Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Laboratorio de Química Código 610G01032
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Química Fundamental
Coordinación
Brandariz Lendoiro, Maria Isabel
Correo electrónico
i.brandariz@udc.es
Profesorado
Brandariz Lendoiro, Maria Isabel
Jimenez Gonzalez, Carlos
Ojea Cao, Vicente
Penedo Blanco, Francisco Jose
Ruiz Pita-Romero, Maria
Correo electrónico
i.brandariz@udc.es
carlos.jimenez@udc.es
vicente.ojea@udc.es
francisco.penedo.blanco@udc.es
maria.ruiz.pita-romero@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da asignatura e o aprendizaxe práctico de técnicas espectrométricas y espectroscópicas nun laboratorio de química, xunto coa determinación de propiedades fisicoquímicas básicas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A16 Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A23 Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Esta materia ten como propósito esencial dotar o alumno do coñecemento de: a) as operacions estandar para a preparación de compostos e as ferramentas básicas para a determinación de estruturas dun composto químico a partires dos seus datos espectrométricos e/ou espectroscópicos A1
A9
A14
A15
A16
A18
A20
A23
A24
B2
B3
B4
C1
b) A determinación de propiedades físico-químicas básicas. O deseño e organización achega ao alumno unha serie de coñecementos interdisciplinares teóricos e prácticos aplicables a tódalas Areas de Coñecemento da Química. A1
A7
A14
A15
A16
A18
A20
A23
A24
B2
B3
B4
C1
C3

Contidos
Temas Subtemas
Operacións estándar de laboratorio. Preparación, separación e purificación de compostos químicos
Técnicas espectrométricas na determinación da estrutura molecular. Aplicación da resonancia magnética nuclear de 1H e 13C, a espectrometría de masas, e a espectroscopia infravermella para a determinación estrutural. Frecuencias características dos principais grupos funcionais. Táboas de aditividade.
Caracterización físicoquímica de compostos. Determinación de velocidades de reacción.
Aplicacións da espectroscopia UV. Determinación de constantes de equilibrio.
Métodos electroquímicos. Potenciometría e conductimetría.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 4 0 4
Seminario 3 4.5 7.5
Obradoiro 10 15 25
Prácticas de laboratorio 39 65.5 104.5
Proba mixta 4 4 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na primeira sesión levaráse a cabo unha presentación xeral da materia: obxectivo, contidos e organización da materia. En sesións posteriores explicaranse as nocións básicas de instrumentación, calibración, e fundamentos de espectrometría de masas.
Seminario Aspectos xerais da utilización das técnicas de determinación estrutural.

Obradoiro Emprego de programas de simulación e resolución de casos prácticos de determinación estrutural. Resolveranse os problemas propostos, elaborando estratexias que integren as distintas técnicas espectroscópicas para a elucidación estrutural. Previamente ao desenvolvemento dalgunhas sesións, os alumnos deberán elaborar solucións por escrito para algúns dos problemas propostos.
Prácticas de laboratorio Realizaranse proxectos integrados que impliquen a combinación de diversos procesos e técnicas experimentais. O alumno desenvolverá as prácticas de laboratorio programadas e será necesaria a elaboración dos informes de laboratorio, que recollerán os datos obtidos e a súa discusión, así como as respostas ás cuestións prantexadas, para profundar na comprensión dos experimentos realizados.
Proba mixta A proba mixta constará de preguntas e problemas a resolver relacionados coa temática das clases expositivas, dos talleres/seminarios impartidos (determinación estrutural) e das prácticas de laboratorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
O alumno contará coa axuda do profesor na resolución das dudas e cuestións que lle poidan xurdir no transcurso do traballo.



Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta constará de preguntas e problemas a resolver relacionados coa temática das clases expositivas, dos talleres/seminarios impartidos (determinación estrutural) e das prácticas de laboratorio.

Competencias avaliadas: A1, A9, A15, A20, B2, B3, B4, C1
40
Prácticas de laboratorio Na avaliación continua valoraráse: o traballo prelaboratorio, a actitude e actividade nas sesións de laboratorio, así como a elaboración dos informes de laboratorio.

Competencias avaliadas: A1, A7, A9, A14, A15, A16, A18, A20, A23, A24, B2, B3, B4, C1, C3
45
Obradoiro Valoraráse a actitude e a actividade do alumno durante as sesións, así como as resolucións escritas dos problemas propostos.

Competencias avaliadas: A1, A9, A14, A15, B2, B4, C1
15
 
Observacións avaliación

A cualificación numérica final será a suma da puntuación obtida en cada parte: obradoiros, prácticas de laboratorio e proba mixta. Considérase aprobada a asignatura si este valor acada un mínimo de 5 sobre 10 puntos.
Para que se teñan en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obter a cualificación mínima dun 4 sobre 10 en cada unha delas. Polo tanto, de non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha actividade, a materia figurará como suspensa, aínda que suma total sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada será de 4.5).

A asistencia á totalidade das sesións presenciais é obrigatoria.

A cualificación será non presentado cando a asistencia ás sesións presenciais (obradoiros, seminarios, laboratorio) sexa inferior ao 51%.

Na segunda oportunidade de avaliación, en xullo, o alumno someterase a avaliación do que non superase na primeira oportunidade.

A concesión de MATRÍCULA DE HONRA farase preferentemente nas cualificacións da 1ª oportunidade. Tendo en conta que a cantidade de Matrículas de Honra outorgables é limitada, só poderá obterse esta cualificación na 2ª oportunidade se non foron esgotadas na primeira.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico completo, e polo tanto volverá comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para o mesmo.


Fontes de información
Bibliografía básica RUIZ SÁNCHEZ, J.J.; RODRÍGUEZ MELLADO, J.M.; MUÑOZ GUTIÉRREZ, E.; SEVILLA SUÁREZ DE URBINA, J.M. (2003). Curso Experimental de Química Física. Editorial Síntesis, Madrid.
SHOEMAKER, D.P.; GARLAND, G.W.; NIBLER, J.W. (2003). Experiments in Physical Chemistry.. McGraw-Hill.
CONNORS, K.A. ( 1987). Binding Constants. The Measurement of Molecular Complex Stability. Wiley & Sons: New York
ESPENSON J. H. (2002). Chemical Kinetics & Reaction Mechanisms.. 2ª ed, McGraw-Hill.
MATTHEWS, G.P. (1985). Experimental Physical Chemistry. . Oxford Science Pub., Boston.
LEVINE I. N. (2004). Fisicoquímica . 5ª ed., McGraw-Hill, Madrid.
DAMASKIN B.B., PETRI O.A. (1981). Fundamentos de la Electroquímica teórica. . Mir, Moscú.
Hesse M.; Meier, H.; Zeeh, B. (Traducido por Herrera Fernández, A.; Martinez Alvarez, R.; Söllhube) (1995). Métodos Espectroscópicos en Química Orgánica. Síntesis
Willard, Hobart H. (1991). Métodos instrumentales de análisis. Ed. Iberoamericana
Crews, P.; Rodríguez, J.; Jaspars, M. (2009). Organic Structure Analysis. Oxford Univ. Press
ATKINS P.W., DE PAULA, J. (2002). Physical Chemistry.. 7ª ed., Oxford University Press, Oxford.
SIME, R.J. (1990). Physical Chemistry:Methods, techniques, experiments.. Ed. Saunders College Publishing, Philadelphia.
Pretch, Cleks, Seibl, Simon: (2000). Tablas para la determinación estructural por métodos espectroscópicos. Traducción 3ª Edición por Antonio Herrera y Roberto Martinez,. Verlag Ibérica

Bibliografía complementaria George, B.; McInTyre (1987). Infrared Spectroscopy. John Wiley
McLafferty, F. W.; Turecek, F. Interpretation of Mass Spectra. (1993). Interpretation of Mass Spectra. University Science Books


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Analítica Instrumental 1/610G01013
Química Analítica Instrumental 2/610G01014
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015
Química Física 3/610G01018
Ampliación de Química Orgánica/610G01028
Experimentación en Química Orgánica/610G01029
Química Orgánica Avanzada/610G01030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Analítica 2/610G01012
Química Física 2/610G01017
Química Inorgánica 2/610G01022
Química Orgánica 2/610G01027

Materias que continúan o temario
Química 1/610G01007
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009
Química 4/610G01010
Química Analítica 1/610G01011
Química Física 1/610G01016
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Orgánica 1/610G01026

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías