Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Tecnoloxía Química Código 610G01041
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.carmen.veiga@udc.es
Profesorado
Ruiz Bolaños, Isabel
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
isabel.ruiz@udc.es
m.carmen.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral A materia “Tecnoloxía Química” é unha optativa que se imparte no 4º curso do Grao en Química. O obxecto fundamental da materia é aportar ao alumno os coñecementos básicos da Enxeñaría Ambiental. Introdúcense diferentes procesos empregados no tratamento e valorización de augas, efluentes gasosos e residuos. Parte dos conceptos teóricos adquiridos poñeranse en práctica no laboratorio, e para que o alumno se familiarie cos equipos e procesos, realizarase unha visita a unha instalación industrial en funcionamento.

La materia “Tecnología Química” es una asignatura optativa que se imparte en el último curso del Grado en Química. El objetivo fundamental es aportar al alumno conocimientos básicos en Ingeniería Ambiental, haciendo una introducción a los distintos procesos empleados en el tratamiento y valorización de aguas, efluentes gaseosos y residuos. Parte de los conceptos teóricos adquiridos se pondrán en práctica en el laboratorio, y para que el alumno se familiarice con los equipos y procesos, se realizará una visita a una instalación a escala industrial.

The subject “Chemical Technology” is an elective course offered in the last year of the degree in Chemistry. The main objective of the course is to provide the students with basic knowledge of environmental engineering. It introduces the most important processes used in water treatment and recovery, waste gas treatment and waste treatment and disposal.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A7 Coñecer e aplicar as técnicas analíticas.
A11 Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química.
A13 Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A19 Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
A25 Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender o deseño e a operación dos reactores químicos e biolóxicos. A11
A13
Coñecer as problemáticas da contaminación da auga e do aire e da xestión de residuos, así como as tecnoloxías dispoñibles para abordalas. A7
A15
A19
A20
A24
A25
B2
B3
B4
B5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á enxeñaría ambiental. Operacións de separación. Tipos de reactores e biorreactores.
Tema 2. Tratamento de augas residuais. Introdución. Procesos de tratamento físico. Fundamentos dos tratamentos biolóxicos. Tecnoloxías do tratamento biolóxico.
Tema 3. Tratamento de efluentes gasosos. Introdución. Sistemas de eliminación de partículas contaminantes. Tecnoloxías de tratamento de gases e vapores contaminantes.
Tema 4. Valorización e tratamento de residuos. Introdución. Clasificación de residuos. Valorización e xestión de residuos. Tecnoloxías de tratamento de residuos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 30 45
Seminario 7 21 28
Prácticas de laboratorio 7 7 14
Saídas de campo 3 3 6
Traballos tutelados 3 13.5 16.5
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos básicos da materia, bases teóricas e/ou directrices de un traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumno.
Seminario Plantexaranse exercicios numéricos para a súa análise e resolución na aula.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas no laboratorio nas que se estudarán sistemas de tratamento experimentais valorándose a súa eficacia mediante a caracterización dos efluentes.
Saídas de campo Realizaranse visitas de formación en empresas que dispoñan de instalacións relacionadas cos contidos da materia. Cada alumno deberá realizar un informe individual que entregará ao profesor.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo, en grupo reducido, sobre algún tema relacionado co contido do programa. Entregaránse por escrito ao profesor e se realizará unha exposición oral na aula.
Proba mixta Ao final do curso, nas datas previstas para elo, realizarase unha proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos polo alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor atenderá ao alumno na resolución das dúbidas que lle poidan xurdir ao realizar as actividades encomendadas. Levarase a cabo no horario de titorías do profesor.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase a calidade dos traballos realizados en canto a contido e referencias bibliográficas, así como a presentación escrita e oral.
As competencias avaliadas nesta actividade son: A24, A25, B3, B4, B5, C6 e C8.
15
Prácticas de laboratorio A realización das prácicas é obrigatoria. Valorarase o traballo experimental realizado no laboratorio e a memoria na que se recollerán obxectivos, resultados, tratamento dos datos e conclusións.
As competencias avaliadas nesta actividade son: A7, A19, A20, A24, B3, B4 e B5.
15
Proba mixta Na proba, que terá lugar no período establecido de exames, valoraránse os coñecementos adquiridos polo alumno e as seguintes competencias: A11, A13, A15 e B2.
65
Saídas de campo Cada alumno realizará un informe individual sobre as instalacións visitadas que entregará ao profesor. É unha actividade obrigatoria.
As competencias avaliadas con esta actividade son: A24, A25 e C6
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e á visita técnica, acadar en cada unha das actividades que contabilizan na avaliación unha nota mínima de 4 sobre 10, e acadar unha cualificación global igual ou superior a 5 sobre 10. No caso de que o alumno non acade a puntuación mínima nalgunha das actividades, aínda no caso de que a cualificación global sexa superior a 5 sobre 10, a materia figurará na acta como suspensa (4,5).

Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, por ter suspendido ou por non terse presentado á proba mixta, poderán repetila na segunda oportunidade. Nesta segunda oportunidade se conservarán as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio, no traballo tutelado e na visita.

Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen as actividades obrigatorias, non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades. Considerarase un alumno "non presentado" no caso de que non realice a proba escrita e teña realizado menos do 25% das actividades académicas programadas.

Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas, dacordo coa normativa académica, non se cubríu na primeira oportunidade.

O proceso de ensino-aprendizaxe incluida a avaliación refírese a un curso académico, e  polo tanto, os alumnos que non superen a materia e volvan matricularse, terán que realizar todas as actividades programadas, sen manteren ningunha das cualificacións obtidas en cursos previos.


Fontes de información
Bibliografía básica
    • Henley EJ y Seader JD. Operaciones de separación por etapas de equilibrio en ingeniería química. Ed. Reverté, Barcelona (1988).
    • Ramalho, R. S. Tratamiento de aguas residuales. Ed. Reverté. Barcelona (1996).
    • Metcalf and Eddy. Ingeniería de Aguas Residuales. Tratamiento, vertido y reutilización. Labor. Barcelona (1995).
    • Henze, M., van Loosdrecht, M. C. M., Ekama, G.A. and Brdjanovic, D.. Biological Wastewater Treatment. IWA Publishing (2008).
    • APHA, Standard Methods for the Examination of Water and Wastewater. 20th ed., Washington DC, USA. (1998).
    • Kennes, C. and Veiga, M.C. Bioreactors for waste gas treatment. Kluwer Academic Publishers (2001).
    • Deublein, D. and Steinhauser, A. Biogas from waste and renewable resources: an introduction. Wiley-VCH, (2008).
    • Anderson, W.C. Innovative site remediation technology (Vol 1-8), American Academy of Environmental Engineers, (1993).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Enxeñaría Química/610G01033

Observacións

É aconsellable que os alumnos sexan capaces de comprender textos en inglés, xa que unha parte das fontes de información están publicadas nesa lingua.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías