Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XX Código 613484029
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos temas e liñas de investigación máis relevantes e significativos da literatura e cultura galegas do s. XX.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BM8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. O cambio "Entre séculos" e a conexión co s. XIX: poesía, narrativa e teatro.

2. A programación de V. Risco.

3. Nós e a normalización literaria.

4. As Irmandades da Fala: programación.

5. O S.E.G. e a Xeración de 1925.

6. A recuperación dun espazo.

7. Novas propostas.
1.1. Noriega Varela.
1.2. R. Cabanillas.
1.3. Teatro: 1882, 1896 (Memoria acerca da dramática galega) 1903, 1919.

2.1. "Prolegómenos..." (1916).

3.1. Narrativa
3.2. Teatro
3.3. Ensaio.
3.4. Investigación

4.1. Narrativa (Cols. de narrativa breve).
4.2. A dinamización cultural.

5.1. Panoramas e perspectivas.
5.2. Actividades culturais, políticas e literarias.

6.1. Emigración-exilio.
6.2. Finais dos corenta e reacción: os de 1936, os do 50.

7.1. Asociacionismo cultural.
7.2. Actividade política e cultural
7.3. Regularización e identidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 9 0 9
Análise de fontes documentais 0 27 27
Lecturas 0 21 21
Sesión maxistral 10 0 10
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Cada alumnos deberá realizar un traballo tutelado de entre os que se lles propoñan como posíbeis traballos de investigación, que ir´ñan realizando ao logo do curso.
Análise de fontes documentais Para o desenvolvemento das aulas os alumnos deberán arriquecer as explicacións coa consulta de fontes bibliográficas e documentais que o profesor indicará puntualmente para cada sesión.
Lecturas Todos os alumnos deberán realizar un número de lecturas obrigatorias que lles permitirán levar a cabo as actividades desenvolvidas nas aulas: exercicios, debates ou comentarios.
Sesión maxistral Consistirán en aulas expositivas arredor dos conceptos básicos da materia, tanto no ámbito dos contextos como dos movementos e autores máis representativos de cada época e dos movementos culturais do momento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
O profesor encargarase de recibir e asesorar e orientar a cada alumno naquelas cuestións que estime oportunas formularlles e tratará en todo momento de facerlles observacións e indicacións puntuais que lles poidan ser de utilidade para a realización da súa actividade investigadora e formativa.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Farase un seguimento do material de fontes que se lles propoña e mirarase a que os alumnos saiban manexar explotalos no sentido máis produtivo. 20
Lecturas Terase ben en conta a mellor orientación posíbel para que o alumno poida dar conta da súa actividade lectora. 5
Traballos tutelados Terase en conta a aportacións e a liña inovadora e de aportación persoal do traballo do alumno. 40
Sesión maxistral Os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que se levará a cabo ao final das distintas sesións e que suporá unha terceira parte da nota final 35
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica teñen que poñerse en contacto co profesor para fixar o traballo que deben realizar.

En caso de non acadar o aprobado ou non
presentarse, os/as alumn@s contan cunha segunda oportunidade en xullo. Nela
deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non
entregados, ou realizar outros novos segundo as indicacións do profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica Méndez Ferrín, X.L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Vigo, Xerais
Beramendi, Justo (2007). De Provincia a Nación. Historia do galeguismo político. Vigo, Xerais
Tarrío, Anxo (2000). Galicia Literaria VV. XXXII-XXXIV. A Coruña, Hércules de Ediciones
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo, Galaxia
VV.AA. (1996). Historia da Literatura Galega, 5Vols.. Vigo, A Nosa Terra
Figueroa, Antón (2010). Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Santiago de Compostela, Laiovento
Bourdieu, Pierre (1992). Les Règles de l'art. País, Seuil
VV.AA. (2001). Litertura Galega S.XX. Vigo, A Nosa Terra
Bourdieu, Pierre (2004). O campo literario. Santiago de Compostela, Laiovento

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías