Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Innovación, orientación e avaliación educativa. |
A2 |
Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos críticos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A3 |
Ser capaz de concibir, deseñar ou poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con rigor científico e de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que a sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades; seguindo as pautas do método científico e dos procesos de investigación desenvoltos acordes a determinadas metodoloxías de investigación cualitativa, cuantitativa e orientadas ó cambio e á innovación. |
A7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas. |
A13 |
Deseñar sistemas de calidade educativa e elaborar planos estratéxicos a nivel directivo, táctico e operativo que impliquen asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Capacidade de adaptación a situacións novas. |
B3 |
Traballar de forma autónoma e con iniciativa. |
B4 |
Traballar de forma colaborativa. |
B5 |
Capacidade de organización e planificación. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Analizar as políticas de igualdade no ámbito educativo. |
AI1 AI2 AI3 AI6
|
BI1 BI3
|
CM6
|
Examinar os fundamentos da cultura igualitaria |
AI1 AI2 AI6
|
BI1 BI2 BI3
|
CM6 CM7
|
Observar os presupostos teóricos na conceptualización de cidadanía |
AI1 AI2 AI6 AI12
|
BI1 BI3
|
CM4 CM5
|
Discernir a diversidade de identidades nun contexto global |
AI1 AI2 AI3 AI6
|
BI1 BI3 BI4 BI5
|
CM4 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. FUNDAMENTOS DA CULTURA IGUALITARIA |
1.1 Xustiza social nun mundo globalizado
1.2 Igualdad vs Igualitarismo
1.3 Niveis de xustica social
1.4 Re-conceptualización do público
1.5 As sementes dua novo humanismo
|
2. PRESUPOSTOS TEÓRICOS PARA PENSAR UNHA NOVA CIDADANÍA |
2.2. Transformacións sociais e ámbitos de intervención
2.3. Procesos de aprendizaxe e participación democrática
2.3. Profesionalización e democratización
2.4. Pedagoxía crítica e cidadanía
2.5. Socidade e escola na construción de cidadanía |
3. FORMACIÓN DE IDENTIDADES E IGUALDADE |
3.1. Experiencias identitarias
3.2. Relacións culturais e diversidade identitaria
3.3. Dimensións educativas na construción da identidade
3.4. Curriculum e diversidade cultural
3.5. Escola e pluralismo cultural |
4. CONTROVERSIAS NO BINOMIO REDISTRIBUCIÓN/RECOÑECEMENTO |
4.1. Conflictos en torno á redistribución e recoñecemento
4.2. Dualismo perspectivista e integración
4.3. Políticas escolares en torno á redistribución
4.4. Políticas ecolares en torno ao recoñecemento
4.5. Representación e xustiza curricular |
5. DISCURSOS DE XÉNERO NO ÁMBITO ESCOLAR |
5.1. Curriculum oculto e desigualdade
5.2. Coeducación e escola mixta
5.3. A cultura da masculinidade
5.4. O androcentrismo no curriculum
5.5. O Universalismo interactivo |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
21 |
0 |
21 |
Análise de fontes documentais |
0 |
10 |
10 |
Proba de ensaio |
0 |
25 |
25 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
0 |
10 |
10 |
Portafolios do alumno |
0 |
7 |
7 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico |
Proba de ensaio |
que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada ao alumnado estará garantida en todo momento. As cuestións aclaratorias sobre a materia, as dúbidas persoais, as ampliacións de contido así como unha reflexión máis pormenorizada da materia serán atendidas en horario de titoría que se entregará ao alumnado o primeiro día do seminario |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
O proceso de avaliación explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais |
10 |
Seminario |
O proceso de avaliación explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais |
40 |
Análise de fontes documentais |
O proceso de avaliación explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De ser o caso, invitarase ao alumnado a participar como ointe a algunha conferencia, acto académico de especial importancia para a materia |
10 |
|
Observacións avaliación |
O proceso de avaliación explicarase pormenorizadamente ao alumnado o primeiro día do seminario, tendo en conta as particularidades, intereses e dilemas individuais
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BENHABIB, Seyla. Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global. Madrid. Katz
FRASER, Nancy and HONNETH, Axel. (2206). ¿Redistribución o Reconocimiento?. Madrid. Morata.
FRASER, Nancy (2008). Escalas de justicia. Barcelona. Herder
GIMENO SACRISTÁN, José. ( educar y convivir en la cultura global. Madrid. Morata
GUTMANN, Amy. (2008). La identidad en democracia. Madrid. Katz
NUSSBAUM, Martha. (2005). El cultivo de la humanidad. Una defensa clásica de la reforma en la educación liberal. Barcelona. Paidós |
Bibliografía complementaria
|
|
Gee, J.P. (2005): La ideología en los discursos. Madrid, Morata.
Gimeno Sacristán, J. (1997): El curriculum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata (7ª ed.).
Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, Á.I. (Comps.) (1997): Comprender y transformar la enseñanza (6ª ed.). Madrid, Morata.
Giroux, H.A. (1988): Los profesores como intelectuales: hacia una pedagogía crítica del aprendizaje. Barcelona/Madrid, Paidós/MEC.
Guttman (Gutmann), A. (2001): La educación democrática: una teoría política de la educación. Barcelona, Paidós.
Hargreaves, A. (1996): Profesorado, cultura y postmodernidad (cambian los tiempos, cambia el profesorado). Madrid, Morata.
Hargreaves, A. (2003): Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona, Octaedro.
Stenhouse, L. (2003): Investigación y desarrollo del curriculum (5ª ed.). Madrid, Morata
Torres Santomé, J. (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.
Torres Santomé, J. (2005): El curriculum oculto (8ª ed.). Madrid, Morata.
Torres Santomé, J. (2006): La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata.
Torres Santomé, J. (2006): Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (5ª Ed.). Madrid, Morata.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Problemas sociais, xustiza xuvenil e educación/652439027 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|