Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A2 |
Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e racionalizar o comportamento químico dos elementos e dos seus principais compostos derivados, así como as súas propiedades individuais e posibilidades de combinación, de acordo con modelos e teorías axeitadas, relacionándoo coa súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C3
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese de Química Inorgánica e desenvolver a destreza axeitada para a súa utilización. |
A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1 C3
|
Relacionar de xeito crítico os coñecementos teóricos adquiridos cos feitos experimentais observados. |
A20 A24 A25
|
B1 B3 B4
|
C1 C3
|
Coñecer os medios bibliográficos empregados na Química Inorgánica. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Metais: Xeralidades. |
- Características xerais
- Estrutura e enlace. Propiedades físicas e químicas.
- Métodos xerais de obtención e purificación. Diagramas de Ellingham.
- Química en disolución acuosa. Acuocatións: formación e comportamento ácido. Diagramas de Pourbaix. |
Tema 2. Química da Coordinación. |
- Introdución á Química da Coordinación.
- Terminoloxía.
- Tipos de ligandos. Clasificación.
- O enlace nos compostos de coordinación do bloque d. Teoría de enlace de valencia. Introdución á Teoría do campo cristalino.
- Números e xeometrías de coordinación.
- Isomería na Química de Coordinación.
- Topoloxía de ligandos. |
Tema 3. O grupo 14 (C, Si, Ge, Sn, Pb). |
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Os Elementos do grupo 14. Estrutura e reactividade.
- Hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxoanións.
- Química en disolución acuosa.
|
Tema 4. O grupo 13 (B, Al, Ga, In, Tl). |
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Os Elementos do grupo 13. Estrutura e reactividade.
- Hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxoanións. Boranos, clusters deficitarios en electróns: Introdución.
- Química en disolución acuosa.
|
Tema 5. Grupos 1, 2 e 3. |
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Os Elementos dos grupos 1, 2 e 3. Estrutura e reactividade.
- A relación diagonal entre Li e Mg, e entre Be e Al.
- Hidruros, haluros, óxidos.
- Química en disolución acuosa. |
Tema 6. Metais de Transición: 1ª Serie. |
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Os Elementos da 1ª serie de transición. Estructura e reactividade.
- Hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxoanións.
- Química en disolución acuosa.
|
Tema 7. Metais de Transición: 2ª e 3ª Series. |
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Os Elementos da 2ª e 3ª serie de transición. Estrutura e reactividade.
- Hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxoanións.
- Química en disolución acuosa.
|
Tema 8. Elementos de transición interna. |
- Introdución
- Abundancia, obtención e aplicacións.
- Orbitais f e estados de oxidación.
- Radio atómico e iónico. Contracción lantánida e números de coordinación
- Química en disolución acuosa.
|
Tema 9. Química Inorgánica Experimental. |
- Síntese de elementos e compostos inorgánicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
24 |
36 |
60 |
Solución de problemas |
8 |
28 |
36 |
Prácticas de laboratorio |
20 |
30 |
50 |
Proba mixta |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Actividade presencial dirixida a un grupo relativamente numeroso de alumnos (dun máximo de sesenta) na que se presentan os aspectos máis destacados do programa. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, requirirase nelas a participación do alumnado. É desexable que o alumno, con anterioridade ao desenvolvemento de cada clase, teña lido na bibliografía aconsellada as partes relacionadas co tema a tratar e, en determinadas ocasións, o alumno terá mesmo que preparar certas partes da materia nas horas non presenciais. |
Solución de problemas |
Clases en grupos reducidos ou moi reducidos, que están concibidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Nelas resolveranse as dúbidas relacionadas con aspectos tratados tanto nas sesións maxistrais como con contidos que o alumno tivera preparado nas súas horas de traballo non presenciais. Estarán tamén adicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que previamente lles foran entregados, así como ao estudo intensivo dun tema a través da discusión do mesmo entre todos os compoñentes do grupo. |
Prácticas de laboratorio |
Centrarase na síntese e illamento de substancias inorgánicas. O alumno terá que realizar en primeiro lugar un estudo inicial que deberá recoller tanto aspectos preparativos coma teóricos asociados aos experimentos a realizar, aplicando os seus coñecementos e apoiándose en todo momento na revisión bibliográfica dos textos propostos. Antes da súa entrada no laboratorio, terá que superar unha entrevista co profesor responsable na que presentará os resultados e conclusións do seu traballo autónomo previo, coa finalidade de determinar se o grao de coñecementos acadado é suficiente como para que poda proceder a realizar con seguridade e aproveitamento o traballo experimental de laboratorio. O desenvolvemento dos experimentos en sí debe deixar patente unha actitude responsable por parte do alumno no tocante ás normas de seguridade, así como á rigorosidade e a eficiencia características do método científico. Todo o traballo descrito anteriormente debe quedar recollido con exactitude nun caderno de prácticas de laboratorio. |
Proba mixta |
Proba escrita que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza:
- de desenvolvemento medio-longo dun tema ou dunha parte do mesmo
- de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais
- de resolución de problemas, tanto numéricos como de aplicación lóxica dos coñecementos adquiridos
- de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada ao alumno, entendida coma un apoio no proceso de ensino-aprendizaxe, realizarase nas horas de titoría do profesorado que participa na materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Avaliarase a participación activa do alumno nas clases e a súa capacidade de razoamento e argumentación fronte aos diferentes contidos tratados nas sesións.
Déixase aberta a posibilidade de realizar, periodicamente, algunha proba curta que conterá principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, cuxo resultado será empregado coma unha fonte máis de avaliación.
Competencias avaliadas:
A1,A2,A3,A4,A6,A14,A24,B1,B3,C1 |
5 |
Solución de problemas |
Avaliarase a participación activa do alumno nos seminarios e a súa capacidade de razoamento na resolución de casos prácticos e/ou dos problemas tratados nos boletíns, así como na aclaración das dúbidas dos membros do grupo sobre contidos da materia a través dunha posta en común das mesmas.
Competencias avaliadas:
A1,A2,A3,A4,A5,A12,A14,A15,A16,A20,A24,B1,B2,B3,B4,B5,C1,C3 |
15 |
Prácticas de laboratorio |
Ao comezo da actividade, e como requisito previo para a participación na mesma, avalíase mediante unha entrevista persoal a capacidade e rigorosidade do alumno na preparación dos aspectos máis importantes de cada experimento.
O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de:
- organización e seguridade
- coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso
- habilidade manual e,
- especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes:
1- Resumo dos antecedentes (preparación teórica previa)
2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio)
3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles.
Competencias avaliadas:
A1,A2,A3,A4,A5,A6,A15,A16,A17,A18,A19,A20,A21,A22,A23,A24,A25,A26,B1,B2,B3,B4,B5,C1,C3 |
30 |
Proba mixta |
A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia.
Competencias avaliadas:
A1,A3,A4,A6,A12,A14,A15,A21,B2,B3,C1 |
50 |
|
Observacións avaliación |
A superación das prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para superar a materia. Para poder participar na cualificación das restantes actividades será necesario ter participado como mínimo nun 85% das mesmas (seminarios de resolución de problemas e participación activa nas sesións maxistrais), polo que se fomentará e terá en conta a asistencia do alumnado a estas actividades. Os alumnos serán avaliados segundo o seguinte sistema de avaliación:
- Cualificación obtida na proba mixta: ata un máximo de 5,0 puntos.
- Cualificación obtida nas prácticas de laboratorio: ata un máximo de 3,0 puntos.
- Cualificación obtida nas sesións maxistrais e nas clases de resolución de problemas: ata un máximo de 2,0 puntos. Esta cualificación ponderarase en función da asistencia a cada tipo de actividade cun factor de corrección de 1 para asistencias superiores ao 85%; 0,5 para asistencias entre 85-70%; 0,25 para asistencias entre 70-50 % e 0 para asistencias inferiores ao 50%.
Un non presentado (NP) equivale a 0,0 puntos; a asistencia inferior ao 85% da actividade non é cualificable (NC) e equivale a 0,0 puntos. A asistencia ás conferencias recomendadas terase en conta na nota final.
A cualificación final será a suma das obtidas nas actividades anteriores , e o alumno aprobará a materia se acada un mínimo de 5,0 puntos, sempre que teña superado o 40% en cada unha das dúas primeiras actividades(proba mixta e prácticas de laboratorio). No caso de que o alumno non acadase a puntuación mínima nalgunha delas, aínda que a suma do conxunto sexa superior ou igual a 5,0 puntos(sobre 10,0) a materia figurará como suspensa (4,5 puntos).
O alumno non poderá acollerse á renuncia automática na "primeira oportunidade" unha vez que teña participado nun 20% nalgunha das actividades. No caso de non aprobar na "primeira oportunidade", o alumno terá dereito á realización dunha proba escrita na "segunda oportunidade" (dentro do horario aprobado pola Xunta de Facultade), que contará como un máximo de 5,0 puntos na cualificación final. A esta nota sumaránselle as cualificacións obtidas nas actividades docentes nas que participou ao longo do curso e se lle aplicará ao conxunto o baremo descrito anteriormente.
De acordo coa normativa académicas, os alumnos que sexan avaliados na “segunda oportunidade” só poderán optar á matrícula de honor se o número máximo de esta para o curso non se tivera cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”.
Unicamente no caso de circunstancias moi excepcionais e xustificadas, o coordinador da materia poderá eximir a algún membro do alumnado da súa participación en parte das actividades que conforman o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesa situación deberá superar unha proba obxectiva específica que permita comprobar a consecución das competencias asociadas á materia.
A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar as cualificacións parciais de actividades superadas en cursos sucesivos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Z. Szafran, R.M. Pike y M. Singh (1991). Microscale Inorganic Chemistry: A Comprensive Laboratory Experience. Nueva York, Wiley & Sons
G.C. Schlessinger (1965). Preparaciones de Compuestos Inorgánicos en el Laboratorio. México, Continental
E.C. Housecroft y A.G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid, Pearson 2ª Ed.
G. Brauer (1958). Química Inorgánica Preparativa. Barcelona, Reverté |
|
Bibliografía complementaria
|
S.M. Owen y A.T. Brooken (1991). A Guide to Modern Inorganic Chemistry. Harlow. Longman
F.A. Cotton, G. Wilkinson, C.A. Murillo y M. Bochman (1999). Advanced Inorganic Chemistry. New York, Wiley&Sons 6th Ed. [en castellano: 4ª Ed., 1986]
J.D. Lee (1996). Concise Inorganic Chemistry. London, Chapman&Hall 6th Ed.
G.E. Rodgers (2002). Descriptive Inorganic Coordination and Solid State Chemistry . Melbourne, Thomson Learning 2ª Ed. [en castellano: 1ª Ed., 1995]
E. Gutiérrez Ríos (1984). Química Inorgánica . Barcelona, Reverté 2ª Ed.
D.F. Shriver, P.W. Atkins, T.L. Overton, J.P. Rourke, H.T. Weller y F.A. Armstrong (2006). Química Inorgánica. México, McGraw-Hill 4ª Ed.
G. Rayner-Canham y T. Overton (2000). Química Inorgánica Descriptiva. Mexico, Pearson, 2ª Ed. [en inglés: 4th Ed., 2006]
N.N. Greenwood y A. Earnshaw (1997). The Chemistry of the Elements. Oxford, Butterworth Heinemann 2nd Ed. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Inorgánica 1/610G01021 |
|
Materias que continúan o temario |
Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 |
|
Observacións |
Como complemento ás clases presenciais e ao material bibliográfico porase á disposición do alumno (mediante os medios establecidos en cada caso) a documentación relativa aos contidos das sesións maxistrais, boletíns de exercicios e problemas, documentos guía para as prácticas de laboratorio e/ou cuestionarios de diversa natureza. NOTA: Aconséllase a asistencia a todas as clases, así como a participación activa en todas as actividades. |
|