Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Organización e xestión da empresa Código 730G05007
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Castro Santos, Laura
Martinez Lopez, Alba
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
laura.castro.santos@udc.es
alba.martinezl@udc.es
Web
Descrición xeral Dada a importancia que ten a organización e xestión empresarial, a presente materia introducirá ó alumno/a nesta disciplina desde o punto de vista do sector naval.

O programa estruturarase en distintos bloques, que abranguirán a función directiva, a función financeira e a función de produción.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento da estrutura organizativa e funcional dunha empresa no seu conxunto e de cada unha das súas áreas funcionais (comercial, financeira, produción e operacións) A6
B1
B5
B9
Conocimiento del concepto de empresa y del marco institucional y jurídico de la misma A6
Coñecemento da función de dirección nos eidos da planificación, a organización, o control e a estratexia empresarial e das súas ferramentas máis empregadas no eido empresarial A6
B7
Coñecemento e aplicación da función financeira da empresa a través de técnicas de avaliación de proxectos de investimento A6
B2
B3
B5
C1
C3
C5
C6
Planificación e dirección das operacións necesarias para as actividades que se levan a cabo para a construción e reparación de buques e outras unidades flotantes A6
C1

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FUNDAMENTOS Tema 1: A empresa como sistema.
Tema 2: Marco institucional e xurídico: clases de empresas.
Tema 3: Responsabilidade Social Empresarial.
BLOQUE II: A FUNCIÓN DE DIRECCIÓN Tema 4: A planificación.
Tema 5: A organización.
Tema 6: A estratexia empresarial.
BLOQUE III: A FUNCIÓN FINANCEIRA Tema 7: A inversión na empresa.
Tema 8: O financiamento da empresa.
Tema 9: Viabilidade de proxectos.
BLOQUE IV: A FUNCIÓN DE PRODUCIÓN Tema 10: A produción e as operacións.
Tema 11: A xestión da calidade.
Tema 12: Dirección de proxectos.
Tema 13: Xestión de aprovisionamentos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 0 30
Proba obxectiva 15 0 15
Estudo de casos 7.5 0 7.5
Prácticas a través de TIC 37.5 0 37.5
Traballos tutelados 5 5 10
Solución de problemas 22.5 22.5 45
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Exposición das ideas esenciais dos contidos e proposición de cuestións para fomentar a reflexión e o diálogo entre os estudantes
Proba obxectiva Proba escrita (unha ou varias) utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: tipo test, desenvolvemento de teoría, problemas, etc.
Estudo de casos Proposición ao alumno dun problema concreto (caso), o cal describe unha situación real da vida profesional, e do que debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico sobre os contidos desenvolvidos nun ámbito de coñecemento concreto mediante o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son empregados para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Poderán ser de dous tipos:
- Exercicios propostos: exemplos similares aos da aula que deberán ser resoltos polos alumnos.
- Portafolio do alumno: compendio de varios contidos aplicados a un caso concreto de estudo proposto polo alumno.
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos na aula, os cales servirán para afianzar os contidos traballados e que resolverán unha situación problemática concreta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Descrición
As sesións maxistrais e a solución de problemas requiren unha atención personalizada na aula.
Por outro lado, o estudo de casos, as prácticas a través de TIC e a solución de problemas pode precisar un seguimento pormenorizado mediante titorías.
Finalmente, os traballos tutelados serán propostos ao longo do curso, polo que o alumno será guiado no desenvolvemento dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba ou probas escritas, tanto de teoría como de práctica, a desenvolver durante o curso
40
Traballos tutelados Dado que existen dous tipos de traballos tutelados, levarase a cabo unha desagregación da súa porcentaxe:
- Exercicios propostos: 20%
- Portafolio do alumno: contidos (30%) + exposición oral (10%)
60
 
Observacións avaliación

Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua: como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (40%), exercicios propostos (20%), contidos do portafolio (30%) e exposición oral do portafolio (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 4 puntos para facer media có resto (exercicios propostos, contidos do portafolio, exposición oral do portafolio).
  • Avaliación non continua: exame final (80%), exercicios propostos (0%), contidos do portafolio (0%) e exposición oral do portafolio (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.

No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria ou/e extraordinaria. As partes aprobadas nas convocatorias de xuño e xullo gardarase para os cursos académicos posteriores.


Fontes de información
Bibliografía básica Hampton, David R. (1989). Administración . McGraw-Hill
Thompson, Arthur (2008). Administración estratégica. Mc Graw-Hill
Jarillo, José Carlos (1993). Dirección estratégica. Mc Graw Hill
Bueno Campos, E., Cruz Roche, I. y Durán, J. (2002). Economía de la empresa. Pirámide
Esteban Pérez, José (2009). Economía del sector marítimo. Instituto Marítimo Español
Mochón Morcillo, F. et al. (2010). Empresa y economía industrial. Mc Graw Hill
García del Junco, J. y Casanueva, C (2002). Fundamentos de Gestión Empresarial. Pirámide
Abancens, A. (1995). Organización empresarial: organización de la producción. Donostiarra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías