Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A8 |
Illar, analizar e identificar biomoléculas. |
A12 |
Manipular material xenético, realizar análises xenéticas e levar a cabo asesoramento xenético. |
A13 |
Realizar o illamento e cultivo de microorganismos e virus. |
A14 |
Desenvolver e aplicar produtos e procesos de microorganismos. |
A15 |
Deseñar e aplicar procesos biotecnológicos. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as técnicas actuais de Bioloxía Molecular, Enxeñaría metabólica e de proteínas e as súas principais aplicacións. |
A8 A12 A13
|
B2
|
C3 C8
|
Involucrarse na problemática e oportunidades relacionadas co manexo da biotecnoloxía. |
A14 A15
|
B5 B6 B8
|
C3 C4 C8
|
Integración dos coñecementos adquiridos en forma separada doutras materias cursadas no tres primeiros anos, con forte exercicio do pensamento crítico. |
A8 A12 A13
|
B2 B5 B6 B8
|
C3 C8
|
Amplo dominio da linguaxe, as técnicas e as aplicacións da Bioloxía molecular e da Biotecnoloxía. |
A14 A15
|
B2 B5 B6 B8
|
C3 C4 C8
|
Desenvolvemento da percepción das oportunidades que poden derivarse da aplicación de novas estratexias biotecnolóxicas. |
A14 A15
|
B2 B5 B6 B8
|
C3 C4 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
B1T1.- INTRODUCIÓN
|
Concepto actual de Biotecnoloxía. Historia e desenvolvemento da Biotecnoloxía. Perspectivas. |
B1T2.- A BIOTECNOLOXÍA DA FERMENTACIÓN |
Clasificación das fermentacións microbianas. As industrias tradicionais de fermentación. Exemplos. O modo operativo nos procesos de fermentación. |
B1T3.- OS CULTIVOS EN ESTADO SÓLIDO |
Concepto. Orixe e procesos clásicos. Soportes e microorganismos empregados. Vantaxes e inconvenientes en relación aos cultivos líquidos. Tipos de biorreactores. Principais aplicacións. |
B1T4.- AS LEVADURAS EN BIOTECNOLOXÍA |
Importancia das levaduras nas industrias biotecnolóxicas modernas. O metabolismo respiro-fermentador das levaduras. Modelos. Incidencia das características metabólicas no rendemento dos procesos. O efecto Pasteur. O efecto Crabtree. Efecto Kluyver. Tolerancia a etanol. |
B1T5.- CLONACIÓN DE XENES |
Propósitos da clonación molecular. Etapas básicas da clonación de xenes. Obtención do DNA. Fragmentación do DNA: Enzimas de restrición. Unión de moléculas de DNA. Técnicas básicas: electroforesis e hibridación. |
B1T6.- VECTORES DE CLONACIÓN |
Concepto de DNA vector e características que debe cumprir. Organización dos vectores e tipos.
|
B1T7.- XENOTECAS |
Concepto de xenoteca. Xenotecas de DNA xenómico. Xenotecas de cDNA. Xenotecas de expresión. Amplificación, almacenamento e replicación de xenotecas. Técnicas para a identificación de clons. Estratexias para confirmar a validez de clons. DNA microarrays. |
B1T8.- TRANSFORMACIÓN |
Sistemas de transformación. Selección de recombinantes. Expresión xénica e a súa amplificación. |
B1T9.- A REACCIÓN EN CADEA DA POLIMERASA |
Fundamento do método. Automatización. Compoñentes e condicións da reacción. O deseño de cebadores. Fidelidade da reacción. Polimerasas. Principais variantes e as súas aplicacións. |
B1T10.- PRODUCIÓN DE PROTEÍNAS HETERÓLOGAS EN BACTERIAS E LEVADURAS |
Selección de microorganismos. Vectores de expresión e/ou secreción. Expresión nas células transformadas. Secreción. Estabilidade. O proceso de recuperación e purificación post-cultivo. Aplicacións industriais. Exemplos. |
B1T11.-OBTENCIÓN DE PROTEÍNAS RECOMBINANTES EN CÉLULAS ANIMAIS |
Manipulación xenética de células animais. Vectores de expresión e produción de proteínas en células de mamífero. Expresión de proteínas mediada por baculovirus en cultivos de células de insectos. Comparación da produción industrial heteróloga de proteínas en cultivos de bacterias, levaduras e células animais. |
B1T12.- ANIMAIS TRANSXÉNICOS |
Introdución de xenes modificados no xenoma. Transxénicos puros e transxénicos quimera. Recombinación homóloga. Regulación específica dos transxenes. Inactivación xénica. RNA antisentido. Ribozimas. Ablación celular. Aplicacións como modelos de estudo. Aplicacións comerciais. Clonación en mamíferos. |
B1T15.- ENXEÑARÍA XENÉTICA DE PLANTAS |
Cultivos in vitro. Técnicas de manipulación. A utilización de marcadores en diagnóstico, mellora e conservación da biodiversidade. Resistencia das plantas fronte as infeccións, saturacións de tensións e pragas. Plantas produtoras de proteínas de interese económico. Ensaios de campo de plantas transxénicas. |
B2T1.-APLICACIÓNS DAS ENZIMAS NOS PROCESOS BIOTECNOLÓXICOS |
Perspectiva histórica. O desenvolvemento da industria enzimática. |
B2T2.- A PRODUCIÓN DE ENZIMAS A ESCALA INDUSTRIAL |
Selección da fonte enzimática. Novos métodos de screening. Extremófilos. Procesamento post-fermentación. |
B2T3.- ESTABILIDADE ENZIMÁTICA |
Introdución. Importancia industrial da estabilidade enzimática. Factores que inflúen na estabilidade. Modelos de desactivación. Estabilización de enzimas. |
B2T4.- A INMOVILIZACIÓN DE BIOCATALIZADORES. XENERALIDADES. |
Concepto de biocatalizador inmobilizado. Vantaxes e inconvenientes da catálisis heteroxénea con relación á homoxénea. Desenvolvemento histórico. Elección do biocatalizador e do método. Inmovilización de cofactores. Determinación experimental da actividade enzimática con enzimas ou células inmobilizadas. |
B2T5.- SISTEMAS DE INMOVILIZACIÓN |
Absorción. Atrapamiento. Ligazón covalente. Novos sistemas de inmovilización baseados na tecnoloxía do DNA recombinante. A utilización de enzimas en solventes orgánicos e en sistemas acuosos bifásicos. |
B2T6.- EFECTO DA INMOVILIZACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE DOS BIOCATALIZADORES |
Efectos sobre a molécula enzimática. Efectos de partición e difusión. Catálisis heteroxénea con células viables |
B2T7.- APLICACIÓNS DOS BIOCATALIZADORES INMOVILIZADOS |
Biorreactores enzimáticos. Utilización na industria alimentaria. Enzimas inmobilizadas como axentes terapéuticos. Aplicacións analíticas. Órganos artificiais. |
B2T8.- BIOSENSORES |
Concepto. Unidades funcionais dun biosensor. Principais campos de aplicación. A reacción biolóxica. Tipos de biosensores. |
B2T9.- O DESEÑO DE PROTEÍNAS |
Introdución. Enxeñaría versus deseño de proteínas. Recoñecemento de zonas conservadas e con importancia funcional en familias de proteínas. Da secuencia á estrutura das proteínas: Predición. Deseño de novo de estruturas proteicas. Técnicas de mutaxénese dirixida. Proteínas híbridas. |
B2T10.- A ENXEÑARÍA DE PROTEÍNAS |
A evolución artificial de proteínas. Estratexias. Variantes de DNA shuffling. Presentación en fagos e en levaduras |
B2T11.- AS PROTEÍNAS DE DESEÑO NO DESENVOLVEMENTO DE BIOSENSORES |
Concepto de biosensor xenérico. Modificación de proteínas para adaptalas á súa función en biosensores. |
B3T1.-A PRODUCIÓN DE ANTICORPOS MONOCLONAIS |
Bases conceptuais. A técnica de produción de anticorpos monoclonales. Aplicacións. |
B3T2.- ANTICORPOS MONOCLONAIS RECOMBINANTES |
Anticorpos monoclonais humanizados. Anticorpos monoclonais de deseño. Construción de anticorpos catalíticos (abzimas). |
B3T3.- ESTRATEXIAS E MÉTODOS PARA A OBTENCIÓN DE VACINAS |
Os sistemas clásicos para a obtención de vacinas. Determinantes antixénicos. Vacinas de subunidades. Vacinas de DNA. Seguridade das vacinas derivadas da biotecnoloxía. |
B3T4.- APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA NA INDUSTRIA FARMACÉUTICA |
Proteínas terapéuticas heterólogas. Proteínas terapéuticas modificadas. Deseño racional de fármacos. Farmacoxenómica. |
B3T5.- CÉLULAS NAI |
Concepto. Tipos. Estado actual da investigación e aplicacións. |
B3T6.- APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA NA MEDICIÑA FORENSE |
Pegadas de DNA. Análise de minisatélites por Southern blotting. Metodoloxías baseadas na PCR. |
B3T7.- O TRATAMENTO BIOTECNOLÓXICO DE LACTOSOROS |
Problemática contaminante e reutilización de soros lácteos. |
B3T8.- O APROVEITAMENTO DOS RESIDUOS LIGNOCELULÓSICOS |
Importancia e posibilidades de utilización. |
B3T9.- ASPECTOS ÉTICOS E LEGAIS DA BIOTECNOLOXÍA |
Seguridade de industrias biotecnolóxicas. A importancia da opinión pública. Directrices sociopolíticas. Propiedade intelectual. Patentes. A regulación da biotecnoloxía moderna: unha perspectiva histórica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
24 |
48 |
72 |
Seminario |
6 |
18 |
24 |
Solución de problemas |
3 |
3 |
6 |
Proba obxectiva |
2 |
0 |
2 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
30 |
45 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade a elaboración de documentos en powerpoint e word, e expostos en clase de seminarios, sobre un tema proposto polo profesor.
Os temas propostos indicaranse durante o desenvolvemento da materia.
|
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha serie de problemas propostos polo profesor a partir dos coñecementos que se traballaron en clase. |
Proba obxectiva |
Exame que avaliará os coñecementos teórico e prácticos adquiridos. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial do alumno co profesor polo que implican unha participación obrigatoria para o alumno.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
Avaliarase o seminario realizado polo alumno tendo en conta a capacidade para a extracción do máis relevante do total da información conseguida, a capacidade para traballar en grupo e a capacidade para expor en público.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias:
A14, A15
|
15 |
Solución de problemas |
O profesor elaborará por cada bloque temático unha serie de cuestionarios con preguntas curtas, definicións de conceptos e ideas e problemas que o alumno terá que resolver individualmente e entregar ao profesor para a súa avaliación.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias:
A8, A12, A14
|
10 |
Prácticas de laboratorio |
Avaliarase mediante unha proba obxectiva os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas e as clases en grupo reducido.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias:
A8, A12, A13, A14, A15,
|
15 |
Proba obxectiva |
Realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos adquiridos durante a realización das prácticas de laboratorio
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias:
A8, A12, A13
|
60 |
|
Observacións avaliación |
CONSIDERACIÓN DE ALUMNO
NON PRESENTADO (XANEIRO): Para obter a cualificación de non presentado, os
alumnos non poderán participar en máis do 20% das actividades avaliables
programadas. CONSIDERACIÓN DE ALUMNO NON PRESENTADO (XULLO): Para obter a
cualificación de non presentado bastará con non presentarse ás probas
obxectivas. Para a AVALIACIÓN NA CONVOCATORIA DE XULLO manteranse os mesmos
criterios que na convocatoria de Xaneiro: o alumno deberá entregar os boletíns
de problemas resoltos e a presentación power point resumo do seminario así como
realizar as probas obxectivas correspondentes ás sesións maxistrais e prácticas
de laboratorio. A cualificación das partes aprobadas na convocatoria de Xaneiro
manterase na de Xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thiel, T., Bissen, S. T., Lyons, E. M. (2001). Biotechnology: DNA to Protein. A Laboratory Project in Molecular Biology. .
Walter, J. M. y Gingold. E. B (1997). Biología Molecular y Biotecnología . Zaragoza. Acribia
Perera, J., Tormo, A., García, J. L. (2002). Ingeniería Genética. Vol I. Preparación, análisis, manipulación y clonaje del DNA. . Madrid. Síntesis
Thieman, W. J., Palladino, M. A., Thieman, W. (2004). Introduction to Biotechnology. . Benjamin Cummings, Publisher
González Siso, M. I. (1999). La Biotecnología en el tratamiento de residuos industriales . A Coruña. Universidade da Coruña. Servicio de Publicacións
Wu, W., Welsh, M. J., Kaufman, P. B., Zhang, H. H. (1997). Methods in Gene Biotechnology . CRC Press
Wink, M. (2006). An introduction to molecular Biotechnology: from molecular biological fundamentals to methods and applications in modern biotechnology. Verlag Chemie, GmbH
Ratledge, C. (2002). Basic Biotechnology. Cambridge. Cambridge University Press
Cerdán Villanueva, M. E., Freire Picos, M. A., González Siso, M. I. y Rodríguez Torres, A. M. (1997). Biología Molecular. Avances y Técnicas generales . A Coruña. Universidade da Coruña
Barnum, S.R. (2005). Biotechnology: an introduction. Belmont: Thomson
Smith, J. E. (2006). Biotecnología. Zaragoza: Acribia, D.L.
Ninfa, A. J. (2010). Fundamental laboratory approaches for biochemistry and biotechnology. Hoboken: John Wiley and Sons
Perera, J., Tormo, A., García, J. L. (2002). Ingeniería Genética. Vol II. Expresión de DNA en sistemas heterólogos.. Madrid. Síntesis
Thieman, W. J. & Palladino, M.A. (2010). Introducción a la Biotecnología. Pearson
Thieman, William J. (2009). Introduction to biotechnology. San Francisco: Pearson
Glick, B. R. (2003). Molecular Biotechnology: Principles and Application of Recombinant DNA. Washington: American Society Microbiology
Christof, M. Niemeyer y Chad A. Mirkin (2004). Nanobiotechnology: concepts, applications and perspectives. Weinheim, Wiley-VCH
Schmid, R. D. (2003). Pocket guide to biotechnology and genetic engineering . Weinheim: Wiley-VCH
Gerd Gellisen Ed. (2005). Production of recombinant proteins: novel microbial and eukaryotic expression systems. Weinheim: Wiley-VCH
Luque, J., Herráez, A. (2001). Texto Ilustrado de Biología Molecular e Ingeniería Genética . Harcourt.
Borem, A., Santos, F. R., Bowen, D. E. (2003). Understanding Biotechnology. . New Jersey: Prentice Hall PTR |
|
Bibliografía complementaria
|
Varios (2006). Guía de empresas en el sector biotecnológico español. Madrid: Genoma España |
En Junio de 2013: 505 entradas en el catálogo de la biblioteca con "Biotecnología" como palabra clave. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica: Bioquímica II/610G02012 | Bioquímica e Bioloxía Molecular/610G02013 |
|
|