Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química Código 610G01036
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
Profesorado
Ligero Martínez - Risco, Pablo
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
pablo.ligero@udc.es
m.soto@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia se inscribe dentro do segundo cuadrimestre do ultimo curso do grao de química. O obxectivo da mesma é dobre, por unha banda, pretendese que o alumnado teña coñecemento de tódolos pasos que leva á elaboración dun proxecto e, por outra, procurarase que o alumnado traslade eses coñecementos ó eido da química mediante a planificación e desenvolvemento dun proxecto de química dende un punto de vista técnico-económico-social.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A22 Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade de deseñar e planificar un proxecto A1
A5
A11
A15
A22
A28
B2
B4
B5
C1
Ter coñecementos dos procesos químicos industriais A11
A22
C1
Capacidade de traballo en equipo. A22
B2
B5
B7
C1
Elaborar e escribir memorias e informes de carácter científico e técnico A1
A28
B4
B5
C1
Capacidade de indagar e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A22
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE PROXECTOS 1.1. Definición de proceso e cuestións fundamentais
1.2. Teoría de proxecto: Definición e clasificación
1.3. Características do proxecto e etapas
1.4. Ciclo de vida dun proxecto
1.5. A dirección do proxecto. Características principais da dirección do proxecto
2. ESTUDOS PREVIOS: VIABILIDADE ECONÓMICA DO PROXECTO
2 Estudos previos económicos
2.1. Estudio de mercado
2.2. Demanda e oferta
2.3. Mecanismo de mercado
2.4. Elasticidade da demanda: Definición e tipos
2.5. Estimación de prezo e ingresos
3. ESTUDOS PREVIOS: LOCALIZACIÓN E TAMAÑO DA PLANTA 3.1 Localización da planta
3.1.1 Factores determinantes
3.2.2. Métodos de estimación
3.2. Estimación do tamaño de planta
3.2.1. Economía do tamaño de planta
3.2.2. Métodos de estimación


4. ESTUDOS PREVIOS: ESTIMACIÓN DA INVERSIÓN. 4.1. Tipos de capital
4.2. Estimación dos tipos de capital inmovilizado
4.3. Estimación dos tipos de capital circulante
5. ESTUDOS PREVIOS: TIPOS E ESTIMACIÓN DE CUSTOS 5.1. Produción: Definición e relación cos custos
5.2. Custos: descripción, tipos e estimación de custos
6. ESTUDOS PREVIOS: AVALIACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO 6.1. Avaliación económica do proxecto: Descripción
6.2. Métodos estáticos de avaliación económica do proxecto
6.3. Métodos dinámicos de avaliación económica do proxecto

7. ENXEÑERÍA BÁSICA DO PROXECTO 7.1. Base do deseño da enxeñería básica
7.2. Fundamentos básicos do balanzo de enerxía e a súa utilización.
8. SEGURIDADE NA INDUSTRIA QUÍMICA 8.1. Introdución á seguridade na industria química
8.2. Accidentes químicos:
8.2.1. Toxicidade: Tipos e efectos das mesmas
8.2.2. Inflamabilidade
8.2.3. Fichas de seguridade
8.3. Accidentes térmicos
8.4. Accidentes mecánicos
8.5. Seguridade no proxecto
9. IMPACTO AMBIENTAL DOS PROCESOS QUÍMICOS 9.1. Análise medioambiental do proxecto: Avaliación de Impacto Ambiental
9.2. Emisións industrais
9.2.1.Emisións gaseosas industriais
9.2.1.1. Contaminación atmosférica: Efectos sobre o medio
9.2.1.2. Clasificación de contaminantes atmosféricos
9.2.2. Emisións líquidas
9.2.2.1 Tipos de contaminantes
9.2.2.2 Efectos de contaminates no medio
9.2.3. Emisións sólidas
9.2.3.1. Clasificación dos residuos sólidos
Minimización de residuos e emisións
9.3. Control de emisións
9.3.1. Control e descontaminación de emisións gaseosas
9.3.2. Control e descontaminación de emisións líquidas
10. DISTRIBUCIÓN DE PLANTA E PLANIFICACIÓN 10.1. Distribución de planta
10.1.1 Descripción
10.1.2. Factores de influencia na distribución
10.1.3. Métodos de distribución
10.2. Planificación
10.2.1. Métodos de planificación
11. DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO 11.1. Documentación previa
11.2. Proposta
11.3. Informes parciais e análise de resultados
11.4. Informe final

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 26 52 78
Seminario 9 18 27
Traballos tutelados 10 30 40
Proba mixta 3 0 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle con antelación o material docente utilizado polo profesor. A exposición de cada un dos temas apoiárase en medios audiovisuais.
Seminario Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo a de profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso.
Traballos tutelados Os traballos tutelados teñen por obxectivo a realización, por parte dos alumnos, dun pequeno estudo/ proxecto en grupos reducidos. A misión destas sesións será orientar e dar pautas para que o alumnado poida realizar dito estudo, que deben presentar por escrito. Este proxecto será avaliado como unha actividade de traballo autónomo ou non presencial.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que abranguera preguntas teóricas tipo test e exercicios, onde o alumno debe amosa-los seus coñecementos da materia adquiridos ó longo do curso. Esta proba será de modo presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Nos seminarios, a atención personalizada farase mediante titorias presenciais e por medios telemáticos. A nivel individual o alumno poderá expor as súas dúbidas referentes ás cuestións de carácter práctico plantexadas na clase.
No traballo tutelado, a atención personalizada buscará resolver as dificultades que se lle planteen ao alumnado na formulación do proxecto, na elección das ferramentas e na análise da información e dos resultados acadados, así como a revisión dos sucesivos borradores do informe do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Realizaráse unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma.
As competencias que tratase de avaliar nesta actividade veñen descritas a continuación: A1, A5, A15, A11, B2 e B4 e C1.
50
Traballos tutelados Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria. Avaliarase así mesmo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. As competencias a avaliar nesta actividade son as descritas polos seguintes códigos: A22, A28, B5, B7, C1 e C4.
25
Seminario Durante a semá entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. En outras ocasións, presentaránse os alumnos, ó inicio da sesión, problemas para resolver na mesma aula, tendo que entrega-los resoltos ó fin da mesma. A entrega e resolución dos traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo dun 15% da nota final.
As competencias que tratase de avaliar nesta actividade veñen descritas a continuación: A1, A5, A15, A11, B2 e B4 e C1.
15
Sesión maxistral A presencia activa nas sesións maxistrais incentivaráse, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. 10
 
Observacións avaliación

A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. A nota desta proba sumarase á cualificación obtida nos traballos tutelados e nos seminarios durante o curso. Para supera-la materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 4, ter elaborado e entregado o traballo tutelado e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. De non acadarse dita puntuación mínima na proba mixta e/ou non ter presentado o traballo tutelado, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. A calificacion dos seminarios e do traballo tutelado conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cabra Dueñas, L., de Lucas Martínez, A., Ruiz Fernández, F. e Ramos Marcos, M.J. (2010). Metodología del diseño aplicado y gestión de proyectos para ingenieros quiímicos. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha
Canon, J.L. , Rebollar, R. e Saenz, M.J. (2003). Curso de gestión de proyectos. Manual del alumno. Asociación Española de Ingeniería de Proyectos (AEIP)
Cos Castillo, M. de (1997). Teoría General del Proyecto. Volumen I: Dirección de Proyectos. Ed. Síntesis
Cos Castillo, M. de (1998). Teoría General del Proyecto. Volumen II: Ingeniería de Proyectos. Ed. Síntesis
Sapag Chain, N. y Sapag Chain, R. (2000). Preparación y Evaluación de Proyectos. Ed. McGraw-Hill
Sánchez Romero, M.A., Pastor Ferrando, J.P., Aragonés Beltrán, P. e González Cruz, M.C. (2008). Cuestiones y problemas resueltos de dirección y gestión de proyectos. Editorial de la Universidad Politécnica de Valencia
Storch de Gracia, J. N. y García Martín, T. (2008). Seguridad Industrial en Plantas Químicas y Energéticas. Ed. Díaz de Santos
Vian, A. (1991). El Pronóstico Económico en Química Industrial. Ed. Eudema
Peters, M. S., Timmerhaus, K. D. y West, R. E. (2003). Plant Design and Economics for Chemical Engineers. Ed. McGraw-Hill

Sinnott, R. & Towler, G.. (2012). Diseño en Ingeniería Química. Ed. Reverté. 
Bibliografía complementaria


Díaz Martín, A. (2011). Dirección de proyectos : experiencia, arte y excelencia. Ra-Ma editorial
(2002).

Ullman’s Encyclopaedia of Chemical Technology. Ed. Wiley-VCH


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Matemáticas 1/610G01001
Matemáticas 2/610G01002
Física 1/610G01003
Física 2/610G01004
Química 1/610G01007
Química 2/610G01008
Química 3/610G01009
Química 4/610G01010
Laboratorio de Química/610G01032
Enxeñaría Química/610G01033

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías