Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Calidade da Auga Código 610500008
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Celular e Molecular
Métodos Matemáticos e de Representación
Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Ruiz Bolaños, Isabel
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
Profesorado
Garcia Dopico, Maria Victoria
Jacome Burgos, Alfredo
Ruiz Bolaños, Isabel
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Suarez Lopez, Joaquin
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
victoria.gdopico@udc.es
alfredo.jacome@udc.es
isabel.ruiz@udc.es
manuel.sastre@udc.es
joaquin.suarez@udc.es
enrique.torres@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Calidade da Auga" é un módulo específico do itinerario medioambiental do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental, onde se abordan diferentes aspectos científicos e tecnolóxicos relacionados coas augas naturais e residuais, tales como a caracterización, indicadores de contaminación fisico-químicos e biolóxicos e tratamentos de depuración.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. AM1
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. AM3
Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade. AM10
Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais. AM14
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. BM3
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. BM6
Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental. BM8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socieconómico e cultural da sociedade. CM11

Contidos
Temas Subtemas
Propiedades fisicoquímicas das augas naturais. . Parámetros indicadores da contaminación das augas
. Criterios de calidade da auga
. Indices de calidade
. Lexislación básica
Tratamentos fisicoquímicos das augas residuais.
. Decantación
. Coagulación-floculación
. Pretratamentos
. Sedimentación
. Flotación
. Adsorción
. Intercambio iónico
. Procesos redox
Tratamentos biolóxicos das augas residuais.
. Fundamentos
. Tratamentos aerobios
. Tratamentos anaerobios
. Eliminación de nutrientes
Prácticas de Laboratorio . Visita a unha estación depuradora (a determinar)
. Determinación de parámetros microbiolóxicos nas augas
. Eliminación/recuperación de metais pesados en augas mediante adsorción
. Determinación de contaminantes orgánicos
. Determinación de contaminantes inorgánicos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 63 84
Prácticas de laboratorio 30 30 60
Proba obxectiva 2 4 6
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais o profesorado presentará os temas coa axuda dos medios audiovisuales necesarios, indicando aos alumnos o máis importante a ter en conta á hora do estudo e recomendándolles os materiais e libros máis adecuados para su súa compresión. Incentivarase a participación do alumnado nas clases.
Prácticas de laboratorio No laboratorio os alumnos levarán a cabo ensaios e determinacións básicas na caracterización físico-química e microbiolóxica das augas, así como a análise da eficacia de sistemas de tratamento de aguas residuais.

Realizarase unha visita técnica a algunha planta de tratamento de augas residuais.
Proba obxectiva A proba obxectiva constará de varias partes con preguntas tipo test ou de resposta corta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A parte das prácticas correspondente á caracterización físico-química das augas e análise de sistemas de tratamento, avalíase mediante unha memoria de laboratorio na que se recollerán os ensaios realizados, os resultados e as conclusións obtidos.
Avaliación das competencias AM3, AM10, BM6 e CM11
20
Proba obxectiva A proba constará de varias partes correspondentes aos diferentes temas impartidos, nas que a través de preguntas tipo test ou preguntas cortas se avaliarán os coñecementos e competencias adquiridas. A cualificación global será un promedio das cualificacións das diferentes partes, ponderado en función do tempo adicado a cada unha delas.
Avalíanse as competencias AM1, AM3, AM10, AM14, BM3, BM6, BM8 e CM11.
80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica American Water Works Association ( 2003). "Calidad y tratamiento del agua", . Mac Graw Hill, Madrid
AENOR ( 1999). “Calidad del agua”. AENOR, Madrid
Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., Temprano, J. (2001). “Introducción a la Ingeniería Sanitaria y Ambiental”. . Impreso por Tórculo. Coruña. España.
CEDEX (1992). "Curso sobre tratamiento de aguas residuales y explotación de estaciones depuradoras"; . Gabinete de Formación y Documentación del CEDEX, MOPT, M
P. Lens, G. Zeeman and G. Lettinga (Ed.) (2001). Decentralised Sanitation and Reuse. Concepts, systems and implementation. IWA Publishing , London
Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. ( 1995). Wastewater treatment. Springer-Verlag, New York
N.F. Gray (2005). Water Technology. Ed.Elsevier
Metcalf-Eddy (1995). “Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización”. McGraw-Hill;
Poch, M. (1999). “Las calidades del agua”. . Barcelona Rubes editorial, S.L.,

Recursos web:

· http://www.xunta.es/conselle/cma/

· http://www.adega.info/

· http://hispagua.cedex.es/

Outros materiais de apoio:

* Artigos de revistas científicas especializadas

Bibliografía complementaria Cortacans, J.A. (2000). “Fangos activos: eliminación biológica de nutrientes”. . Edita Colegio de I.C.C.P. Madrid
Hernández, A. (1998 ). "Depuración de aguas residuales"; . Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos; Colección Seinor; Madrid
PRIDESA. (1995). “Tratamiento Biológico de las Aguas Residuales”.. Ronzano, E. y Dapena J.L. Ediciones Díaz de Santos, Madrid, España.
Metcalf-Eddy (2003). “Wastewater Engineering. Treatment and Reuse”;. International Edition; McGraw-Hill;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías