Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A2 |
Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6. |
A4 |
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. |
A6 |
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
A10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
A11 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. |
A12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
A21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6. |
A22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. |
A29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo. |
A30 |
Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. |
A37 |
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
A41 |
Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación. |
A42 |
Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
A43 |
Favorecer as capacidades da fala e da escritura. |
A44 |
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. |
A45 |
Coñecer a tradición oral e o folclore. |
A46 |
Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua. |
A47 |
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino. |
A49 |
Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal. |
A50 |
Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura. |
A51 |
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. |
A54 |
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal. |
A55 |
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos. |
A57 |
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B19 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
B20 |
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes. |
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a tradición oral e o folclore. |
A45
|
|
|
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e o seu ensino. |
A47
|
|
|
Coñecer e utilizar correctamente recursos de animación á lectura. |
A1 A2 A4 A6 A10 A12 A13 A19 A21 A23 A28 A29 A30 A41 A42 A43 A44 A45 A49 A50 A51 A55 A57
|
B1 B3 B4 B5 B6 B11 B12 B15 B19 B24 B25
|
C1 C4 C7 C8
|
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. |
A51
|
|
|
Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, no ámbito estatal e en Galiza |
A13 A37 A45 A51
|
B10 B11 B12 B19 B20 B24
|
C1
|
Comprender a evolución histórica do concepto de literatura infantil, as particularidades do proceso de comunicación que se xera arredor da literatura con destinatario infantil e os debates arredor do canon literario. |
A37
|
B10 B11 B12 B19 B22
|
C1
|
Coñecer os principais xéneros da literatura infantil e saber deseñar estratexias didácticas para o seu traballo na aula. |
A1 A4 A6 A10 A12 A13 A22 A23 A28 A29 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57
|
B3 B4 B5 B11 B12 B15 B17 B19
|
C1
|
Identificar as características da biblioteca escolar e coñecer experiencias de innovación xurdidas a partir desta |
A10 A11 A12 A13 A28 A41 A42 A43 A47 A50 A51
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Que é a literatura infantil? |
1.1. A evolución do concepto de literatura infantil
1.2. A literatura infantil como campo literario específico
1.3. A literatura infantil e a polémica do canon |
2. Orixes e desenvolvemento da literatura infantil |
2.1. A literatura infantil no mundo occidental
2.2. A literatura infantil no ámbito estatal
2.3. A literatura infantil galega |
3. Introdución aos principais xéneros e a súa didáctica |
3.1. A poesía
3.1.1. O cancioneiro infantil de tradición oral
3.1.2. A poesía de autor para nenos e nenas
3.2. A narrativa
3.2.1. O conto de tradición oral
3.2.2. O álbum ilustrado
3.2.3. O libro-xogo e o álbum sen palabras
3.3. O teatro
3.3.1. A dramatización escolar
3.3.2. Os espectáculos teatrais para nenos e nenas |
4. A biblioteca escolar e a animación á lectura |
4.1. Como se crea unha biblioteca escolar
4.2. Experiencias de innovación docente arredor da biblioteca escolar
4.3. O pracer do texto: máis estratexias de animación á lectura |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
18 |
18 |
36 |
Presentación oral |
2 |
4 |
6 |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
Sesión maxistral |
24 |
24 |
48 |
Proba de ensaio |
1 |
20 |
21 |
Lecturas |
0 |
16 |
16 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. |
Presentación oral |
Exposición na clase do traballo tutelado. |
Traballos tutelados |
Traballo en grupo consistente na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. |
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado. |
Proba de ensaio |
Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico. |
Lecturas |
Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá ao profesorado trabar coñecemento co alumnado e facer o seguimento dos seus progresos. As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a na elaboración do traballo tutelado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Traballo en grupo e presentación oral do mesmo. A tarefa poderá consistir nun proxecto de investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, contrastar información e elaborar un discurso claro e correcto desde o punto de vista expresivo. Dependendo do tipo de traballo polo que se opte, valorarase tamén a orixinalidade na esolla do tema e a creatividade no desenvolvemento da proposta. |
50 |
Proba de ensaio |
Proba consistente en preguntas de certa amplitude, na que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de síntese, a claridade expositiva e a corrección expresiva. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será preciso ter aprobadas as dúas partes. No caso de ter unha parte aprobada e outra suspensa, gardarase o aprobado para a oportunidade de xullo. Os grupos deberán estar formados por un mínimo de catro persoas. Aquelas persoas que non constitúan grupo ou non asistan regularmente ás clases serán avaliadas unicamente a través da proba de ensaio, que suporá o 100% da cualificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Beneito, J. M. (2003). Una experiencia de trabajo por tareas en lengua castellana y literatura -tercero de ESO. Textos de didáctica de la lengua y la literatura, 32 (Monográfico: La enseñanza de la lengua en Latinoamérica), 106-119 Elliott,
J. (2000). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata. Fernández Martín, P. (2008). La enseñanza de la literatura por tareas. Una propuesta didáctica para alumnos de bachillerato. Didáctica. Lengua y literatura, 20, 61-87. González Caravaca, G., Huerta López, A., Iglesias Varela, B., De la Madrid Heitzmann, L., Ramos Pérez, A. (2013). Encuentro de cuentos: reflexiones en torno a una experiencia de trabajo por proyectos en secundaria. Tendencias pedagógicas, 21 (Monográfico: Experiencias innovadoras en Educación), 47-62 Hernández, F. (2002). Los
proyectos de trabajo. Cuadernos de Pedagogía, 310, 78-82. Hernández, S. & Ventura, M. (1992). La
organización del currículo por proyectos de trabajo. Barcelona:
Graó.
Kemmis, S. & McTaggart, R. (1992). Cómo
planificar la investigación-acción. Barcelona:
Laertes. Malonda Grau, J. B. et alii (2004). ¿Qué han significado para mí los proyectos de
trabajo?. Cuadernos de pedagogía, 332, 71-75. Margallo González, A. M. (2012). La educación literaria en los proyectos de trabajo. Revista Iberoamericana de Educación, 59, 139-156. McKernan,
J. (1999). Investigación-Acción
y curriculum.
Madrid: Morata. Nemirovsky, M. (coord.) (2009). Experiencias escolares con la lectura y la escritura. Barcelona: Graó. Ramos García, J. (2003). ¿Qué
significa investigar en la escuela? Kikiriki.
Cooperación educativa, 67, 22-27. Rancière, J. (2003). El maestro ignorante: cinco lecciones sobre la emancipación intelectual. Barcelona: Laertes. Stenhouse, L. (2004). La
investigación como base de la enseñanza. Madrid:
Morata. Textos de Didáctica de la Lengua y la Literatura (2012), 59 (Monográfico: Investigar para aprender). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|