Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Economía Ambiental Código 610500025
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Dopico Castro, Jesus angel
Correo electrónico
jesus.angel.dopico@udc.es
Profesorado
Dopico Castro, Jesus angel
Correo electrónico
jesus.angel.dopico@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia son a análise dos principios fundamentais da economía ambiental e dos recursos naturais e o estudo dos fundamentos básicos das políticas ambientais. Con esos obxectivos abordanse a relación entre economía e medio ambiente, os indicadores de sustentabilidade, os principais obxectivos e instrumentos de política económica ambiental e a aplicación das políticas ambientais á empresa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A18 Coñecer as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientais.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
C7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Análise económica da sustentabilidade ambiental. Interpretación da información relevante para o deseño e a instrumentación de políticas de sustentabilidade, tanto no eido do sector público coma no da empresa privada. AM18
BM2
BM8
CM7
CM9
Estudo dos indicadores de sustentabilidade que permitan avaliar o nivel de cumprimento de obxectivos de sustentabilidade dos países e das empresas. AM18
BM2
BM8
CM7
CM9
Identificación e análise dos principais obxectivos e instrumentos de política económica ambiental e a súa aplicación ó eido da empresa. AM18
BM2
BM8
CM7
CM9
Capacidade analítica e de síntese para a interpretación e resolución de problemas de xestión ambiental dende unha perspectiva económica. AM18
BM2
BM8
CM7
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Economía, mercados e políticas 1.1. O funcionamento da economía
1.2. Microeconomía e mercados
1.3. Equilibrio macroeconómico
1.4. Políticas económicas
Tema 2. Desenvolvemento económico e sustentabilidade 2.1. Os límites do crecemento
2.2. Economía da sustentabilidade
2.3. Sustentabilidade débil e sustentabilidade forte
2.4. As preferenzas temporais
Tema 3. Indicadores de sustentabilidade 3.1. Indicadores económicos
3.2. Indicadores sociais e ambientais
3.3. Indicadores de sustentabilidade débil
3.4. Indicadores de sustentabilidade forte
Tema 4. Análise económica do medio ambiente e dos recursos naturais 4.1. Actividade económica, medio ambiente e recursos naturais
4.2. Economía dos recursos naturais
4.3. Economía da contaminación
4.4. Valoración ambiental
Tema 5. Política ambiental 5.1. Obxectivos de política ambiental
5.2. Instrumentos de política ambiental
5.3. Fiscalidade ambiental
5.4. A política do cambio climático
Tema 6. A política ambiental na empresa 6.1. A aplicación da política ambiental na empresa
6.2. A responsabilidade ambiental da empresa
6.3. Índices de sustentabilidade empresarial
6.4. Empresa e cambio climático

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 5 7
Sesión maxistral 13.5 27 40.5
Proba de resposta breve 2 0 2
Estudo de casos 5 17.5 22.5
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación ampla da materia con exposición de contidos da mesma, material a empregar e fórmula de avaliación.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos básicos do programa da materia. Puntuaráse a asistencia dos alumnos ás sesións maxistrais.
Proba de resposta breve Proba de respostas breves sobre o contido teórico da materia
Estudo de casos Análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia e de lecturas destinadas á comprensión dos contidos teóricos da materia. Estos estudos incluirán un cuestionario que os alumnos deberán responder en clase e puntuarán para a calificación final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Actividades iniciais
Proba de resposta breve
Descrición
A atención persoalizada ten un carácter integral referida tanto ós contidos teóricos como prácticos da materia. En consecuencia todas as metodoloxías inclúen dita atención persoalizada.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valoraráse a asistencia a clase dos alumnos cun máximo de 2 puntos. 20
Estudo de casos Valoraráse a entrega de casos prácticos nas clases da materia destinadas a tal fin. Consistirán nunha serie de casos e lecturas proporcionadas ós alumnos cun breve cuestionario sobre as mesmas. 30
Proba de resposta breve Proba sobre o contido das sesións maxistrais cun valor máximo de 5 puntos. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter 5 puntos en total, sin que sexa preciso obter nungún mínimo en cada unha das partes con puntuación na avaliación final.


Fontes de información
Bibliografía básica Martín Palmero, F. ed (2004). Desarrollo sostenible y huella ecológica. A Coruña. Netbiblo
Field, B. C. y Field, M.K. (2003). Economía Ambiental. Madrid. McGraw-Hill
Labandeira, X; León, C.J. y Vázquez, M.X. (2007). Economía ambiental. Madrid. Pearson Prentice Hall
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1995). Economía de los recursos naturales y del medio ambiente. Madrid. Celeste Ediciones
Dopico Castro, J. A. e Iglesias Gómez, G. (2010). Economía sostenible. Teoría y Política. A Coruña. Netbiblo
Dasgupta, P. (2009). Economía. Una breve introducción. Madrid. Alianza Editorial
Krugman, P.; Wells, R. y Olney, M.L. (2008). Fundamentos de economía. Barcelona. Reverté
Giddens, A. (2010). La política del cambio climático. Madrid. Alianza Editorial
Erias Rey, A. y Dopico Castro, J. A. (2011). Los mercados de carbono en la Unión Europea. Revista Galega de Economía
Bermejo, R. (2011). Manual para una economía sostenible. Madrid. Catarata
Stiglitz, J. E y Walsh, C. E. (2008). Microeconomía. Barcelona. Ariel Economía y Empresa
Cuadrado Roura, J. R. (dir.) (2010). Política económica. Elaboración, objetivos e instrumentos. Madrid. McGrawHill

Aclaración importante sobre a bibliografía:

Ademáis dos textos indicados nas referenzas bibliográficas básicas, que en maior ou menor medida se utilizarán nas clases teóricas da materia, para o estudo de casos e para os exemplos concretos das clases teóricas, utilizaránse outros textos procedentes de libros, artigos especializados, informes, e textos lexislativos que se proporcionarán ós alumnos para que podan realizar as tarefas propostas en ditos estudos de caso e para seguir as clases expositivas. Podería ademáis incorporarse á bibliografía algún novo texto se se considera necesario para poder mellorar a docencia expositiva dos temas publicados no intre de elaborar esta guía docente ou cando o transcorrer das clases requira algunha aportación bibliográfica que non está contida nas referenzas básicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías