Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Química Industrial Código 610G01039
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.rodriguez.blas@udc.es
Profesorado
Rodriguez Blas, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.rodriguez.blas@udc.es
Web
Descrición xeral A "Química Industrial" é unha asignatura optativa que se imparte no último semestre do Grado, e cuxo obxecto principal é introducir ao alumno na química industrial a través de exemplos concretos de compostos inorgánicos industrialmente relevantes. Preténdese que o alumno participe da realidade industrial a través de diversas visitas concertadas con empresas do sector que constituirán un importante eixo desta materia.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
A4 Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A18 Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A28 Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Ser capaz de coñecer os métodos de preparación a nivel industrial dos compostos e materiais inorgánicos máis representativos A1
A4
A5
A6
A18
A24
Ser capaz de evaluar e utilizar os principios básicos da actividade industrial A28
Ser capaz de observar con rigor os feitos experimentais e potenciar a interpretación crítica dos resultados obtidos A18
A24
B3
B4
B5
B7
C1
Valorar a importancia que teñen a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade B6
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A Industria Química
Tema 2. Produtos Derivados do Aire: Osíxeno, Nitróxeno, Outros
Tema 3. Hidróxeno
Tema 4. Compostos Nitroxenados: Amoniaco, Ácido Nítrico, Fertilizantes Nitroxenados, Outros
Tema 5. Compostos de Xofre: Ácido Sulfúrico e Sulfatos
Tema 6. A Industria Cloro-Álcali
Tema 7. Cal e Carbonato Sódico
Tema 8: Procesos Metalúrxicos: Produción e Refinado de Metais
Tema 9. Outros Derivados: Vidro, Cementos, Cerámicos, Pigmentos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo 15 22.5 37.5
Presentación oral 4 1 5
Traballos tutelados 0 32 32
Seminario 5 5 10
Proba mixta 1 0 1
Sesión maxistral 13 13 26
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo As prácticas desta materia se presentan como visitas a industrias do sector químico relacionadas co programa. Esta actividade é un dos piares principais sobre os que se apoia a materia. É unha actividade obrigatoria. Despois de cada visita os alumnos (de xeito individual) farán o pertinente informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará nun exemplar único todos os seus informes que entregará ao profesor para a súa avaliación. Cada alumno realizará unha breve exposición oral sobre esta actividade.
Presentación oral Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións orais que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida.
Traballos tutelados Os alumnos, preferiblemente por parellas, realizarán un traballo sobre algún dos contenidos do temario. Entregarase por escrito ao profesor e deberá ser exposto en sesión oral pública con axuda dos medios audiovisuais que os alumnos consideren oportunos. Trala exposición de cada traballo abrirase un debate sobre o mesmo dirixido polo profesor.
Seminario Preséntanse como actividades dinámicas onde se discuten aspectos relacionados co temario.
Proba mixta Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) acadadas polo estudante. Esta proba poderase sustituir por dúas probas parciais.
Sesión maxistral Preséntanse como clases dinámicas con contínua participación do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Ámbalas dúas actividades implican atención personalizada que permitirá ao profesor avaliar o correcto desenvolvemento das mesmas e, de selo caso, propor accións de mellora. Os alumnos usarán esa hora para comentar co profesor o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) alacanzada polo estudante. Esta proba poderase sustituir por dúas probas parciais. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 ptos (sobre 10) nesta actividade. 30
Traballos tutelados Avaliaranse tanto os contidos recollidos no traballo como a axeitada utilización da bibliografía, ademáis da correcta utilización da expresión escrita e oral. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) neste apartado. No caso de que se detecten indicios de plaxio (tanto de libros, revistas ou fontes da internet), o traballo merecerá a calificación de "suspenso" e o alumno non poderá superar a materia. 35
Saídas de campo Constituen un dos pilares principais sobre os que se apoia esta materia. Despois de cada visita, os alumnos (de xeito individual) realizarán o pertienete informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará todos os seus informes nun exemplar único que entregará ao profesor, na data convida, para a súa avaliación. Todas as visitas programadas son obrigatorias. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) nesta actividade. 35
Presentación oral Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións oráis que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida. A porcentaxe desta metodoloxía na nota final incluiuse en cada unha de ditas metodoloxías (traballos tutelados e saídas de campo). 0
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura, o alumno deberá obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) unha vez computadas e sumadas as avaliacións de todas as actividades. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividadessuxeitas a avaliación precísase obter a calificación mínima indicada en cada unha delas. Polo tanto, de non se acadar dita puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a asignatura figurará como "suspenso".


Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade por suspender (ou non se presentar) aos "Traballos Tutelados" e/ou á "Proba Obxectiva", poderan repetilos na segunda oportunidade. Ao respecto ás "Saídas de Campo", é dicir, visitas a empresas, soamente poderánse recuperar na segunda oportunidade (reescribindo o pertinente informe e realizando a conseguinte presentación oral) se o alumno realizó as visitas durante o curso. Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen todas as saídas de campo serán calificados con "suspenso" nas dúas oportunidades.


Adicionalmente, os alumnos poderán obter ata 0.5 ptos en función do seu grao de participación e interés nas diferentes actividades. Estes puntos adicionais (no caso de obtelos) só se sumarán na calificiación daqueles alumnos que superen a materia.


Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán obter "Matrícula de Honra" se o número máximo distas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na primeira oportunidade.


Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comenzar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programenpara dito curso.


Nota: Competencias que se avalían segundo as diferentes actividades:


Competencias A1, A4, A5, A6, A18, A24, A28, C1 y C8 avalíanse na Proba Mixta.


Competencias A24, A28, B3, B4, B5, B7, C1, C5 y C8 avalíanse nos Traballos Tutelados.


Competencias A6, A18, A28, B6, B7, C1, C5 y C8 avalíanse nas Saídas de Campo.


Competencias B3, B4, B5, B7 y C1 avalíanse na Presentación Oral.


Fontes de información
Bibliografía básica R. Thompson (ed.) (1995). Industrial Inorganic Chemicals: Production and Uses. The Royal Society of Chemistry (UK)
K.H. Büchel, H.-H. Moretto, P. Woditsch (2000). Industrial Inorganic Chemistry. Wiley-VCH
M.R. Gómez Antón, M- Molero Meneses, J. Sardá Hoyos (2003). Química Inorgánica y Orgánica de Interés Industrial. UNED (España)
P. J. Chenier (2002). Survey of Industrial Chemistry. Kluver Academic / Plenum Press (USA)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Inorgánica 2/610G01022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías