Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A12 |
Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A24 |
Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística. |
A25 |
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
A26 |
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
A28 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a familia de linguas románicas e a súa especificidade con respecto a outras familias lingüísticas e á lingua latina. |
A13
|
B5 B8
|
|
Coñecer o proceso de formación das linguas románicas. |
|
B5
|
|
Coñecer a distribución xeográfica e o número de falantes de cada unha das linguas románicas. |
|
B5 B8
|
|
Coñecer a historia externa de cada unha das linguas románicas. |
A27 A28
|
B5
|
|
Coñecer a situación sociolingüística e o proceso de estandarización, no seu caso, de cada unha das linguas románicas. |
A23 A24 A27 A28
|
B5 B7 B8
|
C4
|
Coñecer a descrición lingüística de cada unha das linguas románicas. |
A27 A28
|
B5
|
|
Coñecer as variedades dialectais de cada unha das linguas románicas. |
A25 A26
|
B5 B8
|
|
Coñecer a tradición escrita de cada unha das linguas románicas. |
A7 A27 A28
|
B5
|
|
Saber identificar os trazos de cada unha das linguas románicas. |
A14 A15
|
B3 B5 B7 B8
|
|
Saber identificar os elementos comúns e diferenciais das linguas románicas e destas con respecto ao latín. |
A13 A14 A15
|
B3 B8
|
|
Apreciar a importancia da familia de linguas románicas. |
|
B5 B7 B8
|
C6
|
Apreciar a diversidade lingüística e cultural. |
|
B5 B8
|
|
Coñecer e saber utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información específicos no estudo das linguas románicas. |
|
B1 B2 B3
|
C3 C6
|
Apreciar a importancia do coñecemento da familia de linguas románicas para o estudo concreto de cada unha desas linguas e da súa literatura. |
|
B3 B5 B7 B8
|
C6
|
Coñecer posibles liñas de investigación no ámbito das linguas románicas tanto no seu conxunto coma de forma individualizada. |
A14 A15
|
B5 B6 B7 B9
|
C6 C8
|
Saber identificar as fases e os problemas que comporta todo proceso de estandarización lingüística. |
A15 A24
|
B7
|
|
Saber identificar e tratar os factores que poñen en risco a supervivencia lingüística e aqueles que a posibilitan. |
A12 A15 A24
|
B7 B10
|
C4 C6
|
Ser capaz de analizar un texto en calquera lingua románica. |
A1 A2 A7 A15
|
B5 B7
|
|
Ser capaz de identificar os trazos dialectais das linguas románicas. |
A15 A25 A26
|
B5 B8
|
|
Saber contextualizar calquera trazo ou problema dunha lingua románica no marco global da familia e poñelo en relación coa situación noutras linguas románicas. |
A1 A14 A15
|
B5 B6 B7 B8
|
C6
|
Saber contextualizar calquera xénero literario no ámbito románico. |
A7 A14 A15
|
B5 B7
|
C6
|
Saber recoñecer calquera discurso oral en lingua románica. |
A1 A15
|
B7
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A familia de linguas románicas. |
1.1. Orixe.
1.2. Linguas que a compoñen.
1.3. Especificidade fronte a outras familias lingüísticas e fronte ao latín.
1.4. Importancia da familia de linguas románicas. |
2. A clasificación das linguas románicas. |
2.1. Diversidade de criterios e clasificacións. |
3. A formación das linguas románicas. |
3.1. Factores que determinaron a formación.
3.2. Cronoloxía da formación. |
4. Estudo individualizado das linguas románicas: localización, historia externa, descrición lingüística, variación dialectal, situación sociolingüística, proceso de estandarización e tradición escrita.
|
4.1. As linguas iberorrománicas.
4.1.1. O galego.
4.1.2. O portugués.
4.1.3. O asturleonés.
4.1.4. O castelán.
4.1.5. O aragonés.
4.1.6. O catalán.
4.1.7. O mozárabe.
4.2. As linguas galorrománicas.
4.2.1. O francés.
4.2.2. O occitano.
4.2.3. O francoprovenzal.
4.3. As linguas retorrománicas.
4.3.1. O romanche.
4.3.2. O ladino.
4.3.3. O friulano.
4.4. As linguas italorrománicas.
4.4.1. O italiano.
4.4.2. O sardo.
4.4.3. O caso do corso.
4.5. As linguas iliriorrománicas.
4.5.1. O dálmata ou dalmático.
4.6. As linguas balcanorrománicas.
4.6.1. O romanés. |
5. Os creoulos de base románica e linguas 'mixtas'. |
5.1. Descrición e situación sociolingüística. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
2 |
24 |
26 |
Sesión maxistral |
21 |
0 |
21 |
Traballos tutelados |
0 |
17 |
17 |
Lecturas |
0 |
15 |
15 |
Recensión bilbiográfica |
0 |
14 |
14 |
Análise de fontes documentais |
9 |
9 |
18 |
|
Atención personalizada |
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Realización por parte do alumno dunha proba escrita con preguntas de diferente tipo sobre o temario do curso. |
Sesión maxistral |
Clases teórico-prácticas impartidas pola profesora. |
Traballos tutelados |
Traballo que o alumno deberá realizar individualmente baixo a tutela da profesora e entregarlle por escrito. |
Lecturas |
Realización de lecturas de fontes bibliográficas con carácter obrigatorio. |
Recensión bilbiográfica |
Elaboración de recensión(s) da(s) lectura(s) obrigatoria(s) pautada(s) que deberá(n) ser entregada(s) á profesora. |
Análise de fontes documentais |
Análise de textos orais e escritos en diferentes linguas románicas que se realizarán na clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada variará en función da metodoloxía: terá un carácter máis colectivo no caso das prácticas a través de TIC e na análise de fontes documentais e será individualizada no caso da presentación oral e do traballo tutelado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. O caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá igualmente un mínimo de corrección. |
40 |
Sesión maxistral |
Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas. |
10 |
Traballos tutelados |
Avaliarase a corrección e profundamento na información proporcionada, a presentación do texto escrito e a corrección lingüística (v. o apartado relativo á proba mixta).
|
40 |
Recensión bilbiográfica |
Valorarase a correcta comprensión do texto obxecto de lectura, a capacidade de análise e síntese, a corrección na presentación do texto escrito e a expresión lingüística (v. supra). |
10 |
|
Observacións avaliación |
Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha pequena reestruturación das porcentaxes sinaladas. O alumno será obxecto de avaliación se realiza dúas actividades avaliables (proba, traballo ou recensión), aínda que non se presente á proba escrita. Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar como mínimo dúas das tres actividades propostas e obter conxuntamente nelas un 6 ou máis (non se poderá facer media se obtén nalgunha unha nota inferior ao 3), así como obter un mínimo de 4 puntos na proba mixta. Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas; se o carácter da proba non o permite (presentación oral), deberá realizar outra actividade similar que será indicada pola profesora. O resto das condicións serán similares ás da primeira oportunidade. O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Teyssier, P. (2004). Comprendre les langues romanes. Du français à l'espagnol, au portugais, à l'italien et au roumain. Méthode d'intercompréhension. Paris: Chandeigne
Wartburg. W. von (1979). La fragmentación lingüística de la Romaniai. Madrid: Gredos
Posner, R. (1998). Las lenguas romances. Madrid: Cátedra
Wright, R. (1989). Latín tardío y romance temprano. Madrid: Gredos
Fradejas Rueda, J. M. (2010). Lenguas románicas. Madrid: Arco Libros
Gargallo, J. E. (1994). Les llengües romàniques. Barcelona: Empuries
Holtus, G., M. Metzeltin & Chr. Schmidt (eds.) (1986 ss.). Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Niemeyer
Tagliavini, C. (1973). Orígenes de las lenguas neolatinas. México: Fondo de Cultura Económica
Camprubi, M. (1999). Questions de linguistique romane contrastive: espagnol, catalan, français. Toulouse: Presses Universitaires du Mirail
Elcock, W. D. (1960). The Romance Languages. New York: Macmillan |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Irase proporcionando paulatinamente, xunto cos recursos en liña. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|