Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura Comparada Código 613G02044
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gonzalez, Olivia
Correo electrónico
olivia.rodriguez.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Conceptos e métodos da literatura comparada, e práctica de proxectos comparatistas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega A4
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. A5
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A7
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. A5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Apreciar a diversidade. B8
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2

Contidos
Temas Subtemas
I. Bases teóricas e metodolóxicas da literatura
comparada.
I.1. O comparatismo nos estudos literarios.

I.2. Inicios positivistas, o comparatismo europeo e americano, a expansión do paradigma da literatura comparada, literatura comparada intercultural.
II.Orientacións na práctica da literatura comparada II.1 Tematoloxía, imagoloxía, xenoloxía e outros estudos comparatistas
II.2. O concepto de pole de ideas: máis alá das
fontes e influencias
II.3. Olladas interartísticas e visión do mundo.
II.4. Cine e literatura: técnicas narrativas
II.5. Comparatisno e sistemas literarios. Estudo de casos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa 2 2 4
Estudo de casos 3 3 6
Investigación (Proxecto de investigación) 2 6 8
Proba mixta 2 10 12
Obradoiro 3 3 6
Presentación oral 2 2 4
Sesión maxistral 10 30 40
Análise de fontes documentais 5.5 22 27.5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa O método de traballo na aula conleva este tipo de aprendizaxe
Estudo de casos Presentaranse en clase, de maneira colectiva, casos concretos de análise literaria comparada
Investigación (Proxecto de investigación) Os alumnos elaborarán un proxecto de investigación literaria comparada onde esbozarán as etapas do traballo e establecerán obxectivos
Proba mixta Proba final escrita que constará dunha serie de respostas a determinadas cuestións teóricas e dun apartado onde o estudante exporá ou resolverá casos prácticos concretos
Obradoiro Traballo na aula que será seguido e avaliado pola profesora
Presentación oral Breve exposición do proxecto de investigació, para poñelo en discusión na propia aula
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o docente exporá os fundamentos da materia e dará cabida á participación do alumno de xeito interactivo
Análise de fontes documentais Exame dos documentos necesarios para realizar estudos comparados

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
No traballo de investigación o docente fará un seguimento do achado do tema, fontes documentais utilizadas, orixinalidade e idoneidade do asunto, pasos previstos no seu desenvolvemento, perspectivas e obxectivos marcados.
Na análise de fontes documentais para o estudo comparado, o docente atenderá os problemas de interpretación que lle xurdan a cada estudante.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 40
Proba mixta Valorarase o grao de coñecemento da materia que se amose na elaboración de respostas á cuestións teóricas e na boa resolución de cuestións prácticas. Será avaliado igualmente o grao de corrección lingüística do estudante. 50
Presentación oral Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación 10
 
Observacións avaliación

Na aula especificarase os pormenores da realización do proxecto de investigación.


A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.


A realización da proba mixta poderá ter carácter oral se o número de alumnos matriculados o permite.


En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 4 na proba mixta para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.


As faltas de ortografía, así como os graves fallos de redacción e coherencia discursiva,  suporán unha redución da cualificación da proba mixta: exactamente de medio punto por cada erro. 


Os/as alumNos/as con matrícula a tempo parcial e dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria


Fontes de información
Bibliografía básica ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, I Boletín Galego de Literatura, 33, . Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
ABUÍN GONZÁLEZ, Anxo / DOMÍNGUEZ PRIETO, César (2006). A Literatura Comparada hoxe, II, Boletín Galego de Literatura, 34. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago
TÖTÖSY DE ZEPETNEK, Steven (1998). Comparative literature: theory, method, application. Amsterdam, Rodopi
VILLANUEVA, Darío (1991). El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada. Barcelona, Promociones y Publicaciones Universitarias
GUILLÉN, Claudio (2005 (1ª edición, 1985)). Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada (ayer y hoy). Barcelona, Crítica
GNISCI, Armando / SINOPOLI, Franca et alii (2002). Introducción a la literatura comparada. Barcelona, Crítica
VEGA, María José / CARBONELL, Neus (1998). La literatura comparada: principios y métodos. Madrid, Gredos
BASSNETT, Susan et alii (edición de Dolores Romero López) (1998). Orientaciones en literatura comparada. Madrid, Arco
LLOVET, Jordi ET ALII (2005, 2012). Teoría literaria y literatura comparada. Barcelona, Ariel

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías