Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Gramática Galega Código 613G02040
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo do funcionamento das estruturas morfosintácticas e textuais do galego, con atención particularizada aos fenómenos lingüísticos máis salientábeis, e identificación e descrición das súas unidades constitutivas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria A1
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica A15
Dominar a gramática da lingua galega. A21
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información B1
Adquirir capacidade de autoformación B3
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional B10
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional C4
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Gramática 1.1. Definición, clases, partes e unidades
1.2. A tradición gramatical galega
2. Gramática da cláusula 2.1. Introdución aos estudos de sintaxe
2.2. A frase
2.3. A predicación lingüística
2.4. A cláusula
3. Gramática da palabra 3.1. O verbo
3.2. O nome
3.3. O pronome
3.4. As palabras invariábeis
4, Gramática do texto 4.1. Introdución. Texto e contexto
4.2. As propiedades do texto. Cohesión e coherencia
4.3. A organizacion da información. Os marcadores discursivos
4.4. As modalidades textuais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 18 0 18
Recensión bilbiográfica 2 30 32
Traballos tutelados 2 30 32
Presentación oral 1 6 7
Lecturas 1 24 25
Proba mixta 2 30 32
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais precisos para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Recensión bilbiográfica Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso.
Traballos tutelados Cada estudante deberá realizar un traballo tutelado sobre un tema relacionado cos contidos da materia e que deberá escoller de acordo co profesor. Nel deberá verificarse o feito de conseguir información por si propio e a habilidade de interrelacionar diferentes contidos, ao paso que tamén ten de demostrar que posúe unha práctica lingüística de calidade.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alén do labor de atendemento realizado no horario marcado polo profesorado da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". Cada estudante deberá asistir, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega e exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas os contidos, a clareza e rigor expositivo, e a calidade da lingua utilizada. 40
Recensión bilbiográfica Neste exercicio o alumno ou a alumna debe elaborar un comentario crítico dunha obra de lectura marcada pola persoa responsábel da materia. Teranse en conta a capacidade crítica, a clareza expositiva e argumentativa e a de síntese, ben como unha práctica lingüística de calidade. 15
Traballos tutelados No traballo que cada estudante ten de realizar concederase importancia ao tratamento do tema, á clareza expositiva e argumentativa, á calidade da lingua e á capacidade de chegar a conclusións propias por parte da alumna ou do alumno. 20
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
 
Observacións avaliación


1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.


2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.


3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.


4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior.


5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta.




Fontes de información
Bibliografía básica Neves, M. H. de Moura (2002). A Gramática. História, Teoria e Análise, Ensino . São Paulo: UNESP
Halliday, M. A. K. (1994). An Introduction to Functional Grammar . London / New York: Arnold / Oxford University Press
Báez San José, V. (1988). Fundamentos críticos de la gramática de dependencias . Madrid: Síntesis
Moreno Cabrera, J. C. (1987). Fundamentos de sintaxis general . Madrid: Síntesis
Álvarez, R. / Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega. Vol. II. Morfosintaxe. Vol. IV. Gramática do Texto . Vigo: A Nosa Terra
Mateus, M. H. M. et al. (2003). Gramática da Língua Portuguesa . Lisboa: Caminho
Vilela, M. / Villaça Koch, I. (2001). Gramática da Língua Portuguesa . Gramática da Língua Portuguesa
Busse, W. / Vilela, M. (1986). Gramática de Valências. Apresentação e Esboço de Aplicação à Língua Portuguesa. Coimbra: Almedina
Vilela, M. (1992). Gramática de Valências. Teoria e Aplicação . Coimbra: Almedina
Koch, I. Villaça (2004). Introdução à Linguística Textual . São Paulo: Martins Fontes
Portolés, J. (2001). Marcadores del discurso . Barcelona: Ariel
Freixeiro Mato, X. R. (2005). Os marcadores discursivos. Conectores contraargumentativos no galego escrito. A Coruña: Área de Filoloxias Galega e Portuguesa da UDC
Dik, S. C (1989). The Theory of Functional Grammar. I. The Structure of the Clause . Dordrecht-Holland / Providence RI-USA: Foris Publications

Bibliografía complementaria Peres, J. A. / Móia, T. (1995). Áreas Críticas da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho
Báez San José, V. (2002). Desde el Hablar a la Lengua. Prolegómenos a una teoría de la sintaxis y la semántica textual y oracional. Granada: Ágora
Koch, I. Villaça (2002). Desvendando os segredos do texto. São Paulo: Cortez
Mateus, M. H. M. / Xavier, M. F. (orgs.) (1991/1992). Dicionário de Termos Linguísticos. Lisboa: Cosmos
Neves, M. H. de Moura (2000). Gramática de Usos do Português. São Paulo: UNESP
Bosque, I. / Demonte, V. (dirs.) (1999). Gramática descritiva de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe
Beaugrande, R.-A. de / Dressler, W. U. (1997). Introducción a la lingüística del texto. Barcelona: Ariel
Azeredo, J. C. (org.) (2008). Língua Portuguesa em Debate. Conhecimento e Ensino. Petrópolis: Vozes
Cunha, C. / Cintra, L. (1992). Nova Gramática do Português Contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa
Sperber, D. / Wilson, D. (1986). Relevance. Communication and Cognition. Oxford: Basil Blackwell


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Galega 2/613G02014
Lingua Galega e Comunicación Oral/613G02021

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías