Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. |
A3 |
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. |
A10 |
Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade. |
A21 |
Comprender os fundamentos dos procesos de calidade e o modo de xestionalos. |
A22 |
Dominar as técnicas instrumentais de análises máis típicas no ámbito químico profesional. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. |
B7 |
Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado. |
C1 |
Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais. |
C2 |
Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade. |
C3 |
Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado. |
C4 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C9 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C11 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Capacidade para seleccionar e implementar buenas prácticas de medida e experimentación analítica, asegurando a calidade dos datos químicos |
AM1 AM3 AM10 AM21 AM22
|
BM1 BM2 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM4
|
Capacidade de análise e resolución de problemas químicos relacionados co medio ambiente en base a criterios analíticos. Planificación e execución das distintas etapas do proceso analítico |
AM1 AM3 AM10 AM22
|
BM1 BM2 BM5 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM4 CM11
|
Coñecer as diversas técnicas avanzadas de toma e tratamiento de mostra e determinación instrumental en análise ambiental |
AM1 AM3 AM10 AM22
|
BM1 BM2 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM4
|
Capacidade de interpretación de datos e información ambiental procedente de observacións e medida. |
AM1 AM3 AM10 AM22
|
BM1 BM2 BM3 BM6 BM7
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- O PROBLEMA ANALÍTICO |
Definición e etapas na resolución dun problema analítico. Tipos de métodos e criterios de selección. Desenvolvemento dun método de análise. Parámetros de calidade analítica. Validación dun método analítico. Química Analítica sostible. |
Tema 2.- TOMA DE MOSTRA |
Toma de mostra. Representatividade. Diseño e estratexias dun plan de mostraxe. Sistemas pasivos. Sistemas automáticos |
Tema 3.- TRATAMENTO DE MOSTRAS PARA O ANÁLISE |
Avances en técnicas de preparación de mostra. Técnicas de extracción “verdes” libres de disolventes. Técnicas de microextracción. Novos materiais extractantes. Sistemas automáticos. Miniaturización e sistemas analíticos miniaturizados. |
TEMA 4.- TÉCNICAS INSTRUMENTAIS DE ANÁLISE |
Tendencias actuais en métodos de análise espectroquímicos e cromatográficos. Técnicas acopladas. |
TEMA 5.- ESPECIACIÓN QUÍMICA |
Importancia en medio ambiente. Esquemas de especiación. Especiación específica. Dificultades analíticas. Métodos de análise e aplicacións. |
Tema 6.- APLICACIÓNS AMBIENTAIS |
Contaminantes de interese ambiental. Análise de aire. Análise de augas. Análise de solos e sedimentos. Análise de mostras biológicas. Análise de alimentos e seguridade alimentaria. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
23 |
46 |
69 |
Prácticas de laboratorio |
12 |
24 |
36 |
Seminario |
5 |
10 |
15 |
Traballos tutelados |
6 |
21 |
27 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor imparte os conceptos fundamentais e contidos máis importantes de cada un dos temas do programa. Ademais, expón diferentes cuestións para discutir e resolver polos estudantes, fomentando a participación |
Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o estudante levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados ao longo do curso e ademais adquirirá a destreza manual propia do técnicas obxecto de estudo. O alumno deberá realizar unha breve memoria cos resultados obtidos |
Seminario |
Nos seminarios acláranse e amplían algúns aspectos tratados nas clases maxistrais e prácticas de laboratorio, especialmente relacionados coa aplicación práctica das metodoloxías estudadas. Os estudantes participan e discuten as posibles estratexias para resolver os problemas ambientais e/ou industriais que se expoñen baixo a orientación do profesor
|
Traballos tutelados |
Comprenderá a procura de información en distintas fontes, a elaboración, exposición e defensa dun tema proposto polo profesor relacionado con algún problema ambiental, industrial, etc. As horas presenciais dedicaranse á orientación para a súa elaboración e exposición/defensa dos mesmos |
Proba mixta |
Realizarase un exame final para avaliar o grao de aprendizaxe tanto dos contidos teóricos como prácticos |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao longo do curso, no horario que especifique o profesor, orientarase ou discutirán todos os aspectos relacionados coa docencia que o estudante considere necesarios en cada momento.
Nos seminarios o profesor supervisa para cada estudante a metodoloxía aplicada e o proceso de resolución dos problemas que se propoñen, resolvendo de forma individual as dúbidas formuladas polo estudante e guiando o proceso de aprendizaxe.
Nos traballos tutelados é importante realizar un seguimento personalizando para comentar os avances que se van realizando e proporcionar ao estudante a orientación necesaria para desenvolver con aproveitamento o devandito traballo
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Avaliarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación activa nas mismas (Competencias: C2 y C4) |
5 |
Prácticas de laboratorio |
Avaliarase de modo continuado o traballo e a destreza do estudante na realización das actividades experimentais no laboratorio. Ademais, deberá entregar un informe final e resolver unhas cuestións prácticas na proba obxectiva. Avaliarase a calidade do informe entregado (Competencias: A3, A22, B2, B6, B7) |
20 |
Seminario |
Avaliarase o traballo e participación activa do estudante (Competencias: A3, A10, B6, C1, C2) |
10 |
Traballos tutelados |
As actividades académicas dirixidas serán avaliados pola realización e /ou exposición das mesmas por parte do estudante. (Competencias: A1, A3, A10, A21, A22, B1, B2, B6, B7, C1, C4) |
25 |
Proba mixta |
O grao de aprendizaxe dos contidos propios da materia e de adquisición de competencias por parte do estudante avaliarase mediante unha proba obxectiva. Constará de preguntas teóricas, cuestións aplicadas e resolución de problemas (Competencias: A1, A10, A22, B2)
|
40 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
C. Cámara, C. Pérez Conde (Ed.) (2010). Análisis Químico de Trazas. Editorial Síntesis. Madrid
Reeve, Roger N. (1994). Environmental analysis. Chichester : John Wiley & Sons,
F.W. Fifield; P.J. Haines (2005). Environmental Analytical Chemistry. Londres, John Wiley & Sons
VanLoon, Gary W (2011). Environmental chemistry : a global perspective. Oxford, Oxford University Press
J.R. Dean (1998). Extraction methods for environmental analysis. Chichester, John Wiley & Sons
R.Compañó Beltrán, A. Ríos Castro (2002). Garantía de calidad en los laboratorios analíticos. Síntesis, Madrid
C. Cámara (Ed.), P. Fernández, A. Martín-Esteban, C. Pérez-Conde, M. Vidal (2002). Toma y tratamiento de muestra. Editorial Síntesis. Madrid
E. Prichard (1996). Trace Analysis: A structured approach to obtaining reliable results . Royal Society of Chemistry, Cambridge |
- Se consultarán direcciones web y enlaces de interés relacionados con la materia impartida.
- Material complementario: resumen de presentaciones, métodos oficiales de análisis, artículos científicos, etc.
- Se utilizarán todos los medios disponibles en la plataforma de la facultad virtual de la UDC |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|