Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Capacidade para facer o estudo do deseño ou da fabricación dun equipo, dunha planta industrial, da posta a punto dunha instalación, dun prototipo, dun modelado teórico dun equipo, dun sistema ou dunha instalación, ou o estudo científico, tecnolóxico, económico, estatístico, de desenvolvemento de software, de planificación, de xestión e explotación, relativo a equipos, a obras, a instalacións, a sistemas de traballo en plantas industriais etc. de acordo coa normativa técnica vixente. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12
|
B2 B4 B6 B11 B16
|
C1
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
0.2 |
5 |
5.2 |
Traballos tutelados |
0 |
92.3 |
92.3 |
|
Atención personalizada |
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
A defensa do PFC será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos. O obxectivo é que o alumno
describa de forma ordenada, clara e empregando vocabulario técnico propio da titulación, o traballo realizado.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
|
Traballos tutelados |
O Proxecto Fin de Carreira deberá encadrarse nos seguintes tipos:
1.- Estudo do deseño ou da fabricación dun equipo, dunha planta industrial, ou da posta a punto dunha instalación de acordo coa normativa vixente.
2.- Estudo dunha idea ou dun prototipo, dun modelo teórico dun equipo ou dunha instalación, que constitúa unha contribución orixinal ás tecnoloxías actuais ou unha aplicación orixinal das mesmas tecnoloxías, propias da titulación correspondente.
3.- Estudo científico, tecnolóxico, económico, estatístico, de desenvolvemento de software, de planificación, de xestión e explotación, relativo a equipos, a obras, a instalacións, a sistemas de traballo en plantas industriais etc. que constitua unha contribución orixinal ás materias e ás técnicas actuais propias da titulación ou unha aplicación orixinal destas técnicas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
É misión do titor orientar e dirixir o traballo do alumno en cuestións relacionadas coa estrutura do tema, coa filosofía ou co enfoque. As cuestión de cálculo e de detalle son responsabilidade e competencia do alumno. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A defensa do PFC será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
O tribunal estará constituido da seguinte forma:
Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do PFC. |
20 |
Traballos tutelados |
Ao mesmo tempo que o alumno entrega o PFC, o titor ha de entregar o informe de avaliación que debe incluir unha cualificación, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación, esta valoración suporá un 40% da cualificación final.
O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do PFC, a aplicación tecnolóxica etc. representando este apartado un 40% da cualificación final. |
80 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para poder realizar o PFC, ademais de matricularse nesta materia, é preciso cursar unha SOLICITUDE, coa proposta de proxecto a desenvolver, na Administración que será avaliada pola Comisión de Proxectos do Centro.
Esta SOLICITUDE pódese cursar en calquiera momento do ano, pero como mínimo TRES MESES ANTES do prazo establecido para a entrega de documentación de proxectos en cada convocatoria.
Os requisitos académicos que ha de cumplir o alumno para que sexa admitida a trámite a sua solicitude son:
Ha de ter aprobados os dous primeiros cursos completos da carreira, aunque excepcionalmente, admitiranse a trámite as propostas de PFC, a aqueles alumnos con un número de créditos pendentes que non superen o total da carga lectiva de 3er curso ( exceptuando do dito cómputo o PFC e os créditos de libre configuración).
Os créditos pendentes do alumno calculanse atendendo á seguinte expresión:
Créditos pendentes = (Nº de créditos de materias pendentes de 3º) + (Nº de créditos de materias pendentes de 2º) x 2 + (Nº de créditos de materias pendentes de 1º) x 2.
RECOMÉNDASE LER TODA A DOCUMENTACIÓN REFERIDA AO PFC PUBLICADA NO APARTADO DOCENCIA DA WEB DO CENTRO. |
|