Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A19 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
O alumno terá desenvolvido unhas estratexias para a consolidación dos coñecementos adquiridos en ambas as dúas partes de Lingua Inglesa e os seus Usos (1/2).
O alumno saberá manexar os significados metafóricos axeitadamente, tanto a nivel comprensivo coma na expresión.
O seu dominio dun vocabulario xeral terase enriquecido coa adquisición de vocabulario máis especializado.
O estudo individual autónomo e a autocrítica son esenciais neste nivel, e o alumno debe recordar o seu papel e responsabilidade no proceso de aprendizaxe/ensino do cal forma parte.
Ao finalizar esta materia, o alumno debe ser competente nas catro destrezas lingüísticas, ademais de posuír os coñecementos teóricos necesarios para saber |
A6 A10 A11 A15 A19
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Metáforas relacionadas coas prantas e árbores; o medio ambiente.
Os servizos/atención ao cliente.
(ver libro de texto indicado na Sección 8 "Fontes de Información").
|
As partes das prantas en usos metafóricos; verbos relacionados co crecemento. Colocacións.
O vocabulario dos servizos en Internet.
|
2. As autoridades--a aduana e a policía.
A historia.
A pobreza.
|
Vocabulario relacionado coas aduanas, a inmigración, a policía de tráfico, etc.
Vocabulario relevante para o estudo da historia.
Colocacións relevantes para falar da pobreza e falta de medios.
|
3. A política británica.
A linguaxe do dereito.
A guerra e a paz.
|
Vocabulario relacionado co funcionamiento dun estado.
Verbos, crimes, adxectivos con significados específicos no ámbito do dereito, de uso cotidiano.
As actitudes cara a guerra; metáforas dos enfrentamentos.
|
4. A economía e as finanzas.
As finanzas persoais.
Os medios: a palabra impresa.
|
Vocabulario para falar da axuda internacional, o comercio, as dificultades económicas.
Como expresar as necesidades económicas individuais.
Seccións nos xornais; tipos de materiais escritos.
|
5. Os medios: Internet e o correo electrónico.
Os anuncios.
O telexornal.
|
Vocabulario específico para Internet.
A linguaxe da publicidade.
A recollida e diseminación das noticias; xornalísticas, tipos de publicacións.
|
6. Os titulares de prensa.
Metáforas do deporte.
O espazo: nocións de amplitude
|
Características dos titulares; vocabulario impactante; xogos de palabras.
Vocabulario e metáforas relacionados coa dieta, o deporte, a saude.
Como expresar conceptos relacionados co espazo escaso/amplio; metáforas axeitadas.
|
7. O tempo.
O movimento.
O comportamento.
|
Secuencia e duración; expresións coloquiais; refráns relacionados co paso do tempo.
Matices da velocidade e o movimento; verbos/adxectivos; usos no literais.
|
8. O son.
O peso e a densidade.
As cores: escala e intensidade.
|
Desde o silencio ao ruido; verbos específicos para certos ruidos; frases feitas.
Sinónimos de --pesado--; usos literaris da idea de pesar; verbos e adxectivos para expresar a densidade.
Cores específicas; metáforas relacionadas; vocabulario chamativo.
|
9. A velocidade.
Causa e efecto.
Comparar e contrastar.
|
Expresións para distintas formas de desprazarse rápidamente/lentamente; metáforas da velocidade.
Verbos que expresan unha causa e as suas colocacións.
Como expresar a similitude e a diferencia.
|
10. A dificultade.
Modalidade.
As queixas e as protestas.
|
Sustantivos e adxectivos relacionados coas dificultades e os dilemas.
Expresións de feitos, opinións, desexos a través de verbos modais; probabilidade; consellos; obrigas.
Queixa formal e informal.
|
11. Desculpas, o perdón, a reconciliación.
As promesas; As apostas.
A articulación da fala.
|
Colocacións comúns; desculpas en contextos legais; acordos de paz.
Promesas formais/informais; vocabulario relacionado coas apostas.
Volume: silencioso/ruidoso; formas da fala; problemas de articulación
|
12. Expresións pouco precisas.
Tipos de frases idiomáticas.
Verbos frasais (I)
|
Expresións numéricas aproximadas; usos coloquiais para restar importancia.
Verbo e obxecto, frase preposicional, compostos, outros tipos.
Comprensión e aprendizaxe de verbos frasais; diagramas de representación.
|
13. Verbos frasais (II)
Verbos frasais (III)
O inglés británico/de EE.UU
|
Verbos frasais pouco comúns; combinacións novas.
Verbos frasais con duas partículas/preposicións.
Contrastes entre usos británicos e americanos.
|
14. A linguaxe e o xénero.
A linguaxe que denota clase social, procedencia, idade. |
O marcado ou neutro no que respecta ao xénero.
Referencias implícitas que denotan clase social, etc.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
26.25 |
47.25 |
Traballos tutelados |
14 |
17.5 |
31.5 |
Proba oral |
2 |
16 |
18 |
Discusión dirixida |
7 |
5.25 |
12.25 |
Proba mixta |
2 |
36 |
38 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais, explicacións, exemplos e orientacións para o millor aproveitamento do material; uso do libro básico de texto, ademais de textos escritos e audiovisuais adicionais.
|
Traballos tutelados |
Tareas escritas sobre diversos temas relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións.
|
Proba oral |
Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas.
|
Discusión dirixida |
Destrezas de argumentación oral; role-play; fluidez, traballo colaborativo.
|
Proba mixta |
Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Preparación e comentario dos traballos a presentar.
Interacción grupal e individual para mellorar o rendemento. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas. |
25 |
Proba mixta |
Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. |
50 |
Traballos tutelados |
Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. |
25 |
|
Observacións avaliación |
- Entrega de traballos tutelados
(tarefas escritas): 25 de outubro, 22 de novembro e 20 de decembro
2013. É necesario entregar todos os traballos especificados polos
profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas. Non serán
recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases. - Proba mixta: data aprobada pola Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuatrimestre). Esta data non é negociable.
- A segunda oportunidade, en xullo, según o calendario aprobado pola Xunta de Facultade, consistirá en repetir a(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s).
- A oportunidade de xullo non é para millorar a nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar a(s) parte(s) non aprobada(s).
- No se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
- As datas para a entrega de tarefas e para a realización do examen oral deben respetarse; calquer incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
- Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e/ou que realizara menos do 50% do resto das tarefas da materia.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Para mais detalles, véxanse --Recomendacións--.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
McCarthy, M. and F. O'Dell. (2002). English Vocabulary in Use. Advanced. ISBN. 978-0-521-67746-2. Cambridge: CUP |
Este libro é de uso obrigatorio nas aulas de Docencia Expositiva. Trátase do mesmo libro usado en Lingua Inglesa e os seus Usos-1. No presente curso utilizaranse novos capítulos deste libro (véxanse --Contidos--). |
Bibliografía complementaria
|
Cory, H. (1999). Advanced Writing with English in Use.. Oxford: OUP
Mansfield, F. & C. Nuttall (2007). Proficiency Practice Tests. With Key. London: Thomson ELT |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 |
|
Observacións |
- Recoméndase a asistencia e participación na aula, para estar ao día no estudo, e a realización de tódalas tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.
- A asistencia á clase facilita unha millor comprensión da materia, adquisición das competencias grupais e individuais, aprendizaxe continuo, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente mais participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da universidade, os alumnos poderán solicitar exención oficial da docencia.
- As datas para a realización das probas orais anunciaranse coa antelación suficiente, e serán expostas en Moodle. Recoméndase consultar os avisos nesta plataforma virtual con asiduidade.
- Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, o alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. Calquera circunstancia que impida asistir a esta proba debe comunicarse á maior brevidade.
- Os alumnos Erasmus teñen que axustarse ao calendario académico da UDC, e non ao da súa propia universidade. Polo tanto, non se poden programar exames para coincidir coas peticións individuais.
|
|