A avaliación da materia
consistirá nunha avaliación teórica (50%) e outra práctica (50%). As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.
Avaliación teórica
A avaliación teórica consistirá en 2 probas parciais:
-A primeira realizarase unha vez explicados os 2 primeiros temas e terá un peso do 25% da nota final de teoría.
-A segunda realizarase coincidindo co exame final, e terá un peso do 75% da nota final de teoría.
Cada proba parcial constará dunha parte de preguntas de resposta curta e/ou tipo test e dunha parte de resolución problemas.
Avaliación práctica
Propoñerase
a realización dun sistema dixital de complexidade media, no que se
avaliará a correcta aplicación dos conceptos teóricos. Ao final do
cuadrimestre, será preciso entregar unha memoria explicativa deste. Para
alcanzar a máxima nota os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal). Supoñerá un 50% da nota final.
Nota final
A nota final calcularase como media aritmética da parte teórica e práctica.
Nota Final =(Nota final de teoría + Nota traballo)/2
Será necesario alcanzar en ambas as dúas partes un mínimo do 40% da cualificación máxima.
Segunda oportunidade
Na
segunda oportunidade, realizaranse dúas probas: unha teórica e outra
práctica. Para realizar a parte práctica é preciso apuntarse, falando
previamente co profesor.
A teórica consistirá nunha proba
obxectiva escrita cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario.
Supoñerá un 50% da nota final.
A proba práctica será un exercicio no Laboratorio, a puntuación desta parte será do 50% da nota final.
Para aprobar é preciso obter polo menos un 4 sobre 10 en ambas as dúas partes.