Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Utilizar a terminoloxía e nomenclatura utilizada normalmente na Química de Coordinación e na Química do Estado Sólido. |
A1
|
|
|
Recoñecer e analizar problemas asociados á síntese e caracterización estrutural de sólidos inorgánicos e complexos, e planear estratexias para solucionalos. |
A15
|
|
|
Coñecer e utilizar as fontes bibliográficas para obter información sobre a estructura, enlace, síntese e reactividade, caracterización, propiedades e aplicacións dos compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. |
A16
|
B1 B4
|
|
Levar a cabo procedementos estándares para a síntese de compostos inorgánicos e manexar a instrumentación científica para a súa caracterización. |
A17 A19
|
|
|
Planificar, deseñar e desenvolver a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos inorgánicos non moleculares. |
A22
|
B5
|
|
Comprender e explicar os procesos observados nun laboratorio de Química Inorgánica. |
A1 A18 A20 A21 A23 A24
|
B2 B3 B4 B7
|
C1 C7
|
Realizar con soltura, limpeza e seguridade a síntese e caracterización de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares. |
A17 A18 A26
|
|
|
Valorar a importancia que ten a investigación en Química Inorgánica no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
C8
|
Xestionar adecuadamente os residuos xerados nun laboratorio de síntese e caracterización de compostos inorgánicos. |
A17 A18 A23
|
B6
|
C4
|
Coñecer e saber utilizar material de laboratorio e as instalacións necesarias para levar a cabo a síntese e caracterización de especies inorgánicas. |
A17
|
B7
|
C1
|
Elaborar un diario de laboratorio no que se recolla toda a información relevante realizando os cálculos necesarios. |
A1 A15 A18 A20 A21 A23 A24
|
B3 B4 B7
|
C1
|
Coñecer a estructura de compostos de coordinación e sólidos cristalinos non moleculares e saber aplicar as técnicas de determinación estructural. |
A9
|
B2 B4
|
|
Elaborar e presentar correctamente informes sobre o traballo realizado nun laboratorio de química inorgánica e os resultados obtidos. |
A1 A3 A4 A5 A9 A12 A14 A20
|
B3 B4 B7
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Preparación de compostos de coordinación |
Reaccións de preparación de complexos
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (Reactivos, material de vidro...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental |
Caracterización de compostos de coordinación |
Técnicas espectroscópicas: IR, UV-Vis, RMN
Medidas Magnéticas
Determinación estructural |
Preparación de sólidos non moleculares |
Métodos de preparación de sólidos non moleculares
Selección das condicións de síntese
Selección dos materiais necesarios (Reactivos, material de vidro, material cerámico ou metálico, fornos...)
Avaliación dos riscos asociados ao experimento e a súa prevención
Procedemento experimental |
Caracterización de sólidos non moleculares |
Técnicas difractométricas: DRX de po cristalino
Métodos térmicos: ATG, ATD
Medidas magnéticas
Determinación estructural |
Elaboración, redacción e presentación de informes |
Elaboración do caderno de laboratorio
Elaboración de informes escritos sobre os experimentos realizados
Presentación oral do traballo realizado |
Análise crítica dos resultados obtidos |
Conclusións do traballo realizado
Suxestión de experimentos adicionais que permitan confirmar os resultados obtidos
Propostas de mellora |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
16 |
16 |
32 |
|
Atención personalizada |
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Posto que se trata dunha materia a extinguir, dentro do plano de estudos da licenciatura en química, o alumnado será availado mediante unha proba obxectiva. Esta proba consistirá na preparación, realización e presentación de dous experimentos: A síntese e caracterización dun composto de coordinación, e a síntese e caracterización dun sólido inorgánico non molecular. A proba obxectiva comezará coa entraga dos guións dos experimentos a realizar. A continuación o alumnado disporá dun tempo dunhas 8 horas para a planificación dos experimentos. Unha vez planificados, realizarase unha entrevista para avaiar a preparación previa, e o alumnado comezará o traballo experimental. Unha vez concluído, avaliarase o traballo experimental cunha segunda entrevista. A availación final terá en conta a preparación e realización dos experimentos, así como as conclusións obtidas e o diario de laboratorio que será entregado ao profesor á conclusión da proba. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Ao longo do transcurso da asignatura realizaranse varias sesións de atención personalizada que inclúen:
i) Unha titoría personalizada (T1) na que se analizarán as respostas do alumno ás cuestións previas, discutirase sobre as mesmas, e orientarase ao alumno sobre o nivel que posúe para iniciar o resto das actividades.
ii) Dúas sesións de atención personalizada (T2 e T3) que se realizarán despois da planificación e revisión bibliográfica que realizará o alumno para cada unha das prácticas. O alumno discutirá co profesor as conclusións ás que chegou na etapa de preparación do experimento. Se o profesor avalía positivamente o traballo do alumno, éste será autorizado a comezar o traballo experimental.
iii) Unha sesión de atención personalizada na que se completará a avaliación do alumno, e na que se procurará orientalo sobre posibles carencias na súa formación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
|
0 |
|
Observacións avaliación |
Tal e como se recolle na sección "Metodoloxías", o alumnado será availado mediante unha proba obxectiva. Esta proba consistirá na preparación, realización e presentación de dous experimentos: A síntese e caracterización dun composto de coordinación, e a síntese e caracterización dun sólido inorgánico non molecular. A proba obxectiva comezará coa entraga dos guións dos experimentos a realizar. A continuación o alumnado disporá dun tempo dunhas 8 horas para a planificación dos experimentos. Unha vez planificados, realizarase unha entrevista para avaiar a preparación previa, e o alumnado comezará o traballo experimental. Unha vez concluído, avaliarase o traballo experimental cunha segunda entrevista. A availación final terá en conta a preparación e realización dos experimentos, así como as conclusións obtidas e o diario de laboratorio que será entregado ao profesor á conclusión da proba.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
D. F. Shriver, P. W. Atkins, C, H. Langford (1998). Química Inorgánica. Editorial Reverté, Barcelona
Cotton e Wilkinson (1986). Química Inorgánica Avanzada”, 4ª Ed.. Limusa-Wiley. México
Dann (2000). Reactions and Characterization of Solids. Royal Society of Chemistry. Cambridge |
|
Bibliografía complementaria
|
Wilkinson e outros (1986). Comprehensive Coordination Chemistry. Pergamon Press, Oxford
W. McCleverty e outros (2004). Comprehensive Coordination Chemistry II. Elsevier-Pergamon, Amsterdam
Nakamoto (1997). Infrared and Raman Spectra of Inorganic and Coordination Compounds, 5ª Ed.. Wiley & Sons, New York
Lever (1984). Inorganic Electronic Spectroscopy. 2ª Ed.. Elsevier. Ámsterdam
Schlessinger (1965). Preparación de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio. Continental, México
Wells (1979). Química Inorgánica Estructural. Reverté, Barcelona
Brauer (1958). Química Inorgánica Preparativa. Editorial Reverté, Barcelona
Angelici e outros (1999). Syntesis and Techniques in Inorganic Chemistry”. 3ª Ed.. University Science Books. Sausalito |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Ciencia dos Materiais/610311506 | Ampliación Química Inorgánica/610311503 | Ampliación de Experim. Quím. Inorg. Avanzada/610311504 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica II/610311204 | Experimentación en Síntese Inorgánica/610311205 | Química Inorgánica I/610311105 | Química Física/610311202 | Introdución a Espectroscopia/610311304 | Química Inorgánica Avanzada/610311402 |
|
|