Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 613484035
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Pena Sueiro, Nieves
Tato Fontaiña, Laura
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
nieves.pena.sueiro@udc.es
laura.tato@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web http://www.udc.es/filo/
Descrición xeral O traballo fin de mestrado culmina a aprendizaxe no ámbito da investigación; o estudante, aplicando os saberes, ferramentas e destrezas adquiridas nas materias cursadas, dará proba da súa capacidade para a investigación. O traballo será realizado de forma individual polo estudante baixo a supervisión dun profesor titor o de dous, que levarán a cabo a tutela coordinadamente.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural. Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués. Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM11
AM13
BM7
BM9
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural. Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais. Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais. Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos. Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares. Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
BM1
BM4
BM5
BM6
BM8
CM1
CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM4
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
O profesorado do mestrado ofertará diversas liñas de investigación, de entre as que os alumnos poden elixir. Un profesor só pode tutelar como máximo a tres estudantes, de maneira que, de solicitar catro ou máis alumnos un mesmo titor, procederase á escolla atendendo ao expediente e currículum dos estudantes. O alumno, de acordo co titor, poderá precisar a liña de investigación enfocando a súa pescuda cara un ámbito temático, xénero, autor, aspecto...

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 130 130
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno traballará autonomamente, mais sempre baixo a tutela do seu titor, quen orientará e dirixirá a súa investigación; o estudante, xa que logo, ha de manter de maneira regular contacto co seu titor, a quen corresponde dar e prace para que o traballo poida ser defendido públicamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O estudante acudirá ao despacho do profesor tantas veces como precise ou cando sea requerido polo titor, pois este é quen supervisa o avance do traballo, comentando e corrixindo tanto os aspectos formais (desde a expresión ata a organización) como os referidos os contidos e á metodoloxía; a el corresponde, en definitiva, a responsabilidade de dar o visto e prace para inscripción e a presentación do traballo fin de mestrado.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Dentro das liñas de investigación que se oferten, o alumno poderá escoller aquela que máis lle interese, o cal o ligará tamén a un determinado titor.
Xa que o estudante se esta a iniciar na investigación é fundamental o labor titorial do profesor, quen deberá orientar o alumno nas distitnas fases de elaboración do traballo fin de mestrado, desde o plantexamento do proxecto inicial ata a súa conformación final, proporcionándolle a axuda que precisar en cada momento.
100
 
Observacións avaliación

O traballo fin de mestrado só pode ser presentado públicamente se o estudante supera todas as materias do mestrado. Presentarase, nun acto público, diante dun tribunal que estará composto por tres membros.

O estudante ha de axustarse as pautas que se estabelezan para a presentación do traballo fin de mestrado, tanto no que toca á presentación escrita (estructura, extensión, formato...) como a súa defensa pública; detallaranse estas indicacións coa suficiente antelación.


Fontes de información
Bibliografía básica

Será o titor quen facilite ao estudante a bibliografía pertinente.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías