A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Os criterios do tribunal faranse públicos antes das defensas dos TFG. O tribunal poderá ter en conta na cualificación final o informe emitido polo director do traballo, a fin de poder valorar aquelas competencias de difícil avaliación coa memoria escrita e/ou a presentación oral.
Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no R.D. 1125/2003 [1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9 (suspenso)
b) 5,0-6,9 (aprobado)
c) 7,0-8,9 (notable)
d) 9,0-10 (sobresaínte)
Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.
No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.
A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.
A matrícula da dereito ao alumno a
presentarse,exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso
académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC.
No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.
A relación de documentos a presentar por parte dos alumnos/as é:
- Solicitude de defensa e avaliación do TFG.
- Unha copia da memoria do TFG en papel, dacordo coas normas de presentación establecidas.
- Unha copia do TFG en soporte dixital, dacordo coas normas de presentación establecidas.
A documentación a presentar por parte do director é:
- Informe de avaliación e autorización do titor académico.
- Título do traballo en galego, castelán e inglés.
- Se houbo codirección, nome do/a codirector.
No acto de defensa, non antes, o tribunal disporá do informe de avaliación e autorización para presentar o TFG do director académico, así como da información académica do alumno.
[1] Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, de 18 de setembro de 2003).