Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A8 |
Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Entende-las diversas formas nas que a radiación electromagnética interacciona coa materia, e como consecuencia delo os distintos tipos de espectroscopía, e a información estrutural e analítica que cada un deles pode suministrar. |
A1 A7 A8 A9 A12
|
B1 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos procesos de emisión e absorción de radiación electromagnética, con especial fincapé no significado do momento dipolar de transición. |
A1 A7 A8 A9 A12
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C8
|
Entende-lo fundamento teórico que explica a intensidade e a forma dos sinais espectrais, así como ser capaz de realizar prediccións sobre as mesmas en casos concretos. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A20 A21
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Saber aplica-los fundamentos da teoría de grupos. |
A1 A8 A14
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C3 C6
|
Comprende-los fundamentos teóricos dos distintos tipos de espectroscopia, así como a súa aplicación de cara a elucidación estrutural e as técnicas de análise. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A20 A21
|
B1 B2 B3
|
C1 C2 C6 C8
|
Determinación práctica de diversos tipos de espectros, análise e interpretación dos mesmos, tanto dende o punto de vista estrutural como analítico, cualitativo e cuantitativo. |
A7 A12 A14 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprender e aplicar-los fundamentos teóricos e prácticos da Fotoquímica, así como as súas implicacións básicas en procesos ambientais. |
A1 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24 A26
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Entende-las bases teóricas e prácticas implicadas nos métodos de difracción, con especial fincapé na elucidación de estruturas cristalinas por difracción de raios X. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Comprende-los fundamentos teóricos e prácticos da acción láser, e as súas aplicacións, con énfase na Química. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Adquirir coñecementos básicos doutras espectroscopías, así como dispoñer dunha visión xeral das novas tendencias no procura da determinación estrutural das especies químicas e das técnicas de análise. |
A1 A7 A8 A9 A12 A14 A15 A16 A19 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introducción á Espectroscopía |
Radiación electromagnética e materia. Procesos resonantes e non resonantes. Tratamento clásico da interacción radiación-materia. Tratamento semiclásico: coeficientes de Einstein e momento dipolar de transición. Emisión espontánea. Regras de selección. Tipos de espectros. Poboación dos niveis de enerxía: intensidades. Lei de Bouger-Lambert-Beer. Factores que determinan a forma e anchura das bandas espectrais. Aspectos xerais das técnicas experimentais. Transformada de Fourier.
|
Simetría en Química |
Elementos e operacións de simetría. Propiedades básicas dos grupos. Representacións de grupos. Representacións reducibles e irreducibles. Aplicacións en Química. |
Espectros de rotación |
Mecánica clásica da rotación molecular. Clasificación das moléculas. Espectros de moléculas diatómicas e lineais. Poboación de niveis e intensidade das transicións. Distorsión centrifuga. Espectros de trompos simétricos. Espectros de trompos asimétricos. Determinación da estructura molecular. Aspectos experimentais da Espectroscopía de microondas: efecto Stark e momento dipolar. |
Espectros de vibración |
Moléculas diatómicas.
Aproximación do oscilador armónico: niveis de enerxía. Anharmonicidade. Potenciais empíricos. Regras de selección. Enerxías de disociación. Espectros de rotación-vibración.
Moléculas poliatómicas.
Tratamento clásico: modos e coordenadas normais. Tratamento mecanocuántico: niveis de enerxía. Consideracións de simetría. Regras de selección. Frecuencias de grupo. Técnicas experimentais.
Espectros Raman.
Polarizabilidade molecular e tensor de polarizabilidade. Teoría clásica da dispersión Rayleigh e Raman. Representación cuántica. Espectros de rotación pura. Espectros de vibración. Técnicas experimentais.
|
Espectros electrónicos |
Moléculas diatómicas.
Estados electrónicos. Regras de selección. Intensidade das compoñentes de vibración: principio de Frank-Condon. Estrutura de vibración: progresións e secuencias. Enerxías de disociación.
Moléculas poliatómicas.
Estrutura e estados electrónicos. Regras de selección. Espectros de moléculas simples. Cromóforos. Dicroismo circular e dispersión óptica rotatoria. Espectroscopía de UV-VIS: técnicas experimentais e aplicacións analíticas.
Espectros fotoelectrónicos.
Procesos de ionización. Técnicas experimentais. Espectroscopía fotoelectrónica de ultravioleta (UPS): Interpretación dos espectros. Interpretación dos espectros fotoelectrónicos de raios X (XPS o ESCA): desprazamento químico.
|
Fundamentos de Fotoquímica |
Fluorescencia e fosforescencia: diagrama de Perrin-Jablonski.
Leis da fotoquímica. Rendemento cuántico. Desactivación bimolecular (Quenching). Procesos fotoquímicos. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Espectrocopía del láser |
A acción láser. Tipos de láseres. Espectroscopías de absorción e excitación: fluorescencia inducida por láser. Espectroscopías Raman. Espectroscopía de ionización multifotónica: detección TOF. Espectroscopía de femtosegundo: aplicacións na dinámica da reacción química. Técnicas experimentais. |
Espectroscopías de Resonancia Magnética |
Estados de espín nuclear e electrónico: reglas de selección.
Espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN). O desprazamento químico: contribucións o factor de apantallamento. Estructura fina: acoplamentos. Aspectos experimentais: emprego da transformada de Fourier. Procesos de relaxación.
Espectroscopia de resonancia de espín electrónico (ESR): estructura fina e hiperfina. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Métodos de difracción |
Características xerais do fenómeno de difracción. Difracción de raios X. Condicións de Bragg e Laue. O factor de estrutura. Determinación da estrutura cristalina. Síntese de Fourier. O problema da fase. Difracción de neutróns. Difracción de electróns por gases. Ecuación de Wierl e función de distribución radial. Técnicas experimentais e aplicacións. |
Outras espectroscopías e novas tendencias |
Espectroscopía Mössbauer. Introducción as espectroscopías nonlineais. Aplicacións. Novas tendencias. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
19 |
28.5 |
47.5 |
Prácticas de laboratorio |
10 |
12.5 |
22.5 |
Seminario |
8 |
12 |
20 |
Solución de problemas |
9 |
13.5 |
22.5 |
Presentación oral |
2 |
5 |
7 |
Prácticas a través de TIC |
0 |
4 |
4 |
Simulación |
2 |
4 |
6 |
Lecturas |
0 |
6.5 |
6.5 |
Proba de resposta múltiple |
0 |
3 |
3 |
Proba mixta |
3 |
7 |
10 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Básicamente é a clásica lección maxistral, en xeral con apoio audiovisual, na que se exporán os aspectos fundamentais con contidos teóricos da asignatura. Pénsase nun formato dinámico no que hai lugar para a participación d@s estudiantes. |
Prácticas de laboratorio |
Realización de actividades de carácter práctico con obxeto de aplica-los coñecementos teóricos, e, á vez, adquiri-las destrezas experimentais asociadas os mesmos. |
Seminario |
Esta actividade levarase a cabo en grupo reducido. Profundización nos distintos temas baseada na participación activa d@s estudiantes. |
Solución de problemas |
Aplicación práctica, tanto numérica como conceptual, dos coñecementos teóricos. |
Presentación oral |
Exposición verbal dun traballo preparado en grupo sobre as prácticas de laboratorio, proposto pol@ profesor/a. Na actividade se inclúe un debate posterior sobre o tema obxecto da presentación.
|
Prácticas a través de TIC |
Está orientada o aprendizaxe efectivo do alumnado a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. |
Simulación |
Utilización de programas informáticos, no aula de informática, para reproducir diversos tipos de espectros, o que tra-la correspondente análise crítica debe de servir como experiencia de aprendizaxe. Actividade para ser realizada en grupos reducidos. |
Lecturas |
Conxunto de textos que se empregarán como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse, empregando a plataforma de teleformación MOODLE, unha serie de probas para avaliar o aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. |
Proba mixta |
Combinación de distintos tipos de preguntas: tipo test, de resposta breve, tipo ensaio. Con este último tipo se busca que se resposte por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, o que permite avaliar coñecementos, capacidade de razoamento, e espírito crítico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Presentación oral |
Solución de problemas |
Simulación |
|
Descrición |
Con elo trátase de orienta-l@ estudiante, en primeiro lugar, na análise crítica dos resultados obtidos no laboratorio e nos exercicios de simulación; por outra banda, na mellora da súa presentación oral, e, finalmente, na busca da mellora estratexia persoalizada de aborda-la solución de problemas.
O momento da súa utilización será fixada directamente pol@s docentes e @s estudantes según xurda a necesidade de utilización. En principio levaránse a cabo nos despachos d@s docentes. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A7, A8, A9, A12, A14, A15, A16, A20, A21, A24, B1, B2, B3, B6, C1, C2 |
40 |
Prácticas de laboratorio |
A avaliación inclue:
* Aspectos operacionais.
* Confección da libreta de laboratorio.
* Análise crítica dos resultados.
* Informe final das prácticas de laboratorio.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A7, A9, A12, A14, A15, A16, A19, A20, A21, A23, A24, A26, B1, B2, B3, B5, B7, C6 |
15 |
Seminario |
Preparación actividades dos seminarios.
Asistencia e participación activa nos seminarios.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A8, A9, A12, A14, A15, A16, A20, A21, A24, B1, B2, B3, B5, B7, C1, C2, C6, C7, C8 |
10 |
Presentación oral |
Calidade da información contida na presentación.
Habilidades amosadas na presentación.
Capacidade para defende-lo traballo presentado.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A7, A8, A9, A12, A14, A15, A16, A20, A21, A24, B2, B3, B5, B6, B7, C1, C2, C3, C6, C7, C8 |
10 |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de TIC nas actividades propostas on-line, a realizar nos prazos sinalados.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A16, B5, B7, C3, C6 |
5 |
Simulación |
Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións, a realizar nos prazos sinalados.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A7, A8, A9, A12, A14, A15, A16, A20, A21, A24, B1, B2, B3, C3, C6 |
10 |
Proba de resposta múltiple |
Conxunto de probas ON-LINE, a realizar nos prazos sinalados.
Competencias que se avalían mediante esta metodoloxía: A1, A8, A9, A12, A14, A15, A16, A20, A21, A24, B1, B2, B3, B5, B7, C1, C2, C3, C6, C7, C8 |
10 |
|
Observacións avaliación |
Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante.
A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. Alternativamente pode optarse por un exame práctico relativo as prácticas de laboratorio de 4 horas de duración.
Primeira oportunidade: para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro (4) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio.
Segunda oportunidade: repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios). Igual que na primeira oportunidade é preciso obter unha cualificación mínima de catro (4) sobre dez (10), nas dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, para considerar as outras actividades suxeitas a avaliación, e así establecer a cualificación final.
É importante ter presente que en ambas oportunidades para que se teñan en conta as calificaciones nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima de 4 como se indicou anteriormente. De non alcanzarse dita puntuación mínima nalguna delas, e no caso de que la media ponderada sexa superior o igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10.
Debe quedar claramente establecido que a obtención de unha cualificación superior a 4 sobre 10, en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, non implica o aprobado automático na asignatura. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes anteriormente establecidas.
No caso de que haxa varios estudantes, coa mesma cualificación, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 50 % das actividades avaliables programadas.
Finalmente, polo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a comenzar de cero co novo curso.
Caso de empregarse esta asignatura como complemento de formación para estudos de doutoramento, a cualificación será "apto" ou "non apto".
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
P. W. Atkins (2002). Atkins' physical chemistry. Oxford University Press
(). http://www.ch.ic.ac.uk/local/symmetry/.
(). https://campusvirtual.udc.es/moodle/.
J. Michael Hollas (2004). Modern Spectroscopy. J. Wiley & Sons
Carol E. Wayne & Richard P. Wayne (1996). Photochemistry. Oxford Chemistry Primers, 39
Ooi, Li-ling. (2010). Principles of x-ray crystallography. Oxford University Press
Luis Carballeira Ocaña & Ignacio Pérez Juste (2008). Problemas de Espectroscopía Molecular . Oleiros : Netbiblo
P. W. Atkins (2008). Química Física. Médica Panamericana
Alberto Requena & José Zúñiga (2007). Química Física : problemas de espectroscopia : fundamentos, átomos y moléculas diatómicas . Madrid : Pearson Educación
J. Keeler (2010). Understanding NMR spectroscopy. John Wiley and Sons |
Además das fontes indicadas neste apartado, e no seguinte, poderán suxerirse na plataforma de teleformación MOODLE, outras que ó longo do curso se consideren interesantes. |
Bibliografía complementaria
|
B. Metin (2005 ). Basic ¹H-and ¹³C-NMR spectroscopy . Elsevier
A. M. Ellis (2005). Electronic and photoelectron spectroscopy fundamentals and case studies. Cambridge University Press
Alberto Requena Rodríguez & José Zúñiga Román (2004). Espectroscopia . Pearson Educación, S.A.
Víctor Luaña, V. M. García Fernández, E. Francisco & J. M. Recio (2002). Espectroscopía molecular. Universidad de Oviedo, Servicio de Publicaciones
Andrew Gilbert & Jim Baggott (1991). Essentials of molecular photochemistry. Oxford ; Boston : Blackwell Scientific Publications
I. N. Levine (2004). Fisicoquímica 5ª edición. McGraw-Hill
P. R. Griffiths (2007). Fourier transform infrared spectrometry. John Wiley & Sons
C. Gell (2006). Handbook of single molecule fluorescence spectroscopy. Oxford University Press
Wikipedia - inglés (). http://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia.
Wikipedia - Español (). http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia.
(). http://jersey.uoregon.edu/vlab/PlankRadiationFormula/index.html.
(). http://micro.magnet.fsu.edu/optics/timeline/people/jablonski.html.
(). http://nobelprize.org/nobel_prizes/.
(). http://ozonewatch.gsfc.nasa.gov/.
(). http://photobiology.info/.
Fotoquímica (inglés) (). http://web.mac.com/titoscaiano/Research_in_Scaianos_labs/teaching_movies.html.
(). http://www.johnkyrk.com/photosynthesis.html.
(). http://www.nist.gov/.
(). http://www.pol-us.net/ASP_Home/index.html.
(). http://www.spectroscopynow.com/.
G. Socrates (2005). Infrared and raman characteristic group frequencies tables and charts. John Wiley & Sons
(2005). International tables for crystallography. Dordrecht : Springer
(2005). International tables for crystallography brief teaching edition of volume A : space-group symmetry. Dordrecht : Springer
R. Jenkins (1996). Introduction to X-ray powder diffractometry. John Wiley & Sons
Helmet H. Telle, Angel Gonzalez Ureña, Robert J. Donovan (2007). Laser chemistry : spectroscopy, dynamics and applications. West Sussex : John Wiley & Sons
H. H. Telle (2007). Laser chemistry : spectroscopy, dynamics and applications. John Wiley & Sons
Françoise Hippert et al. (2006). Neutron and x-ray spectroscopy. Dordrecht : Springer
T. N. Mitchell (2004). NMR--from spectra to structures: an experimental approach. Springer
J. R. Albani (2007). Principles and applications of fluorescence spectroscopy. Oxford : Blackwell
J. R. Lakowicz (2006). Principles of fluorescence spectroscopy. Springer
D. C. Harris (1989). Symmetry and spectroscopy an introduction to vibrational and electronic spectroscopy. Dover
S. F. A. Kettle (2007). Symmetry and structure : readable group theory for chemists. John Wiley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 | Química Física Avanzada/610G01020 | Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Laboratorio de Química/610G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Bioloxía/610G01005 | Xeoloxía/610G01006 | Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Física 1/610G01016 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Orgánica 1/610G01026 | Química, Información e Sociedade/610G01031 |
|
Observacións |
É moi recomendable que @ estudante repase con asiduidade os conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría, así como que simultáneamente resolva as cuestións e exercicios que se lle irán propoñendo o longo do curso.
Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase, que nunca deben sustituir as fontes de consulta recomendadas.
Pode resultar moi ÚTIL emprega-las horas de titoría para aclarar dúbidas e afondar nos coñecementos asociados á asignatura. |
|