Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2 A4
|
|
|
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A3 A4 A9
|
|
|
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A9 A14
|
|
|
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15
|
|
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A21
|
|
|
Dominar a gramática da lingua galega. |
A25
|
|
|
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
|
B1
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1 B3
|
|
Adquirir capacidade de autoformación. |
|
B3 B4
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4 B5
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
|
B5 B6
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
B6 B7
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
|
B7
|
C3
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3 C6
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua e comunicación |
1.1. A comunicación oral
1.2. Caracterización da linguaxe humana
1.3. A produción da fala: o aparello fonador |
2. Fonética e fonoloxía |
2.1. Definición e relacións; o son e o fonema
2.2. As vogais e as consoantes
2.3. A ortografía: letras e dígrafos
|
3. Descrición do sistema fonético-fonolóxico da lingua galega |
3.1. O sistema vocálico
3.2. O sistema consonántico
3.3. Rendibilidade expresiva: a fonoestilística |
4. Trazos prosódicos da lingua galega |
4.1. A cadea falada. Fonética sintáctica
4.2. A sílaba
4.3. O acento e a entoación |
6. Aspectos pragmáticos da comuinicación |
6.1. A comunicación oral e as súas modalidades
6.2. A comunicación espontánea. A análise da conversación
6.3. A comunicación oral formal |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
16 |
32 |
48 |
Traballos tutelados |
1 |
10 |
11 |
Presentación oral |
1 |
1 |
2 |
Lecturas |
1 |
20 |
21 |
Recensión bilbiográfica |
1 |
10 |
11 |
Proba mixta |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos literarios, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, consistente, por unha parte, na gravación, transcrición e comentario fonético dun texto de procedencia oral, e por outra no estudo teórico dun trazo fonético particular presente naquel e que forme parte da materia do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso. |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, transcrición fonético-fonolóxica etc.). |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
10 |
Presentación oral |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
10 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. |
15 |
Recensión bilbiográfica |
Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, ben como a calidade lingüística. |
15 |
Proba mixta |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Para
superar a materia,
o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10,
para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. O
alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo,
todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá
realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non
puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a
través do correo electrónico. Na
segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir
ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de
actividades ao 50%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega |
Lecturas obrigatorias
Álvarez Blanco, R. (1988).
Bagno, M. (2001), pp. 95-126
Barroso, H. (1999): pp. 43-63
Fernández Rei, F. (2001): pp. 39-53 e 189-214
Freixeiro Mato, X. R. (2006): pp. 142-159
Regueira, X. L. (2013): "Estándar oral..."
Studer, J. (2000): pp. 125-139. |
Bibliografía complementaria
|
Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60 |
Obras para facer a recensión
(unha por persoa):
Bagno, M. (2001)
Callón, C. (2012)
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006)
Morales, C. J. (2001)
Regueira, X. L. (2012)
Studer, J. (2000) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Galega 1/613G02002 | Lingua Galega 2/613G02014 |
|
|