Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Xenética Evolutiva Código 610212621
Titulación
Licenciado en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Todos Optativa 5.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Celular e Molecular
Coordinación
Naveira Fachal, Horacio
Correo electrónico
horacio.naveira.fachal@udc.es
Profesorado
Naveira Fachal, Horacio
Correo electrónico
horacio.naveira.fachal@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia profundiza no estudo da variación xenética desde unha perspectiva poboacional e evolutiva. Supón un exercicio de madurez intelectual e integración de coñecementos doutras disciplinas da licenciatura (Xenética, Bioquímica, Ecoloxía, Zooloxía e Botánica), polo que preferiblemente debe cursarse en 5º. Os seus descritores serían os seguintes: variación xenética e fenotípica; sistemas reprodutivos e de apareamento; diferenciación xenética; fontes de variación; selección darwiniana; deriva xenética aleatoria; evolución molecular; evolución de caracteres cuantitativos; especiación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Realizar análises filoxenéticos.
A7 Illar, analizar e identificar biomoléculas. Identificar e utilizar bioindicadores.
A10 Manipular material xenético, realizar análise xenética e levar a cabo asesoramento xenético.
A16 Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal.
A18 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A19 Deseñar modelos de proceso biolóxicos.
A21 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas medioambientais.
A22 Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas.
A24 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A25 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A27 Capacidade de impartir coñecementos de Bioloxía.
A28 Capacidade para o manexo de instrumentación científica.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade de reformular e analizar os problemas biolóxicos desde unha perspectiva evolutiva. A18
A24
A27
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C6
C7
Elección das técnicas e métodos máis axeitados para abordar o estudo dun determinado problema evolutivo. A7
A18
A19
A24
A25
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C6
C8
Emprego da información xenética co gallo de xestionar, conservar e restaurar poboacións. A6
A7
A10
A16
A18
A21
A22
A24
A25
A27
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C2
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- DIVERSIDADE DA VARIACIÓN XENÉTICA. Conceptos e termos de uso común en xenética
evolutiva. Conceptos estatísticos básicos. Estimas do grao de variación xenética. Distintos tipos de observacións da variación xenética.
TEMA 2.- XENÉTICA CUANTITATIVA. Clases de caracteres fenotípicos. Caracteres
continuos. Valor reprodutivo e valor xenotípico dun xenotipo. Valor ambiental. Sensibilidade ambiental dun xenotipo. Descomposición da varianza fenotípica. Estima do número mínimo de loci (QTL’s) que afectan a un carácter. Cartografía de QTL’s. Heredabilidade.
TEMA 3.- EFECTOS DOS SISTEMAS REPRODUCTIVOS E TIPOS DE APAREAMIENTO SOBRE A VARIACIÓN XENÉTICA. Mantemento da variación xenética en poboacións con reprodución sexual e apareamento aleatorio: lei de Hardy-Weinberg (H-W); desviacións das expectativas H-W. Efectos da reprodución asexual e os apareamentos non aleatorios sobre a variación xenética: partenoxénese; consanguinidade e endogamia; sistemas regulares de apareamentos consanguíneos e clasificados.
TEMA 4.- PROCESO DISPERSIVO DAS FRECUENCIAS XÉNICAS EN POBOACIÓNS PEQUENAS. Mostraxe de gametos e varianza das frecuencias xénicas. Modelo Wright-Fisher. Varianza da frecuencia
xénica entre aillados poboacionais. Consanguinidade dentro de aillados.
Efectos sobre el grao de heterocigose do xenoma dun individuo.
Concepto de tamaño efectivo de poboación. Estima do tamaño efectivo dunha poboaación. Efecto fundador e "bottlenecks".
TEMA 5.- MUTACIÓN E FLUXO XÉNICO. Clases de mutacións. Taxas de mutación.
Cambio nas frecuencias alélicas producido por mutación. Destino dun mutante único. Modelos de mutación en xenética molecular de poboacións. Migración e fluxo xénico. Cambio nas frecuencias alélicas producido por migración; modelo continente-illa; modelo arquipélago.
Mutación e migración en poboacións finitas.
TEMA 6: MODELOS BÁSICOS DO EFECTO DA SELECCIÓN SOBRE AS FRECUENCIAS XÉNICAS. Selección natural. Concepto de “fitness”. Clases
de selección. Modelo haploide. Teorema fundamental da selección natural. Modelo diploide. Efectos da selección sobre o tamaño de poboación; selección dura vs selección mol. Polimorfismos mantidos mediante coeficientes de selección constantes. Depresión endogámica e vigor híbrido.
TEMA 7: DESEQUILIBRIO GAMÉTICO E RECOMBINACIÓN. Grupos de ligamento. Cuantificación do desequilibrio. Acción aleatorizante da recombinación. Factores que
afectan ao desequilibrio. Beneficio evolutivo da recombinación. Interacciones entre xenes non alélicos na determinación da fitness. Coadaptación xenética. Transmisión horizontal.
TEMA 8: INTERACCIÓNS DA SELECCIÓN NATURAL CON OUTRAS FORZAS EVOLUTIVAS. Equilibrio mutación-selección; carga xenética; principio Haldane-Muller. Interacción da selección coa recombinación; trinquete de Muller. Interacción da selección co sistema de apareamento. Equilibrio migración-selección. Interacción da selección coa deriva xenética. Interacción de selección, deriva e mutación. Interacción de selección, deriva e migración.
TEMA 9: ESTIMACIÓN DA "FITNESS" BIOLÓXICA. Compoñentes da fitness. Comparacións entre
xeracións. Comparando o antes e o despois da acción do axente selectivo. Comparacións entre fases dentro do ciclo vital. Estimas espúreas da fitness.
TEMA 10: COEFICIENTES DE SELECCIÓN VARIABLES. Mosaicos ambientais. Variación espacial.
Variación temporal. Selección, fluxo xénico e clinas. Selección dependente das frecuencias. Antagonismo sexual. Evolución das barreiras á fertilización. Selección sexual. Selección de grupo.
TEMA 11.- SELECCIÓN SOBRE CARACTERES CUANTITATIVOS. Conceptos básicos. Clases de selección. Efectos a
curto prazo. Estima da herdabilidade realizada. Efectos a longo prazo. Resposta correlacionada á selección. Xenética cuantitativa evolutiva.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral 15 22.5 37.5
Solución de problemas 6 12 18
Aprendizaxe colaborativa 5 5 10
Foro virtual 0 10 10
Presentación oral 2 5 7
Prácticas a través de TIC 20 28 48
Análise de fontes documentais 0 9 9
Proba obxectiva 4 0 4
Portafolios do alumno 0 4.5 4.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais
Sesión maxistral Cada clase maxistral do profesor ten 1 hora de duración (50 minutos reais). A sesión apóiase coa proxección de imaxes relativas ao tema exposto.
Solución de problemas Á fin de cada sesión maxistral, o profesor entrega aos alumnos un cuestionario composto de exercicios e problemas relacionados coa clase teórica. Os alumnos deben traballar de xeito autónomo este cuestionario, cuxas solucións hanse contrastar coas do profesor noutra sesión maxistral.
Aprendizaxe colaborativa
Foro virtual
Presentación oral Presentación individual de xeito verbal, en inglés, das diversas conclusións dos seminarios, seguida de intervencións ordeadas dos alumnos e profesores nesa mesma língua.
Prácticas a través de TIC Prácticas na aula de informática. Emprego de software especializado para realizar diversos estimas expostas nas sesións maxistrais. Por exemplo, cálculo de árbores filoxenéticas a partir dun conxunto de secuencias de ADN descargadas da base de datos Genbank.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos como introducción xeral a cada tema
Proba obxectiva Exame tipo test no que entra toda a materia teórica do curso.
Portafolios do alumno

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Presentación oral
Descrición
Para o adecuado seguemento e orientación dos alumnos nas actividades ás que debe aportar contidos, cada un deles terá unha hora de titoría obrigatoria, distribuida en dúas sesións de 30 minutos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva O exame final consistirá en cinco exercicios. Tres deles serán elexidos dun total de dez previamente resoltos na clase. Os outros dous serán elexidos entre o resto dos exercicios propostos nos cuestionarios.
40
Prácticas a través de TIC O exame práctico consistirá en varios exercicios de entre os resoltos nas sesións de prácticas de ordenador. 10
Solución de problemas Valoraráse a correcta realización dos exercicios propostos nos cuestionario. Tanto aqueles asignados polo profesor a cada alumno e resoltos na clase, como aqueles resoltos voluntariamente polo alumno/alumna e entregados directamente ao profesor/a. 15
Presentación oral As presentacións serán sempre en inglés.

Avaliación do presentador (1 sesión de 10-20 min), máx 10 puntos.
-Material audiovisual de apoio
-Expresión oral e linguaxe corporal
-Respostas as cuestións dos asistentes

Avaliación dos asistentes (3 sesións de 1 hora), máx 10 puntos.
-Expresión oral e linguaxe corporal
-Preguntas ao presentador
20
Foro virtual 15
 
Observacións avaliación
Convén levar a materia ao día, asisitindo ás sesións maxistrais e respondendo aos cuestionarios. Resulta moi útil entender o inglés escrito, sobre todo á hora de preparar os seminarios, xa que a meirande parte da bibliografía está nesa lingua.

Fontes de información
Bibliografía básica Freeman, S. (2002). Análisis evolutivo. Prentice Hall
Hedrick, P.W. (2010). Genetics of Populations. Jones & Bartlett
Fontdevila, A. & Moya, A. (2007). Introducción a la Genética de Poblaciones. Síntesis
Halliburton, R. (2004). Introduction to Population Genetics. Prentice Hall
Hartl, D.L. & Clarck, A.G. (2007). Principles of Population Genetics. Sinauer Associates

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética Humana/610212622
Métodos e Técnicas de Estudo en Xenética/610212501

Materias que continúan o temario
Bioestatística/610212201
Xenética/610212303

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías