Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Economía da Empresa Código 730112405
Titulación
Enxeñeiro Naval e Oceánico
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 4.5
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Martinez Lopez, Alba
Correo electrónico
alba.martinezl@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Alba
Correo electrónico
alba.martinezl@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura trata de introducir aos alumnos nas técnicas de administración empresarial. Consta de tres grades bloques temáticos. No 1º introdúcese ao alumno na técnica de realización e análise da contabilidade financeira. No 2º abordase a realización de controis de custos, ou contabilidade analítica e na 3º abordase o proceso de creación de empresas e o análise de viabilidade técnica e financeira de proxectos de investimento

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aplicar os fundamentos da Enxeñaría Naval e Oceánica.
A7 Proxectos e cálculo de produtos, procesos, instalacións e factorías navais en todos os ámbitos do sector naval e marítimo.
A8 Investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos relacionados co sector naval e marítimo.
A10 Dirección, planificación e supervisión de equipos multidisciplinares.
A12 Dirección xeral, dirección técnica, dirección de proxectos de I+D+I en factorías navais e empresas relacionadas co sector naval e marítimo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B10 Actitude orientada á análise.
B11 Actitude creativa.
B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
B17 Analizar e descompoñer procesos.
B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
B19 Motivar ao grupo de traballo.
B22 Vontade de mellora continua.
B23 Positivos fronte a problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumno debe saber: Interpretar as contas anuais dunha empresa para poder analizar a evolución do patrimonio e do seu equilibrio financeiro a curto e longo prazo. Debe tamén aprender a comparar os ratios das contas da empresa cos ratios medios das empresas do seu sector, para realizar unha visión comparada da súa evolución económica e financeira. Debe saber extraer datos históricos da contabilidade analítica que sirvan de base para a construción de modelos de control de custos e a avaliación do proxectos de I+D+i e innovación na empresa. O alumno debe saber facer: Contas Anuais, Análises de Balances,Cadros de Financiación, Elaborar modelos de custos históricos, estándar e baseados nas actividades (ABC), Plans de Viabilidade Económico-Financeira de novos proxectos empresariais. O alumno debe saber integrase en grupos diversos, cooperar con responsables de distintas áreas para recabar información fundamental para a realización de previsións, ter capacidade de organización, capacidade de síntese e capacidade directiva. A1
A7
A8
A10
A12
B1
B2
B3
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B17
B18
B19
B22
B23
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da Contabilidade Financeira





A Contabilidade de custos









Creación de Empresas e Análises de Viabilidade Económico-Financeira de proxectos de investimento
O Balance
A conta de perdas e ganancias
A mecánica contable
Os estados de fuxos de fondos
Os estados contables das empresas industriais
Estudo comparado por medio da técnica de ratios

Sistemas de contabilidade de custos
Custos por proceso
Custos por pedido
Orzamentos, Estándares e Desviacións
Sistemas de custos estándar
Os sistemas de custos baseados nas actividades (ABC)
Información Contable e toma de decisións de explotación
Relación entre custos, beneficios e volume de actividade
Marxe de contribución e marxe bruto



Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 25 6.25 31.25
Solución de problemas 15 3.75 18.75
Prácticas a través de TIC 25 20 45
Estudo de casos 10 3 13
Proba mixta 4.5 0 4.5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais abordarase o coñecemento teórico dos dous primeiros módulos. Desenvolveranse conceptos de contabilidade financeira (interpretación, elaboración e análise de contas anuais e estudos de sistemas de custos). Realizaráse en aula convencional apoiándonos en pizarra e uso de presentacións con portatil e canón.
Solución de problemas Os problemas da primeira parte son de elaboración de anotacións contables e contas anuais (balances conta de perdas e ganancias, memoria).
Os problemas da segunda parte serán de definición de sistemas de custos históricos (custos procesos, pedidos, estándares e análise de desviacións, custos baseados nas actividades ABC)
Prácticas a través de TIC Realizaranse modelizacións de sistemas de custos e aplicaránse á resolución mediante a folla de cálculo de sistemas de custos comparados.
Realizarase modelización de casos de creación de empresas e de análise económico-financeiro de proxectos de investimento
Estudo de casos Estudaremos casos de solucións de problemas de control de xestión e custos en empresas existentes, baseándonos en bases de datos empresariais de carácter económico.
Estudaremos os modelos de avaliación que realizan diversas Sociedades e Fondos de Capital Risco e súa aplicación a casos de empresas existentes que contrastaremos coa evolución dos seus datos publicados en bases de datos especializadas
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita e unha proba realizada en aula de informática sobre diversos casos de contabilidade financeira e analítica

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
Sesión Maxistral:
Explicación da teoría da materia apoiándome en apuntes realizados persoalmente escolmando materia de aoutores de recoñecido prestixio na materia e atendendo especialmente ás últimas novedades publicadas sobre ela nas principais editoriais.

Solución de problemas:
Problemas sobre realización e interpretación de contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias, cadro de financiaión, análise evolutiva e sectorial baseado en ratios, memoria).

Prácticas a través de TIC´s:
Realización de simulación con excel de sistemas de custos (proceso, pedido, estándares, ABC) e de plans de negocio de proxectos de investimento.

Estudo de casos:
Estudo de casos empresariais sobre análise e control de custos e sobre novos proxectos empresariais de éxito.

Proba mixta:
Realizacicón de proba escrita sobre o contido teórico da asignatura en bas a cuestións e exercicios parciais e proba de simulación con excel sobre casos de custos ou plans de viabilidade.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Realización de proba escrita final de carácter teórico e práctico sobre análise e interpretación de balances e realización de simulacións con excel sobre casos de custos e viabilidade 20
Estudo de casos Estudo de casos de realización con éxito de implantación de novos sistemas de custos e de creación de novos negocios empresariais 5
Prácticas a través de TIC Realización de problemas empregando excel sobre simulación de sistemas de custos e proxectos de viabilidade 45
Sesión maxistral Traballos sobre as explicacións teóricas do profesor e preguntas realizadas diretamente nas clases 10
Solución de problemas Solución de problemas sobre elaboración,análise e interpretación de contas anuais 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías