Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Resíduos Código 610500011
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física
Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral Este módulo forma parte do Programa Oficial de Posgrao de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental (CTXA) como asignatura optativa e ten por obxectivo intorducir ao/á alumno/a na problemática dos residuos, a súa xestión e as tecnoloxías de tratamento.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. AM3
BM6
CM2
CM7
Comprender a problemática asociada aos resíduos, os modos de xestionalos e as principais tecnoloxías de tratamento de resíduos. AM16
BM6
BM8
CM1
CM4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, crítica e comprometida CM9
CM10

Contidos
Temas Subtemas
OS RESIDUOS Definición de residuo
Tipos de residuos. Clasificación
Cantidades, composición e características
Impacto ambiental dos residuos
Lexislación e planificación
MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS A necesidade da prevención, Plano de prevención, Auditoria ambiental dirixida a minimización, Plano de minimización de residuos, Boas prácticas industriais, Exemplos
RECOLLIDA SELECTIVA E RECICLAXE Recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Recollida de residuos perigosos e especiais.
Clasificación de RSU en destino. Calidade e comercialización.
Balances ambientais da reciclaxe e da compostaxe.
COMPOSTAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS Definicións. O proceso de compostaxe
Parámetros de control do proceso
Tecnoloxías de compostaxe
BIOMETANIZACIÓN DE RESIDUOS ORGÁNICOS Dixestión anaerobia
A tecnoloxía anaerobia para o tratamento da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos
TRATAMENTO TÉRMICO DE RESIDUOS Datos enerxéticos dos residuos. Poder calorífico.
Control das emisións de incineradoras de residuos
TRATAMENTO FÍSICO-QUÍMICO DE RESIDUOS PERIGOSOS O CTRIG (Centro de Tratamento de Residuos Industrias de Galiza)
Métodos e operacións de tratamento físico-químico
VERTIDO CONTROLADO DE RESIDUOS O marco normativo actual
Deseño, operación e control de vertedoiros

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8 18 26
Prácticas de laboratorio 11 16.5 27.5
Seminario 2 6 8
Saídas de campo 4 4 8
Proba obxectiva 0.5 0 0.5
Análise de fontes documentais 1 4 5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de meidos audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a unha instalacioón de tratamento de residuos, na que os alumnos deberán recoller información directa, completala con ifnormación adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nas e sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.
Análise de fontes documentais Empregarase un artigo científico ou un documento técnico (plan de xestión e tratamento, etc) para a presentación dunha situación complexa relacionada coa materia e como síntese de contidos de carácter práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Saídas de campo
Descrición
Haberá atención personalizada, por correo-e ou en titorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización, así como posteriormente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a nas mesmas.
As competencias que se avalian nesta actividade son as seguintes: A3, A16, B6, B8, C1, C2, C4, C7, C9, C10.
10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%.
As competencias que se avalian nesta actividade son as seguintes: A3, A16, B6, C1, C4, C9.
30
Seminario Avaliación continuada da participación do/a alumno/a.
As competencias que se avalian nesta actividade son as seguintes: A16, B6, C4, C7.
10
Saídas de campo A realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e a elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%.
As competencias que se avalian nesta actividade son as seguintes: A3, A16, B6, B8, C1, C2, C4, C7, C9, C10.
10
Proba obxectiva Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas.
As competencias que se avalian nesta actividade son as seguintes: A3, A16, B6, B8.
40
 
Observacións avaliación

Os traballos que se acorden e as memorias de laboratorio e de campo deberán ser entregados no prázo máximo de 2 semanas. A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas e/ou non se presenten á proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica

G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS. Madrid. McGraw-Hill

Institut Cerdá (1994). MANUAL DE MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS Y EMISIONES INDUSTRIALES. Barcelona

X.E. Castells (2000). RECICLAJE DE RESÍDUOS INDUSTRIALES. Madrid. Díaz de Santos

M. Soto e A. Vega (Ed.) (2001). Tratamento de resíduos sólidos urbanos . Universidade da Coruña.

Moreno Casco, J. / Moral Herrero, R. (2008). COMPOSTAJE. Madrid. Mundi Pres.

Lasaridi, K.E. e Stentiford, E.I. (1998). A simple respirometric technique for assessing compost stability. . Water Research, 32, 3717–3723.

W.F. Brinton Jr, E. Evans, M.L. Droffner e R.B. Brinton. (1995). Standardized test for evaluation of compost self-heating . BioCycle, pp 64-69

Bibliografía complementaria

(). http://www.envirowise.gov.uk/; www.sogama.es.

(). http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.xunta.es/conselle/cma/; http://www.adega.info; http://reports.eea.europa.eu;

http://www.epa.gov/epaoswer/non-hw/reduce/;.

Revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente). Santiago de Compostela. Ed. ADEGA



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías