Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
A3 |
Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa. |
A4 |
Deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. |
A5 |
Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado. |
A6 |
Organizar o ensino no marco dos paradigmas epistemolóxicos das áreas, empregando de forma integrada os saberes disciplinares, transversais e multidisciplinares, axeitados ao respectivo nivel educativo. |
A7 |
Preparar, seleccionar, construír e empregar materiais didácticos, incorporando axeitadamente as TIC. |
A18 |
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación. |
A28 |
Planificar as actividades educativas en función da progresiva cohesión-integración do grupo, clase, contorno (adaptación, consolidación, cohesión...). |
A38 |
Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil. |
A40 |
Ser quen de fomentar o interese polo medio natural, social e cultural e promover comportamentos respectuosos. |
A46 |
Fomentar á iniciación no emprego das TIC. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B13 |
Capacidade para actuar de xeito sostible na defensa do medio ambiente. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Adquirir os coñecementos básicos e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais e a súa aplicación ao ensino do medio social e cultural. |
A6 A18
|
B3 B9
|
C1
|
Adquirir os coñecementos básicos e actuais para a comprensión do medio natural e a metodoloxía propia das ciencias da natureza e a súa aplicación á Educación Infantil. |
A6 A18
|
B3 B9 B10
|
C1
|
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino.
Realización de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos e unidades didácticas e análises de experiencias. |
A4 A5 A7 A28 A38 A46
|
B4 B5
|
C1
|
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. |
A1 A3 A4
|
B10 B12
|
|
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto a sociedades e culturas diferentes. |
A40
|
B6 B13
|
C4 C7
|
Promover a curiosidade e o respecto polo medio natural, valorando a importancia da conservación da diversidade natural e deseñando actuacións para un desenvolvemento sostible. |
A40
|
B6 B13
|
C4 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1. O Medio Social e Cultural na Educación Infantil.
|
Definición e concepto. Relación coas Ciencias Sociais. A aprendizaxe en relación coa psicoloxía infantil. |
Unidade 2. Medio Social e Cultural. Os obxectivos do proxecto didáctico. |
O currículo. Os contidos: tipos, organización e selección dos contidos. Importancia dos contidos procedementais e actitudinais. As unidades didácticas. |
Unidade 3. Medio Social e Cultural. Métodos, procedementos e recursos. |
Métodos para o coñecemento do Medio. Recursos didácticos e materiais curriculares. |
Unidade 4. Medio Social e Cultural. A avaliación. |
Definición e finalidade. Breve revisión histórica da avaliación. Características. Tipos e aplicación na secuencia ensino-aprendizaxe. |
Unidade 5. Medio Social e Cultural. O entorno como recurso. |
A integración nas coordenadas de espazo e tempo. O entorno do neno na actualidade. A diversidade. |
Unidade 6. Medio Social e Cultural. Elaboración de materiais didácticos. |
Principios e fundamentos. Contidos e obxectivos. Utilización e selección de recursos. Deseño das actividades. A Arqueoloxía e a Etnografía como modelos. |
Unidade 6: Medio Social e Cultural. Temas formativos
|
-Introdución ao Coñecemento Social e Cultura de Galicia.
-Medio e actividade humana. A arquitectura tradicional en Galicia.
-Os castros.
-O Castro de Elviña. |
Unidade 7. O Medio Natural na Educación Infantil. |
Definición e conceptos básicos relativos ao medio natural. Relación coas Ciencias da Natureza. Importancia no curriculum de Educación Infantil. |
Unidade 8. O entorno como recurso: Diversidade Natural. |
Coñecemento do Medio Natural a través de dous conceptos chave: Biodiversidade e Xeodiversidade. |
Unidade 9. O Medio Natural. Métodos, procedementos e recursos. |
Desenvolvemento do pensamento científico e de habilidades de indagación na aula. O traballo por proxectos. |
Unidade 10. O traballo por proxectos: Os seres vivos. |
Concepto de ser vivo. Clasificación dos seres vivos. A temática dos seres vivos no traballo por proxectos. Unha adaptación do modelo do traballo por proxectos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
Proba obxectiva |
3 |
49.8 |
52.8 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo sobre do Medio Natural das características e temas establecidos no anterior curso. |
Proba obxectiva |
Realización dunha proba escrita final á que poderán acceder o alumnado que non superara a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida nas sesións maxistrais do programa e tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado coa materia impartida. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada para a consulta de dúbidas e orientación en relación co temario da materia e o traballo tutelado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Avaliarase en relación cos criterios establecidos no programa da materia do curso anterior. |
25 |
Proba obxectiva |
Proba escrita sobre os contidos teórico prácticos incluídos no programa na tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado cos mesmos.
A proba terá dúas partes de acordo coa estruturación da materia:
1. Medio Natural: computa 25.
2. Medio Social e Cultural: computa: 50
Valorarase principalmente a capacidade de estruturación e fundamentación: análise, argumentación, claridade e concreción.
|
75 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Benejam, P. et al (2002). Barcelona: Graó. Barcelona: Graó
Rodríguez Lestegás, F. (1984). Didáctica das Ciencias Sociais na Educación Infantil.. Vigo: Ed. Ir Indo
Cooper, H. (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria.. Madrid: Morata
Aranda Hernando, A.M. (2003). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en la educación infantil. Madrid: Ed. Síntesis |
|
Bibliografía complementaria
|
Caamaño Suárez, M. (2003). As construcción da arquitectura popular: Patrimonio Etnográfico de Galicia. A Coruña: Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia.
Bas, B. (1983 (2ª edición 2002)). As construcións populares: un tema de etnografía en Galicia. Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44
VVAA (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Carballo Arceo, L. X (2000.). Os castros galegos. Vigo: A Nosa Terra |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|