insect physiological ecology. Mechanisms and patterns. Oxford University Press.

EVANS, D.E. & J.B. CLAIBORNE, 2006. The physiology of fishes. CRC Press.

MITTAI, A.K., F.B. EDDY & J.S. DATTAMUNSHI (eds.), 1999. Water/air transition in Biology. Ed. Science Publishers, Inc.

NATION, J.L., 2008. Insect Physiology and Biochemistry (2ª ed.). CRC Press.

WILLMER, P., G. STONE & I. JOHNSTON, 2000. Environmental Physiology of Animals. Ed. Blackwell Science Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II/610G02036

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Organografía microscópica/610G02009
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011
Bioquímica: Bioquímica II/610G02012
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032

Observacións

-As sesións maxistrais son recomendábeis con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Puntualmente pasarase unha folla para ser asinada polos alumnos presentes na sesión.

-Igualmente é esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia.

-Requírese saber redactar, sintetizar e presentar ordenadamente un traballo, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.

-Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).

-Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías