Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de orientación e inserción laboral é unha introducción a orientación profesional. A súa finalidade é contribuir a adquisición de competencias que permitan comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias do profesorado da especialidade de FOL. A orientación profesional está presente nos contidos dos módulos nos que ten atribucións docentes e nas funcións que lle competen como membro do departamento de orientación dos IES e do departamento de orientación e información profesional dos Centros Integrados de Formación Profeisonal. Outra das razóns que xustifican a importancia desta materia está relacionada co feito de que, a case totalidade do alumnado do itinerario de FOL, non ten cursado durante os estudos unviersitarios materias relacionadas coa orientación profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e valorar a necesidade de formación neste campo. AP1
CM7
Analizar, dende unha perspectiva instituciona,l a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai os aspectos organizativos e funcionais. AP3
CM5
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, coñecer as características conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións na programación dos contidos de orientación do módulo de FOL. AP1
AP3
AP5
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP5
Analizar e valorar o currículo oficial das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional e assúas áreas de intervención. AP1
AP2
Analizar e deseñar programas e recursos de orientación profesional para o ensino secundario, para os programas de cualificación profesional inicial e para os ciclos formativos. AP6
AP7
AP9
CM3
Coñecer as posibilidades de utilización de Internet e da web 2.0 na OP e concretalas na programación das materias da especialidade AP6
AP9
CM6
Analizar e valorar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade por razón de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP5
CM4
Identificar os obxectivos, contidos e principios da orientación profesional non sexista, analizar e deseñar programas ou actividades que integren a perspectiva de xénero. AP1
AP5
AP6
Coñecer e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade

Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Inserción laboral, profesional, sociolaboral e transición da escola a vida activa. Factores de inserción laboral.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. O xénero como factor condicionante da toma de decisións académicas e profesionais.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero do sistema educativo e do mercado laboral
3.3. Normativa legal e enfoque de xénero na OP: evolución e situación actual.
3.4. Finalidades, obxectivos e contidos da OP con enfoque de xénero.
3.5.Análise e deseño de programas e actividades de OP que incorporan a perspectiva de xénero.
Tema 4. A utilización de internet e da web 2.0 en orientación profesional 4.1. Ámbitos de utilización de Internet

4.2. As aplicacións da web 2.0

4.3. As competencias dixitais do profesorado de FOL
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
5.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
5.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
5.3. Organización e funcións da OL no ámbito laboral
5.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 3 17 20
Sesión maxistral 11 0 11
Presentación oral 1 1 2
Portafolios do alumno 0 10 10
Estudo de casos 7 19 26
Traballos tutelados 7 17 24
Proba de resposta breve 0 3 3
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais a) Análise da concepción e da presenza de obxectivos e contidos relativos a orientación profesional no currículo do módulo de FOL. (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Lecturas complementarias sobre metodoloxía didáctica e fundamentación teórica das programacións de orientación profesional (actividade individual)
d) Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto de FOL (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Presentación oral Presentación do traballo tutelado
Portafolios do alumno O portafolio do alumnado é unha actividade individual que ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como criterio de autoavaliación os resultados de aprendizaxes)
- Marcador social creado para a clasificación e xestión dos recursos web útiles para o ensino dos módulos da especialidade
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, temáticas para seguir aprendendo.. )
- Relación coas materias do módulo xenérico e coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Listaxe de cuestións relacionada cos contidos da materia que poden ser obxecto de observación e análise no período de prácticas.
- Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e dun glosario de termos.
- Temáticas relacionadas coa materia nas que cómpre seguir formándose.
Estudo de casos Deseño dun programa de orientación profesional que integra o enfoque de xénero para alumnado de PCPI (Programas de Cualificación Profesional Inicial).


Traballos tutelados Deseño dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos para traballar contidos de orientación profesional
Deseño dunha webquest
Proba de resposta breve Cinco preguntas sobre cuestións teóricas e prácticas

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A titoría vai ser grupal e individual. A titoría ten como finalidade o apoio no proceso de aprendizaxe e ó seguimento e supervisión do estudo de caso e dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Deseño dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos ou deseño dunha webquest. (Actividade grupal)
25
Estudo de casos Deseño dun programa de orientación profesional que inclúa a perspectiva de xénero para o alumnado dun Programa de Cualificación Profesional Inicial. (Actividade grupal)

25
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe, as aprendizaxes adquiridas e a súa relación co resto das materias do mestrado. (Actividade individual) 20
Proba de resposta breve Cinco preguntas sobre cuestións teóricas e prácticas 20
Análise de fontes documentais - Análise de programas e actividades de orientación non sexista. (actividade grupal)
- Lecturas complementarias sobre metodoloxía didáctica e fundamentación teórica das programacións de orientación profesional (actividade individual).
- Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade. (actividade grupal)
10
 
Observacións avaliación
O portafolio do alumnado

é unha actividade individual que ha de conter os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, pódese utilizar como criterio de autoavaliación os resultados de aprendizaxes)
- Marcador social creado para a clasificación e xestión dos recursos web útiles para o ensino dos módulos da especialidade
- Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, temáticas para seguir aprendendo.. )
- Relación coas materias do módulo xenérico e coas materias do itinerario de FOL.
- Aplicación na elaboración do TFM
- Listaxe de cuestións relacionada cos contidos da materia que poden ser obxecto de observación e análise no período de prácticas.
- Elaboración dun mapa conceptual dos contidos da materia e dun glosario de termos.
- Temáticas relacionadas coa materia nas que cómpre seguir formándose

  Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presenta un dossier  coas actividades grupais e a ficha de autoavaliación e coavaliación das actividades grupais.

Para a avaliacion do programa e da docencia van se utilizar os seguintes medios:
- Observacións e reflexións da profesora
- A valoración do alumnado recollida en distintas sesións.
- Cuestionario aplicado ao finalizar a materia


Fontes de información
Bibliografía básica Sánchez Garcia, M. F. (2006). Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio . Madrid: Sanz Torres
Espin, J. e outras (1996). Análisis de recursos educativos desde una perspectiva sexista. Barcelona: Editorial Laertes
Rodríguez Moreno, M.L. (2010). Desarrollo de competencias: teoria y práctica. Barcelona:Editorial Laertes
Alastruey. R. (2010). El networking. Barcelona: Editorial UOC
Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0. Barcelona: Editorial UOC
Álvarez González, M. e Bisquerra, R. (2007). La madurez para la carrera en Educación Secundaria: evaluación e intervención. Madrid: EOS
Cobos, A.; Gutiérrez-Crespo, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Barcelona: Editorial Grao
Pérez Ortega, A. (2009). Marca personal. Madrid: Editorial ESIC
González López, Isabel (2009). Orientación académica y profesional en clave de Igualdad. Participación Educativa, 11, 120-121
Echeverría, B. (Coord.) (2008). Orientación Profesional (caps:3,4,5 e7) . Barcelona: UOC
Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Madrid:Bibliotec Nueva
Grañeras, M. e Parras, A. (2008). Sociedad de la información e intervención psicopedagógica. Madrid: CIDE

Para cada tema   vaíse proporcionar  bibliografía e webgrafia específica, diferenciando a de lectura obrigatoria e a de profundización. 


Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías