Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A9 |
Identificar e utilizar bioindicadores. |
A20 |
Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades. |
A22 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. |
A27 |
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía. |
A32 |
Desenvolverse con seguridade no traballo de campo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. |
A1 A2 A4 A9 A20
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. |
A1 A2 A4 A9 A20
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. |
A1 A2 A4 A9 A20
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. |
A1 A2 A4 A9 A20 A22 A27 A32
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. |
A1 A2 A4 A9 A20 A22 A27 A32
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. |
A1 A2 A4 A9 A20
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. |
A1 A2 A4 A9 A20
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11
|
C1 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): FUNGOS E LIQUES |
Tema 1.- Caracteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Caracteres xerais, reproducción, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Caracteres xerais, reproducción e ciclos. Clasificación. Caracteres xerais e exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Caracteres xerais, reproducción, ciclos, modos de vida. Clasificación e caracteres de Chytridiomycetes, Zygomycetes, Ascomycetes e Basidiomycetes.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reproducción e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): ALGAS |
Tema 6.- Caracteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reproducción e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: caracteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: caracteres xerais, clasificación, hábitat, reproducción, ciclos e utilidades. Caracteres diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. caracteres xerais e clasificación. Caracteres diferenciais, reproducción, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Caracteres, reproducción e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta: caracteres xerais e clasificación. Mención de prasinofíceas. Caracteres diferenciais, reproducción, ciclos, hábitat e exemplos de clorofíceas, ulvofíceas e carofíceas. Recapitulación e filoxenia das algas.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): BRIÓFITOS E PTERIDÓFITOS |
Tema 12.- Introducción ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Bryophyta: caracteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reproducción, orixe e clasificación. Caracteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthoceropsida, Marchantiopsida e Bryopsida. Filoxenia de briófitos.
Tema 13.- Introducción ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 14.- Pteridophyta: caracteres xerais, ecoloxía, reproducción, ciclo xeral, orixe e clasificación. Caracteres diferenciais, ciclos e exemplos de Psilophytopsida, Psilotopsida, Lycopodiopsida, Equisetopsida e Pteridopsida. Filoxenia de pteridófitos.
|
TEORÍA (SEMINARIOS) |
Seminario 1 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos e pteridófitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (1 hora)
|
PRÁCTICAS (SAÍDA Ó CAMPO) |
Saída ó campo.-Observación de criptógamas no seu medio natural, mariño e continental. |
PRÁCTICAS (LABORATORIO) |
Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas pardas.
Práctica 4.- Observación, identificación e conservación de algas verdes.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de briófitos.
Práctica 7. Observación, identificación e conservación de pteridófitos. |
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) |
Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos e pteridófitos).
|
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
42 |
63 |
Seminario |
7 |
21 |
28 |
Prácticas de laboratorio |
14 |
7 |
21 |
Estudo de casos |
0 |
23 |
23 |
Saídas de campo |
6 |
6 |
12 |
|
Atención personalizada |
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e documentos que porá previamente á disposición dos estudantes. |
Seminario |
O estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o profesor. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo dos estudantes someterase a discusión e avaliación. |
Prácticas de laboratorio |
O estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión dispoñible con anterioridade á práctica e que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías. |
Estudo de casos |
O estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación. |
Saídas de campo |
Realizarase unha saída ó campo guiada polos profesores co obxecto de que os estudantes se familiaricen cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas. Na saída o profesor impartirá docencia práctica en base ós exemplos que se atopen ese día. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Saídas de campo |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A1, A2, A4, A9, A20, B1, B3, B5, B7-9, C1, C7, C8 |
20 |
Saídas de campo |
Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A1, A2, A4, A9, A20, B1, B3, B5, B7-9, B11, C1, C7, C8 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A1, A2, A4, B1, B3, B5, B7-9, B11, C1, C7, C8 |
20 |
Sesión maxistral |
Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B5, B7-9, B11, C1, C7, C8 |
49 |
Seminario |
Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, A2, B1, B3, B5, B7-9, B11, C1, C7, C8 |
1 |
|
Observacións avaliación |
O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS E NON PRESENCIAIS AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE ADICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS E 100 HORAS NON PRESENCIAIS. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA.
Para obter a cualificación de "non presentado" o estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables programadas. Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas. Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10 puntos na proba obxectiva escrita e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. Para superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas cualificacións da primeira oportunidade. As cualificacións obtidas nas actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico vixente. O estudante que suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e avaliacións da materia ó ano seguinte.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA:
ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona.
BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona.
CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs.
DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias.
FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona.
GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris.
GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p
IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill, Madrid.
PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York.
RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.
SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona.
SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona.
STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS:
EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor.
GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona.
MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Iniciación á Botánica: Botánica xeral/610G02023 |
|
Observacións |
Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao. |
|