Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Paleobioloxía Código 610212629
Titulación
Licenciado en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Todos Optativa 5.5
Idioma
Castelán
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e da Terra
Coordinación
Montesinos Lopez, Jose Roman
Correo electrónico
roman.montesinos@udc.es
Profesorado
Montesinos Lopez, Jose Roman
Correo electrónico
roman.montesinos@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta asignatura estuda os procesos biolóxicos que operan a escala xeolóxica de tempo. Despois de unha introducción as características principais do rexistro fósil e a súa representatividade, se estudan aspectos relativos a análise da forma orgánica, o papel do rexistro fósil no desenvolvemento da Teoría Evolutiva moderna e a análise de procesos paleoecolóxicos e paleobioxeográficos dende una perspectiva evolutiva. O enfoque da asignatura é eminentemente conceptual, deixando os aspectos mais puramente descriptivos (Paleontoloxía Sistemática) para as prácticas de laboratorio

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. Identificar organismos.
A2 Identificar evidencias paleontolóxicas.
A3 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A27 Capacidade de impartir coñecementos de Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender o fenómeno da fosilización e a representatividade no rexistro fósil das biosferas primitivas A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Entender cómo os procesos biolóxicos que funcionan a escala xeolóxica de tempo, coma a evolución ou as extincións en masa, non poden explicarse por meras proxeccións dos fenómenos que acontecen a escalas de tempo menor A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Afondar no coñecemento da teoría evolutiva desde unha perspectiva mutidisciplinar A2
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8
Coñecer de xeito práctico os principais grupos taxonómicos que conforman o rexistro fósil e a súa utilidade A1
A2
A3
A27
B1
B3
C1
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE-1. HISTORIA E CONCEPTO DE PALEOBIOLOXÍA
Tema 1. Introducción á Paleobioloxía 1.1 Introducción

1.2 Rasgos teóricos e rasgos metodolóxicos

1.3 Divisións internas da Paleobioloxía
BLOQUE-2. TAFONOMÍA
Tema 2. Concepto de Fósil. Tafonomía 2.1 Introducción

2.2 Concepto de fósil e tipos

2.3 Procesos bioestratinómicos

2.4 Procesos fosildiaxenéticos

2.5 Icnofósiles

2.6 Promediación temporal

2.7 Concentracións de fósiles

2.8 Modelo de destrucción selectiva vs. modelo de ganancia de información

2.9 Representatividade do rexistro fósil
BLOQUE-3. BIOESTRATIGRAFÍA
Tema 3. Bioestratigrafía 3.1 Introducción

3.2 Fósiles guía

3.3 Biohorizontes e biozonas

3.4 Efecto Signor-Lipps

3.5 Taxóns Lázaro, Elvis i Efecto Zombie
BLOQUE-4. ANÁLISE MORFOLÓXICA
Tema 4. Tamaño e Forma en Fósiles 4.1 Introducción

4.2 Análise da variabilidade morfométrica

4.3 Tipos de crecemento

4.4 Variabilidade poboacional

4.5 Variabilidade ecofenotípica

4.6 Dimorfismo sexual

4.7 Variabilidade tafonómica
Tema 5. Ontoxenia e Heterocronía 5.1 Introducción

5.2 Lei Bioxenética e Lei de von Baer

5.3 Heterocronía e os seus tipos

5.4 Heterocronía e alometría

5.5 Heterocronoclinas

5.6 Heterocronía disociada

5.7 Implicacións evolutivas das heterocronías
Tema 6. Morfodinámica y Evolución Morfológica 6.1 Introducción

6.2 Morfoloxía construccional. Factor filoxenético. Factor funcional. Factor fabricacional. Outros factores

6.3 Métodos de investigación en morfodinámica. Análise Biomecánica. Morfoloxía teórica
BLOQUE-5. PALEOBIOLOXÍA EVOLUTIVA
Tema 7. Clasificación e Filoxenia 7.1 Introducción

7.2 Métodos de clasificación. Esencialismo, clasificacións evolutiva, fenética e cladística

7. 3 Fósiles e filoxenia. Estratocladística. Arbres filoxenéticas
Tema 8. Especiación 8.1 Introducción

8.2 Os conceptos de especie

8.3 Modelos de especiación

8.4 O problema do concepto de especie en Paleontoloxía
Tema 9. Modelos Evolutivos 9.1 Introducción

9.2 Darwinismo e Teoría Sintética da Evolución

9.3 Modelos de evolución e rexistro fósil. Gradualismo filético e equilibrios interrumpidos

9.4 Taxas de evolución

9.5 Tendencias evolutivas

9.6 Selección de especies

9. 7 Estase coordinada
Tema 10. Crises Bióticas 10.1 Introducción

10.2 Concepto e tipos de extinción

10.3 Causas das extincións en masa

10.4 As "Cinco Grandes" extincións en masa

10.5 Recuperación tras unha extinción masiva

10. 6 Efectos das extincións en masa sobre a evolución

10.7 Periodicidade das extincións masivas
Tema 11. Paleobioxeografía 11.1 Introducción

11.2 Bioxeografía da dispersión

11.3 Paleoxeografía e paleoclimatoloxía

11.4 Bioxeografía vicariante

11.5 Patróns bioxeográficos i extincións
Tema 12. Paleoecoloxía evolutiva 12.1 Introducción

12.2 Cambios globais de diversidade no Fanerozoico. Hipóteses explicativas

12.3 Lei de extinción constante. Hipótese da Raíña Vermella e Modelo do Estado Estacionario

12.4 Interaccións a nivel de clado

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 25 37.5 62.5
Prácticas de laboratorio 8 8 16
Saídas de campo 9 10 19
Obradoiro 1 1.5 2.5
Proba obxectiva 4 16 20
Actividades iniciais 1 1 2
Seminario 4 2 6
 
Atención personalizada 9.5 0 9.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se desenvolverán segundo o calendario previsto. Cada unha terá unha duración de 50 minutos. Os materiais máis relevantes e outros de apoio estarán ao dispor dos estudantes vía web (https://campusvirtual.udc.es/moodle/)
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio comprenderán o recoñecemento dos principais grupos de fósiles, tanto na súa morfoloxía xeral coma na súa sistemática. Os alumnos tomarán nota das súas observacións en libreta de prácticas e/ou segundo cuestionarios facilitados polo profesor
Saídas de campo A saída terá unha duración aproximada de 9 horas, aínda que a duración total estimada é dun día debido á distancia á que se atopan as localidades a visitar. Se inspeccionarán algúns xacementos con fósiles do Silúrico e Devónico nas inmediacións de La Barosa e Salas de la Ribera (León).

Posteriormente, os alumnos entregarán unha memoria recollendo os aspectos máis relevantes do realizado na mesma

Obradoiro Como complemento ás prácticas de laboratorio, se realizará un obradoiro sobre procesos de fosilización
Proba obxectiva A avaliación da asignatura comprende:

1) Calificación sobre os coñecementos teóricos realizada sobre os resultados de:
1.1 Un exame sobre contidos impartidos durante as leccións maxistrais
1.2 Controis sobre os contidos dos seminarios

2) Calificación sobre os coñecementos prácticos realizada sobre os resultados de:
2.1 Un exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
2.2 Cuestionarios de obradoiros e prácticas
Actividades iniciais Presentación da asignatura
Seminario Consultas e debates no campo da Paleobioloxía e Bioloxía Evolutiva dirixidos polo profesor

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Seminario
Descrición
Comprende a realización de titorías personalizadas para aqueles aspectos da asignatura que requiran dun maior esforzo do alumno ao longo do curso, coma o seguimento dos seminarios, a resolución dos cuestionarios de prácticas e dos obradoiros, os exames, ou a explicación dos achádegos realizados na saída ao campo

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio a) 1 exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
b) Cuestionarios de prácticas
10
Proba obxectiva Consiste na realización dun exame escrito sobre os contidos teóricos impartidos durante as sesións maxistrais 70
Seminario Controis rutinarios sobre os contidos dos seminarios 20
 
Observacións avaliación
A avaliación dos contidos teóricos inclúe as actividades realizadas nas sesións maxistrais e nos seminarios. No que se refire as sesións maxistrais, se ofrece a posibilidade de realizar un exame final liberatorio ("proba obxectiva") previo ao exame final de carácter oficial. A superación dos exames de prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a asignatura.

A compensación de nota entre teoría (contidos das sesións maxistrais e os seminarios) e prácticas farase só a partires dunha nota mínima de 4 en cada unha das partes.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e seminarios se conservan na convocatoria de Setembro. A cualificación da proba obxectiva de Setembro substituirá á obtida en Febreiro.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20% das actividades avaliables programadas.

A non asistencia ás sesións de prácticas de laboratorio ou ao obradoiro suporá a realización dun traballo extenso sobre un grupo taxonómico de fósiles a determinar polo profesor e á súa exposición oral.

A non asistencia á saída ao campo suporá a realización dun traballo extenso sobre a xeoloxía e paleontoloxía da zona a partires de mapa xeolóxico e outra información dispoñible que suministrará o profesor.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica FREEMAN, S. & HERRON, J.C. (2002). Análisis Evolutivo. Pearson Educación S. A
PROTHERO, D. R. (2003). Bringing Fossils to Life. An Introduction to Paleobiology. McGraw-Hill, Boston
BENTON, M. J. & HARPER, D. A. T. (2009). Introduction to Paleobiology and the Fossil Record. Wiiey-Blackwell
FOOTE, M. & MILLER, A.I. (2007). Principles of Paleontology. W. H. Freeman, New York

Bibliografía complementaria MELÉNDEZ, B. (1999). Tratado de Paleontología. . Consejo Superior de Investigaciones Científicas
FUTUYMA, D. J. (2009). Evolution. Sinauer Associates
SKELTON, P. (1993). Evolution. A Biological and Palaeontological Approach. Addison Wesley Longman
- (-). Fósil. Revista de Paleontología. http://www.fosil.cl
LEVINTON, J. S. (2001). Genetics, Paleontology, and Macroevolution. Cambridge University Press
DOMÈNECH, R. & MARTINELL, J. (1996). Introducción a los Fósiles. Masson
CLARKSON, E. N. K. (2001). Invertebrate Palaeontology and Evolution. Blackwell Science, Oxford
BRIGGS, D. E. G. & CROWTHER, P. R. (2003). Palaeobiology II. Blackwell Science
BRENCHLEY, P. J. & HARPER, D. A. T. (1998). Palaeoecology: Ecosystems, Environments and Evolution. Chapman & Hall, London
LÓPEZ-MARTÍNEZ, N. & TRUYOLS-SANTONJA, J. (1994). Paleontología. Conceptos y Métodos. Editorial Síntesis
LEVIN, H. L. (2010). The Earth through Time. John Wiley & Sons, Hoboken, New Jersey


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Botánica/610212102
Xeoloxía/610212108
Zooloxía/610212205
Ecoloxía/610212301
Xenética/610212303

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética Evolutiva/610212621
Bioloxía do Desenvolvemento/610212605
Ecoloxía de Comunidades e Conservación/610212615
Historia da Terra/610212624

Materias que continúan o temario
Xenética Evolutiva/610212621
Bioloxía do Desenvolvemento/610212605
Historia da Terra/610212624

Observacións

Para un aproveitamento óptimo da asignatura se recomenda a consulta das diferentes fontes bibliográficas que se citan nesta guía docente. Asimesmo, o profesor recomendará a lectura doutro tipo de textos complementarios e diversas fontes en internet no decurso da asignatura. Por outra banda, e dado o carácter interdisciplinar da Paleobioloxía, aconséllase aos alumnos que fagan o posible por relacionar os coñecementos adquiridos na asignatura cos das outras disciplinas impartidas durante a carreira. Recoméndase o uso das titorías para facilitar o axeitado seguimento da asignatura. Por outra banda, o profesor comunicará a través de correo electrónico e/ou da páxina web da asignatura (https://campusvirtual.udc.es/moodle/) outras recomendacións de cara a un bo seguimento da materia



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías